Oleiros - Ordenanza fiscal. Taxa por expedición de documentos administrativos.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 17/04/2004 BOP Nº: 87
Aplicable dende: 17/04/2004

Artigo 7.º .-Tarifa.

Epígrafe primeiro: derrogado.

Epígrafe segundo:

Informes: 34,92 euros (5.810 pesetas).

Atestados: 112,28 euros (18.681 pesetas).

Epígrafe terceiro: derrogado.

Epígrafe cuarto: documentos relativos aos servicios de Urbanismo.

1.-Por cada expediente de declaración de ruína de edificios: 32,71 euros (5.443 pesetas).

2.-Obtención da cédula urbanística: 13,08 euros (2.177 pesetas).

Epígrafe quinto: contratación de obras e servicios.

1.-En cada proposición para tomar parte en poxas, concursos ou concursos-poxa:

- Ata 6.010,12 euros (1.000.000 de pesetas), tipo base de licitación: 6,54 euros (1.088 pesetas).

- De 6.010,13 euros a 60.101,21 euros (1.000.001 a 10.000.000): 32,71 euros (5.443 pesetas).

- De 60.101,22 euros (10.000.001 pesetas) en adiante: 65,43 euros (10.886 pesetas).

2.-Por cada contrato administrativo, que se suscriba de obras, bens ou servicios: 6,55 euros (1.089 pesetas).

Epígrafe sexto: outros expedientes ou documentos.

Pola inscrición, transferencia ou baixa de ciclomotores no Rexistro municipal de ciclomotores: 12,34 euros (2.054 pesetas).

Taxas derivadas da xestión do servicio de abastecemento de auga potable.

a) Por dereitos de acometida á rede xeral de abastecemento de auga:

 

Diámetro de acometida mm2 de sección Importe do dereito
13 133 120,36 euros (20.026 pesetas)
15 177 138,88 euros (23.108 pesetas)
20 314 185,17 euros (30.810 pesetas)
25 491 231,47 euros (38.513 pesetas)
30 707 277,76 euros (46.215 pesetas)
40 1.257 370,34 euros (61.620 pesetas)
50 1.964 462,93 euros (77.025 pesetas)
60 2.827 555,52 euros (92.430 pesetas)
70 3.848 648,10 euros (107.835 pesetas)
80 5.027 740,69 euros (123.240 pesetas)
100 7.854 925,86 euros (154.050 pesetas)

 

O non previsto na escala anterior liquidarase a razón de 9,261597 euros (1.541 pesetas) por mm de diámetro de acometida.

Tarifa reducida: aboarán unicamente o 10% da tarifa anterior, aqueles propietarios que colaborasen economicamente na realización das obras comunitarias do abastecemento da auga, segundo conste nos documentos obrantes no Concello. Ao tratarse dun servicio de recepción obrigatoria, os propietarios que acometan á rede construída coa colaboración económica doutros veciños, virán obrigados a reintegrar ao Concello a parte proporcional que lles corresponda da contribución veciñal. Ademais deberán satisfacer a totalidade da taxa por dereito de acometida.

b) Pola formalización da póliza de enganche:

A póliza de enganche formalizarase previo pagamento de:

b.1) Na primeira contratación, 18,52 euros (3.081 pesetas).

b.2) Derrogado.

c) Polo precintado do contador.

O importe a satisfacer por cada precintado do contador será de 3,09 euros (514 pesetas).

Terase en conta que de calquera cambio de contador, deberase dar conta á Empresa Sergesco, SA, que será a única habilitada para levantar o precinto deles.

d) Por dereitos de reenganche.

O importe a satisfacer polos dereitos de reenganche será de 30,86 euros (5.135 pesetas).

Epígrafe sétimo: dereitos de exame.

1.-Técnicos grupo A e B: 16,36 euros (2.722 pesetas).

2.-Grupo C ou similar en contratos laborais: 13,08 euros (2.177 pesetas).

3.-Demais postos: 9,81 euros (1.633 pesetas).

Epígrafe oitavo: fotocopias de expedientes completos ou de documentos illados que formen parte daqueles, sempre que o número de fotocopias solicitadas exceda de 20 en tamaño DIN-A4 e de 6 en tamaño DIN-A3:

Fotocopias en tamaño DIN-A4 e DIN-A3: 0,061724 euros (10,27 pesetas)/copia (todas as copias).

Epígrafe noveno: reproduccións de planos en tamaño DIN-A1: 1,851117 euros (308 pesetas)/copia.

Epígrafe décimo: copias da cartografía:

1.-Copia da cartografía en papel opaco DIN-A3 ou DIN-A4: 6,172394 euros (1.027 pesetas)/copia.

2.-Copia da cartografía en papel opaco en tamaño superior a DIN-A3: 12,344789 euros (2.054 pesetas)/copia.

3.-Copia da cartografía en papel reproducible: 30,861972 euros (5.135 pesetas)/copia.

4.-Copia da cartografía dixitalizada urbana: 37,034366 euros (6.162 pesetas)/Ha.

5.-Copia de cartografía dixitalizada rústica: 7,404469 euros (1.232 pesetas)/Ha.

Epígrafe undécimo: reposición de placa de vao: 7,81 euros (1.300 pesetas).

Artigo 10.º .-Declaración e ingreso.

1.-As taxas recollidas nos epígrafes segundo, cuarto, quinto, sexto e sétimo do artigo 7.º , esixiranse en réxime de autoliquidación, debendo presentarse e aboarse nas entidades colaboradoras.

Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente pero non poderán darlles curso sen que se emende a deficiencia; con este fin requirirase ao interesado para que nun prazo de dez días aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido o devandito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

2.-As taxas a que se fai referencia nos epígrafes oitavo, noveno e décimo do artigo 7.º , esixiranse en réxime de autoliquidación, debendo aboarse previamente á entrega das copias solicitadas, unha vez notificado o solicitante de que as copias poden ser retiradas.

Unha vez notificado o solicitante de que as copias poden ser retiradas e de non ter realizado o pagamento da correspondente autoliquidación, requirirase ao interesado para que no prazo de 10 días aboe as cotas correspondentes, co apercibimento de que, transcorrido o devandito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

No caso de copias de cartografía dixitalizada, unha vez realizado o pagamento da autoliquidación, que se acreditará ante o departamento correspondente, formalizarase contrato de licencia de uso da información xeográfica dixital do Concello de Oleiros, no que se determinará o obxecto, entrega e uso da copia, confidencialidade, limitación de responsabilidades, propiedade da copia, incumprimento e diferencias.

Disposición final

A presente ordenanza modifica a aprobada polo Pleno de data 9.11.1989 (modificacións plenarias de 3.4.1991, 19.12.1991, 22.12.1992, 1.12.1993, 13.4.1993, 13.11.1995, 25.10.1996, 14.10.1997, 31.7.2000 e 14.12.2001 ) e entrará en vigor unha vez publicado o texto da presente modificación no BOP, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.