Oleiros - Ordenanza fiscal. Taxa por expedición de documentos administrativos.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 28/12/2005 BOP Nº: 296
Aplicable dende: 28/12/2005

Artigo 1º: FUNDAMENTO E NATUREZA

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo), este Concello establece a Taxa por expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, normas que atenden ao previsto no artigo 57 da citado Texto Refundido.

Artigo 3º: SUXEITO PASIVO

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades as que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten, provoquen, ou en interese de quen redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4º: RESPONSABLES

1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas as que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria."

Artigo 7.º .-Tarifa.

Epígrafe primeiro.- DERROGADO.

Epígrafe segundo:

- Informes emitidos pola Policía Local

relativos a accidentes de tráfico: 36,90 EUROS (6.140 ptas.)

- Atestados emitidos pola Policía Local relativos a accidentes de tráfico:118,65 EUROS (19.742 ptas.)

Epígrafe terceiro: .DERROGADO.

Epígrafe cuarto: Documentos relativos aos Servicios de Urbanismo.

1.- Por cada expediente de declaración de ruína de edificios:.36,67 EUROS (6.101 Pts.)

2.-Obtención da cédula urbanística: 14,67 EUROS (2.441 Pts.)

Epígrafe quinto: Procedementos de contratación e concesións demaniais:

1.- En cada proposición para tomar parte en poxas, concursos ou procedementos negociados:

- Ata 6.010,12 euros (1.000.0000 ptas.), tipo base de licitación: 7,33 EUROS (1.220 Ptas.)

- De 6.010,13 euros a 60.101,21 euros (1.000.001 a 10.000.000 ptas.): 36,67 euros (6.101 Ptas.)

- De 60.101,22 euros (10.000.001 ptas) en adiante: 73,37 euros (12.208 Ptas.)

2. Pola formalización de contratos e concesións demaniais en documento administrativo: 7,35 euros (1.223 Ptas.)

Epígrafe sexto: Outros expedientes ou documentos.

Taxas derivadas da Xestión do Servicio de Abastecemento de Auga Potable.

a) Por dereitos de acometida á rede xeral de abastecemento de agua:

 

Diámetro de acometida mm/2 de sección Importe do dereito
13 133 134,96 euros (22.455 ptas.)
15 177 155,73 euros (25.911 ptas.)
20 314 207,64 euros (34.548 ptas.)
25 491 259,56 euros (43.187 ptas.)
30 707 311,47 euros (51.824 ptas.)
40 1.257 415,28 euros (69.097 ptas.)
50 1.964 519,11 euros (86.373 ptas.)
60 2.827 622,93 euros (103.647 ptas.)
70 3.848 726,75 euros (120.921 ptas.)
80 5.027 830,57 euros (138.195 ptas.)
100 7.854 1.038,21 euros (172.744 ptas.)

 

O non previsto na escala anterior liquidarase a razón de 10,385492 EUROS (1.728 pesetas) por mm. de diámetro de acometida,

Tarifa reducida: aboarán unicamente o 10% da tarifa anterior, aqueles propietarios que colaborasen economicamente na realización das obras comunitarias do abastecemento da auga, segundo conste nos documentos obrantes no Concello. Ao tratarse dun servicio de recepción obrigatoria, os propietarios que acometan á rede construída coa colaboración económica doutros veciños, virán obrigados a reintegrar ao Concello a parte proporcional que lles corresponda da aportación veciñal. Ademais deberán satisfacer a totalidade da taxa por dereito de acometida.

b) Pola formalización da póliza de enganche:

A póliza de enganche formalizarase previo pagamento de:

b1) Na primeira contratación, 20,77 EUROS (3.456 ptas.)

b2) DERROGADO.

c) Polo precintado do contador.

O importe a satisfacer por cada precintado do contador será de 346 EUROS (576 ptas).

Terase en conta que de calquera cambio de contador, deberase dar conta a Empresa Sergesco S.A., que será a única habilitada para levantar o precinto dos mesmos.

d) Por dereitos de reenganche.

O importe a satisfacer polos dereitos de reenganche será de 34,60 EUROS (5.757 ptas)

Epígrafe sétimo: Dereitos de exame.

1.- Técnicos grupo A e B:18,35 EUROS (3.053 Pts).

2.- Grupo C ou similar en contratos laborais: 14,67 EUROS (2.441 Pts).

3.- Demais postos:11 EUROS(1.830 Pts.)

Epígrafe oitavo:Fotocopias de expedientes completos ou de documentos illados que formen parte de aqueles, sempre que o número de fotocopias solicitadas exceda de 20 en tamaño DIN-A4 e de 6, en tamaño DIN-A3:

Fotocopias en tamaño DIN-A4 e DIN-A3: 0069214 EUROS (12 pts)./copia (todas as copias)

Epígrafe noveno:Reproduccións de planos en tamaño DIN-A1: 2075750 EUROS (345 pts). /copia.

Epígrafe decimo:Copias da cartografía:

1-Copia da cartografía en papel opaco DIN-A3 o DIN-A4:.6921414 EUROS (1.152 pts)/copia.

2- Copia da cartografía en papel opaco en tamaño superior a DIN-A3: 13,842829 EUROS (2.303pts)./copia.

3-Copia da cartografía en papel reproducible:34,607072 EUROS(5.758 pts)./copia.

4-Copia da cartografía dixitalizada urbán:41,528486 EUROS(6.910 pts.)/Ha.

5-Copia de cartografía dixitalizada rústica: 8303001 EUROS(1.382 pts.)/Ha.

Epigrafe undécimo: Reposición de placa de vado: 875 EUROS (1.456 ptas.)

Artigo 8º: BONIFICACIÓNS DA COTA

Gozarán dunha bonificación dun 25% do importe das cotas tributarias sinaladas no Epígrafe sétimo: "Dereitos de exame" das Tarifas da Taxa, aqueles suxeitos pasivos que formen parte de unidades familiares ás que se lle recoñecese o título de familia numerosa de carácter xeral

Asimesmo gozarán dunha bonificación dun 50% do importe das cotas tributarias sinaladas no Epígrafe sétimo "Dereitos de exame" das Tarifas da Taxa, aqueles suxeitos pasivos que formen parte de unidades familiares ás que se lle recoñecese o título de familia numerosa de carácter especial.

Considéranse familias numerosas de categoría xeneral e especial as reguladas polo artigo 4 da Lei 40/2003, de 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas, ás que se recoñecese tal condición, conforme se establece polo artigo 5 da citada Lei.

Có fin de acreditar a condición de membro de familia numerosa, os suxeitos pasivos ós que corresponda a aplicación da bonificación, axuntarán ó impreso de pago das Taxas, fotocopia compulsada do D.N.I. do suxeito pasivo e do título oficial de familia numerosa.

Artigo 10.º .-Declaración e ingreso.

1.-As taxas recollidas nos epígrafes segundo, cuarto, quinto, sexto e sétimo do artigo 7.º , esixiranse en réxime de autoliquidación, debendo presentarse e aboarse nas entidades colaboradoras.

Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente pero non poderán darlles curso sen que se emende a deficiencia; con este fin requirirase ao interesado para que nun prazo de dez días aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido o devandito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

2.-As taxas a que se fai referencia nos epígrafes oitavo, noveno e décimo do artigo 7.º , esixiranse en réxime de autoliquidación, debendo aboarse previamente á entrega das copias solicitadas, unha vez notificado o solicitante de que as copias poden ser retiradas.

Unha vez notificado o solicitante de que as copias poden ser retiradas e de non ter realizado o pagamento da correspondente autoliquidación, requirirase ao interesado para que no prazo de 10 días aboe as cotas correspondentes, co apercibimento de que, transcorrido o devandito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

No caso de copias de cartografía dixitalizada, unha vez realizado o pagamento da autoliquidación, que se acreditará ante o departamento correspondente, formalizarase contrato de licencia de uso da información xeográfica dixital do Concello de Oleiros, no que se determinará o obxecto, entrega e uso da copia, confidencialidade, limitación de responsabilidades, propiedade da copia, incumprimento e diferencias.

Disposición final

A presente ordenanza modifica a aprobada polo Pleno de data 9.11.1989 (modificacións plenarias de 3.4.1991, 19.12.1991, 22.12.1992, 1.12.1993, 13.4.1993, 13.11.1995, 25.10.1996, 14.10.1997, 31.7.2000 e 14.12.2001 ) e entrará en vigor unha vez publicado o texto da presente modificación no BOP, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.