Oleiros - Ordenanza fiscal nº 1, reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 19/05/2009 BOP Nº: 112
Aplicable dende: 20/05/2009

Artigo 1º: FUNDAMENTO E NATUREZA

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais (RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo), este Concello establece a Taxa por expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, normas que atenden ao previsto no artigo 57 da citado Texto Refundido.

Artigo 2º: FEITO IMPOÑIBLE

1.- Constitúe  o feito impoñible da Taxa  a actividade administrativa desenvolvida, co motivo da   tramitación a instancia de parte ou de oficio, dos  documentos expresados  no Artígo   7º  desta Ordenanza, que solicite, provoque, refírase, afecte ou beneficie o  suxeito pasivo

Artigo 3º: SUXEITO PASIVO

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades as que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten, provoquen, ou en interese de quen redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 4º: RESPONSABLES

1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas as que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria."

Artigo 5º: EXENCIÓNS SUBXECTIVAS

Derrogado

Artigo 6º: COTA TRIBUTARIA

1.- A cota tributaria  determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa Tarifa que se contén no artigo seguinte.

2.- A cota da Tarifa corresponde a  tramitación completa en cada instancia do documento ou expediente do que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ao interesado do acordo recaído.

Artigo 7.º .-Tarifa.

Epígrafe primeiro.- DERROGADO.
Epígrafe segundo:
- Informes emitidos pola Policía Local relativos a accidentes de tráfico: 38,74 €.
- Atestados emitidos pola Policía Local relativos a accidentes de tráfico: 124,58 €.
Epígrafe terceiro: DERROGADO.
Epígrafe cuarto: Documentos relativos aos Servicios de Urbanismo.
1.- Por cada expediente de declaración de ruína de edificios: 38,50 €.
2.-DERROGADO
3.- Informe urbanístico: 37,20 €.
Epígrafe quinto: Procedementos de contratación e concesións demaniais:
1.- En cada proposición para tomar parte en poxas, concursos ou procedementos negociados:
- Ata 6.010,12 €, tipo base de licitación: 7,70 €
- De 6.010,13 € a 60.101,21 €: 38,50 €.
- De 60.101,22 € en adiante: 77,04 €
2. Pola formalización de contratos e concesións demaniais en documento administrativo: 7,72 €.
Epígrafe sexto: Derrogado.
Epígrafe sétimo: Dereitos de exame
1.- Subgrupos A1 e A2 e grupo B ou similares en contratos laborais: 19,27 €.
2.- Subgrupo C1 ou similar en contratos laborais: 15,40 €.
3.- Demáis postos: 11,55 €
Epígrafe oitavo:Fotocopias de expedientes completos ou de documentos illados que formen parte de aqueles, sempre que o número de fotocopias solicitadas exceda de 20 en tamaño DIN-A4 e de 6, en tamaño DIN-A3:
Fotocopias en tamaño DIN-A4 e DIN-A3: 0¿07 €/copia (todas as copias)
Epígrafe noveno:Reproduccións de planos en tamaño DIN-A1: 2¿18 €/copia.
Epígrafe decimo:DERROGADO
Epigrafe undécimo: Reposición de placa de vado: 9,19 €.
De conformidade co disposto no artigo 17 do Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, ponse en xeral coñecemento que os acordos citados quedan definitivamente aprobados, conforme ó artigo de referencia.

Artigo 8º: BONIFICACIÓNS DA COTA

Gozarán dunha bonificación dun 25% do importe das cotas tributarias sinaladas no Epígrafe sétimo: "Dereitos de exame" das Tarifas da Taxa, aqueles suxeitos pasivos que formen parte de unidades familiares ás que se lle recoñecese o título de familia numerosa de carácter xeral

Asimesmo gozarán dunha bonificación dun 50% do importe das cotas tributarias sinaladas no Epígrafe sétimo "Dereitos de exame" das Tarifas da Taxa, aqueles suxeitos pasivos que formen parte de unidades familiares ás que se lle recoñecese o título de familia numerosa de carácter especial.

Considéranse familias numerosas de categoría xeneral e especial as reguladas polo artigo 4 da Lei 40/2003, de 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas, ás que se recoñecese tal condición, conforme se establece polo artigo 5 da citada Lei.

Có fin de acreditar a condición de membro de familia numerosa, os suxeitos pasivos ós que corresponda a aplicación da bonificación, axuntarán ó impreso de pago das Taxas, fotocopia compulsada do D.N.I. do suxeito pasivo e do título oficial de familia numerosa.

ARTIGO 9º: DEVENGO

Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuír:

a) No caso das  actividades administrativas iniciadas a instancia de parte, cando se presente a solicitude que inicie a tramitación de documentos e expedientes suxeitos ao tributo.

b) No caso de actividades administrativas iniciadas de oficio,o devengo  prodúcese  cando  teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio ou cando éstas se inicien sen previa solicitude do  interesado, pero redunde no seu beneficio.

Artigo 10.º .-Declaración e ingreso.

1.-As taxas recollidas no epígrafes segundo, cuarto, quinto, sexto e sétimo do artigo 7º, esixiranse en réxime de autoliquidación, debendo presentarse e aboarse nas entidades colaboradoras.
Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia a Lei de Réximen Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderán dárselles curso sen que se enmende a deficencia. Con este fin requirirase ao interesado para que, nun prazo de 10 días abone as cotas correspondentes co apercibimiento de que, transcorrido o devandito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
2.- As taxas ás que se fai referencia nos Epígrafes oitavo e noveno do artigo 7º, esixiranse en réxime de autoliquidación, debendo aboarse previamente á entrega das copias solicitadas, unha vez notificado ao solicitante que as copias poden ser retiradas.
Unha vez notificado ao solicitante que as copias poden ser retiradas e de non ter realizado o pagamento das correspondentes autoliquidacións, requerirase ao interesado para que no prazo de dez días abone as cotas correspondentes, co apercibimento que, transcorrido o devandito parzo sen efectualo, teranse os escritos por no presentados e será arquivada a solicitude.

Disposición final

A presente ordenanza modifica a aprobada polo Pleno de data 9.11.1989 (modificacións plenarias de 3.4.1991, 19.12.1991, 22.12.1992, 1.12.1993, 13.4.1993, 13.11.1995, 25.10.1996, 14.10.1997, 31.7.2000 e 14.12.2001 ) e entrará en vigor unha vez publicado o texto da presente modificación no BOP, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

Dilixencia

DILIXENCIA para constatar que:

O texto orixinal da presente Ordenanza Fiscal foi aprobada polo Pleno do Concello en Sesión celebrada o 9 de novembro de 1.989 publicándose o seu texto íntegro no B.O.P. Nº 4 bis de data 5 de xanerio de 1.990.

Posteriormente se modificou o ARTIGO 2º.3 por Pleno de data 3 de abril de 1.991, sendo publicado o mesmo no B.O.P. Nº 161 de data 16 de xullo de 1.991

.Posteriormente  modifícanse  os artigos 2º e 7º polo Pleno doConcello de data 19 de decembro de 1.991, sendo publicados os textos íntegros destes artigos no B.O.P. Nº 94 de data 25 de abril de 1.992.

Posteriormente  modificouse o artigo 7º por Pleno de data 22 de decembro de 1.992, sendo publicado o texto íntegro do referido artigo no B.O.P. Nº 32 de data 30 de marzo de 1.993.

Posteriormente modificáronse seus artígos 2º, 6º e 7º (Epígrafe 1ºe 10º) por Pleno de data 1 de decembro de 1.993, sendo publicados seus textos íntegros no B.O.P. Nº 47 de data 28 de febreiro de 1.994.

Posteriormente  modificaronse seus artígos 2º, 5º, 7º e 10º polo Pleno de data 13 de abril de 1.994, sendo publicados seus textos íntegros no     B.O.P. Nº 170 de data 27 de xullo de 1.994.

Posteriormente modificouse o  artigo 6º polo Pleno de data 13 de novembro de 1.995, publicándose o texto íntegro da modificación no B.O.P. Nº 31 de 7 de febreiro de 1.996.

 Posteriormente modificáronse os artigos 2º, 9º e 10º polo Pleno de data 25 de outubro de 1.996 , publicándose o texto íntegro da  modificación         no BO.P. nº.300 de 31 de decembro de 1.996.

Posteriormente  modificouse o artigo 7º, polo Pleno de data 14 de outubro de 1.997, publicándose o texto íntegro da Ordenanza modificada no B.O.P. Nº 296 de 27-12-1.997.

Posteriormente  modificáronse os artigos 7º e 10º polo Pleno de data 31 de xullo de 2000, publicándose o texto íntegro da Ordenanza modificada no B.O.P. Nº 61 de 15 de marzo de 2001.

Por Pleno de data 14 de decembro do 2001 modificouse o artigo 7º -Tarifa, publicándose o seu texto no B.O.P. nº 54 de 6 de marzo do 2002.

Por Pleno de data 27 de novembro do 2003 modificouse o artigo 7º .- Tarifa, publicándose o texto íntegro do artigo no B.O.P. nº 60 do 13 de marzo do 2004. Debido a un erro na redacción do artigo 7º publicouse o texto correxido do artigo no B.O.P nº 87 do 17 de abril do 2004.

Por Pleno de data 14 de marzo do 2005 modificaronse os artigos 1º, 3º, 4º, 7º e 8º, publicandose os textos íntegros dos artigos no B.O.P. Nº 138,  do 18  de xuño do 2005.

Por Pleno de data 27 de outubro do 2005 modificouse o artigo 7º, publicandose o texto íntegro do artigo no B.O.P.    296  do 28 de decembro  do 2005.

Por Pleno de data 30 de xullo do 2008 modificaronse os artigos 7º e 10, publicandose os seus textos íntegros no BOP nº 255  de 5 de novembro do 2008.

Por Pleno de data 25 de setembro do 2008 derrogouse o Epígrafe sexto do artigo 7º