Oleiros - Ordenanza fiscal. Taxa por expedición de documentos administrativos.
Artigo 1º: FUNDAMENTO E NATUREZA
Artigo 3º: SUXEITO PASIVO
Artigo 4º: RESPONSABLES
1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas as que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria."
Artigo 7.º .-Tarifa.
Epígrafe primeiro.- DERROGADO.
Epígrafe segundo:
- Informes emitidos pola Policía Local relativos a accidentes de tráfico: 36,00 EUROS (5.990 ptas.)
- Atestados emitidos pola Policía Local relativos a accidentes de tráfico:115,76 EUROS (19.261 ptas.)
Epígrafe terceiro: .DERROGADO.
Epígrafe cuarto: Documentos relativos aos Servicios de Urbanismo.
1.- Por cada expediente de declaración de ruína de edificios:.35,78 EUROS (5.953 Pts.)
2.-Obtención da cédula urbanística: 14,31 EUROS (2.381 Pts.)
Epígrafe quinto: Procedementos de contratación e concesións demaniais:
1.- En cada proposición para tomar parte en poxas, concursos ou procedementos negociados:
- Ata 6.010,12 euros (1.000.0000 ptas.), tipo base de licitación: 7,15 EUROS (1.190 Ptas.)
- De 6.010,13 euros a 60.101,21 euros (1.000.001 a 10.000.000 ptas.): 35,78 euros (5.953 Ptas.)
- De 60.101,22 euros (10.000.001 ptas) en adiante: 71,58 euros (11.910 Ptas.)
2. Pola formalización de contratos e concesións demaniais en documento administrativo: 7,17 euros (1.193 Ptas.)
Epígrafe sexto: Outros expedientes ou documentos.
Taxas derivadas da Xestión do Servicio de Abastecemento de Auga Potable.
a) Por dereitos de acometida á rede xeral de abastecemento de agua:
| Diámetro de acometida | mm/2 de sección | Importe do dereito |
| 13 | 133 | 131,67 EUROS(21.908ptas) |
| 15 | 177 | 151,93 EUROS(25.279ptas) |
| 20 | 314 | 202,58 EUROS(33.706ptas) |
| 25 | 491 | 253,23 EUROS(42.134ptas) |
| 30 | 707 | 303,87 EUROS(50.560ptas) |
| 40 | 1.257 | 405,15 EUROS(67.411ptas) |
| 50 | 1.964 | 506,45 EUROS(84.266ptas) |
| 60 | 2.827 | 607,74 EUROS(101.119ptas) |
| 70 | 3.848 | 709,02 EUROS (117.971ptas) |
| 80 | 5.027 | 810,31 EUROS(134.824ptas) |
| 100 | 7.854 | 1.012,89 EUROS(168.531ptas) |
O non previsto na escala anterior liquidarase a razón de 10,132187 EUROS (1.686 pesetas) por mm. de diámetro de acometida,
Tarifa reducida: aboarán unicamente o 10% da tarifa anterior, aqueles propietarios que colaborasen economicamente na realización das obras comunitarias do abastecemento da auga, segundo conste nos documentos obrantes no Concello. Ao tratarse dun servicio de recepción obrigatoria, os propietarios que acometan á rede construída coa colaboración económica doutros veciños, virán obrigados a reintegrar ao Concello a parte proporcional que lles corresponda da aportación veciñal. Ademais deberán satisfacer a totalidade da taxa por dereito de acometida.
b) Pola formalización da póliza de enganche:
A póliza de enganche formalizarase previo pagamento de:
b1) Na primeira contratación, 20,26 EUROS (3.371 ptas.)
b2) DERROGADO.
c) Polo precintado do contador.
O importe a satisfacer por cada precintado do contador será de 338 EUROS (562 ptas).
Terase en conta que de calquera cambio de contador, deberase dar conta a Empresa Sergesco S.A., que será a única habilitada para levantar o precinto dos mesmos.
d) Por dereitos de reenganche.
O importe a satisfacer polos dereitos de reenganche será de 33,76 EUROS (5.617 ptas)
Epígrafe sétimo: Dereitos de exame.
1.- Técnicos grupo A e B:17,90 EUROS (2.978 Pts).
2.- Grupo C ou similar en contratos laborais: 14,31 EUROS (2.381 Pts).
3.- Demais postos:10,73 EUROS(1.785Pts.)
Epígrafe oitavo:Fotocopias de expedientes completos ou de documentos illados que formen parte de aqueles, sempre que o número de fotocopias solicitadas exceda de 20 en tamaño DIN-A4 e de 6, en tamaño DIN-A3:
Fotocopias en tamaño DIN-A4 e DIN-A3: 0067526 EUROS (11 pts)./copia (todas as copias)
Epígrafe noveno:Reproduccións de planos en tamaño DIN-A1: 2025122 EUROS (337 pts). /copia.
Epígrafe decimo:Copias da cartografía:
1-Copia da cartografía en papel opaco DIN-A3 o DIN-A4:.6752599 EUROS (1.124 pts)/copia.
2- Copia da cartografía en papel opaco en tamaño superior a DIN-A3: 13,505199 EUROS (2.247 pts)./copia.
3-Copia da cartografía en papel reproducible:33,762997 EUROS(5.618 pts)./copia.
4-Copia da cartografía dixitalizada urbán:40,515596 EUROS(6.741 pts.)/Ha.
5-Copia de cartografía dixitalizada rústica: 8100489 EUROS(1.348 pts.)/Ha.
Epigrafe undécimo: Reposición de placa de vado: 854 EUROS (1.421 ptas.)
Artigo 8º: BONIFICACIÓNS DA COTA
Gozarán dunha bonificación dun 25% do importe das cotas tributarias sinaladas no Epígrafe sétimo: "Dereitos de exame" das Tarifas da Taxa, aqueles suxeitos pasivos que formen parte de unidades familiares ás que se lle recoñecese o título de familia numerosa de carácter xeral
Asimesmo gozarán dunha bonificación dun 50% do importe das cotas tributarias sinaladas no Epígrafe sétimo "Dereitos de exame" das Tarifas da Taxa, aqueles suxeitos pasivos que formen parte de unidades familiares ás que se lle recoñecese o título de familia numerosa de carácter especial.
Considéranse familias numerosas de categoría xeneral e especial as reguladas polo artigo 4 da Lei 40/2003, de 18 de novembro, de Protección ás Familias Numerosas, ás que se recoñecese tal condición, conforme se establece polo artigo 5 da citada Lei.
Có fin de acreditar a condición de membro de familia numerosa, os suxeitos pasivos ós que corresponda a aplicación da bonificación, axuntarán ó impreso de pago das Taxas, fotocopia compulsada do D.N.I. do suxeito pasivo e do título oficial de familia numerosa.
Artigo 10.º .-Declaración e ingreso.
1.-As taxas recollidas nos epígrafes segundo, cuarto, quinto, sexto e sétimo do artigo 7.º , esixiranse en réxime de autoliquidación, debendo presentarse e aboarse nas entidades colaboradoras.
Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente pero non poderán darlles curso sen que se emende a deficiencia; con este fin requirirase ao interesado para que nun prazo de dez días aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido o devandito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
2.-As taxas a que se fai referencia nos epígrafes oitavo, noveno e décimo do artigo 7.º , esixiranse en réxime de autoliquidación, debendo aboarse previamente á entrega das copias solicitadas, unha vez notificado o solicitante de que as copias poden ser retiradas.
Unha vez notificado o solicitante de que as copias poden ser retiradas e de non ter realizado o pagamento da correspondente autoliquidación, requirirase ao interesado para que no prazo de 10 días aboe as cotas correspondentes, co apercibimento de que, transcorrido o devandito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
No caso de copias de cartografía dixitalizada, unha vez realizado o pagamento da autoliquidación, que se acreditará ante o departamento correspondente, formalizarase contrato de licencia de uso da información xeográfica dixital do Concello de Oleiros, no que se determinará o obxecto, entrega e uso da copia, confidencialidade, limitación de responsabilidades, propiedade da copia, incumprimento e diferencias.
Disposición final
A presente ordenanza modifica a aprobada polo Pleno de data 9.11.1989 (modificacións plenarias de 3.4.1991, 19.12.1991, 22.12.1992, 1.12.1993, 13.4.1993, 13.11.1995, 25.10.1996, 14.10.1997, 31.7.2000 e 14.12.2001 ) e entrará en vigor unha vez publicado o texto da presente modificación no BOP, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.