Negreira - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DOCENTES NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE NEGREIRA

Publicación provisional: 22/11/2004 BOP Nº: 269
Publicación definitiva: 30/12/2004 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 31/12/2004

Artigo 1º .- Concepto.-

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2º e 142 da CE e polo artigo 106 da Lei 7/ 1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 24 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais , este Concello establece a taxa pola prestación de servizos docentes na Escola Municipal de Música e Danza de Negreira que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, atendendo ás normas , ó previsto no artigo 57 do citado RDL.

Artigo 2º .- Obrigados/as ó pagamento.-

Están obrigados/as ó pagamento das taxas reguladas nesta Ordenanza as persoas que soliciten a prestación dos servizos docentes que se imparten na Escola Municipal de Música e Danza de Negreira.

Artigo 3º .- Contía.-

3.1.- A contía das taxas reguladas nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte para cada un dos distintos servizos ou actividades. As referidas tarifas estarán vixentes durante o curso académico 2004-2005.

3.2.- Tarifas.-

 

CURSO COTA MENSUAL
Curso de iniciación de 5 a 7 anos 15 euros
1º e 2º Grao elemental 25 euros
3º Grao elemental 30 euros
4º Grao elemental 35 euros
Preparación proba acceso 40 euros
Clases de apoio a Grao medio ensinanza libre 45 euros
Clases de apoio a Grao medio para alumnos inscritos en ensinanza oficial de grao medio 20 euros
Instrumento 25 euros

3.3.- En cursos académicos posteriores as tarifas precedentes incrementaranse no porcentaxe do IPC ou concepto similar que publica o Instituto Nacional de Estadística, en tanto o Centro non acade o nivel de Centro de Estudios Musicais Profesional de Grao Medio.

Artigo 4º .- Exencións e bonificacións.-

En cumprimento do disposto polo artigo 9 do RDL 2/2004, de 5 de marzo non se prevén exencións nin bonificacións na taxa regulada por esta Ordenanza.

Artigo 5º .- Devengo, liquidación e ingreso.-

O pago das cotas efectuarase mensualmente por vía bancaria a favor da Tesourería municipal. O alumnado da ensinanza en Conservatorio oficial de grao medio deberá presentar xustificante bancario do pago das taxas correspondentes.

Disposición final.-

A presente Ordenanza entrará en vigor ó día seguinte ó da súa íntegra publicación no Boletín Oficial da Provincia , permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.