Negreira - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DOCENTES NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE NEGREIRA
Artigo 1º.- Concepto.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da CE e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 24 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación de servizos docentes na Escola Municipal de Música e Danza de Negreira que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, atendendo ás normas ó previsto no artigo 57 do citado RDL.
Artigo 2º.- Obrigados/as ó pagamento.
Están obrigados/as ó pagamento das taxas reguladas nesta Ordenanza as persoas que soliciten a prestación dos servizos docentes que se imparten na Escola Municipal de Música e Danza de Negreira.
Artigo 3º.- Contía.
1. A contía das taxas reguladas nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte para cada un dos distintos servizos ou actividades.
2. Tarifas:
Matrícula | 30,00 € |
Música e movemento 1 (4-5 anos) | 18,21 € |
Música e movemento 2 (5-6 anos) | 18,21 € |
Iniciación á linguaxe musical (6-7 anos) | 30,35 € |
Linguaxe musical 1 (a partir de 7-8 anos) | 33,00 € |
Linguaxe musical 2 | 36,41 € |
Linguaxe musical 3 | 36,41 € |
Linguaxe musical 4 | 40,00 € |
Preparación proba de acceso | 40,00 € |
Adultos 1 | 33,00 € |
Adultos 2 | 33,00 € |
Só instrumento | 33,00 € |
Segundo instrumento | 20,00 € |
O importe da matrícula será o indicado para todos os cursos.
Naqueles casos en que, nun mesmo curso, se inscriban dous ou máis membros da mesma unidade familiar, aplicarase unha bonificación do 50% sobre as tarifas anteriormente citadas, a partir do segundo e sucesivos membros, quedando suspendida a mencionada bonificación no caso de alteración das circunstancias con posterioridade ó comezo das clases.
3. En cursos académicos posteriores as tarifas precedentes incrementaranse na porcentaxe do IPC ou concepto similar que publica o Instituto Nacional de Estatística, en tanto o Centro non acade o nivel de Centro de Estudios Musicais Profesional de Grao Medio.
Artigo 4º.- Exencións e bonificacións.
En cumprimento do disposto polo artigo 9 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, non se prevén exencións nin bonificacións na taxa regulada por esta Ordenanza, agás as expresamente contempladas na mesma.
Artigo 5º.- Devengo, liquidación e ingreso.
O pago das cotas efectuarase mensualmente por vía bancaria a favor da Tesourería municipal. O alumnado da ensinanza en Conservatorio oficial de grao medio deberá presentar xustificante bancario do pago das taxas correspondentes.
Disposición final.
A presente Ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día seguinte ó da súa publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.