Negreira - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DOCENTES NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE NEGREIRA

Publicación provisional: 22/11/2004 BOP Nº: 269
Publicación definitiva: 30/12/2004 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 30/05/2008

Artigo 1°.- Concepto

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da CE e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 24 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación de servizos docentes na Escola Municipal de Música e Danza de Negreira que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, atendendo ás normas ó previsto no artigo 57 do citado RDL.

Artigo 2°.- Obrigados/as ó pagamento

Están obrigados/as ó pagamento das taxas reguladas nesta Ordenanza as persoas que soliciten a prestación dos servizos docentes que se imparten na Escola Municipal de Música e Danza de Negreira

Artigo 3°.- Contía.

1. A contía das taxas reguladas nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte para cada un dos distintos servizos ou actividades. As referidas tarifas estarán vixentes durante o curso académico 2008-2009.
2. Tarifas:
Curso de iniciación de 5 a 7 anos
17,21 €
1° e 2° Grao elemental
28,69 €
3° Grao elemental
34,42 €
4° Grao elemental
40,16 €
Preparación proba acceso
45,90 €
Clases de apoio a Grao medio ensinanza libre
51,63 €
Clases de apoio a Grao medio para alumnos inscritos en ensinanza oficial de grao medio
22,95E
Instrumento
28,69 €
3. En cursos académicos posteriores as tarifas precedentes incrementaranse na porcentaxe do IPC ou concepto similar que publica o Instituto Nacional de Estadística, en tanto o Centro non acade o nivel de Centro de Estudios Musicais Profesional de Grao Medio.

Artigo 4°.- Exencións e bonificacións

En cumprimento do disposto polo artigo 9 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, non se prevén exencións nin bonificacións na taxa regulada por esta Ordenanza.

Artigo 5°.- Devengo, liquidación e ingreso

O pago das cotas efectuarase mensualmente por vía bancaria a favor da Tesourería municipal. O alumnado da ensinanza en Conservatorio oficial de grao medio deberá presentar xustificante bancario do pago das taxas correspondentes

Disposición final.

A presente Ordenanza entrará en vigor ó día seguinte ó da súa íntegra publicación no Boletín Oficial da provincia, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa