Negreira - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación dos servizos docentes na Escola Municipal de Música
Artigo 1°.- Concepto.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da CE e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 24 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación de servizos docentes na Escola Municipal de Música e Danza de Negreira que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, atendendo ás normas ó previsto no artigo 57 do citado RDL.
Artigo 2°.- Obrigados/as ó pagamento.
Están obrigados/as ó pagamento das taxas reguladas nesta Ordenanza as persoas que soliciten a prestación dos servizos docentes que se imparten na Escola Municipal de Música e Danza de Negreira.
Artigo 3°.- Contía.
1. A contía das taxas reguladas nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte para cada un dos distintos servizos ou actividades.
2. Tarifas:
Matrícula | 30,00 € |
1º Iniciación | 18,21 € |
2º Iniciación | 30,35 € |
1º Elemental | 33,00 € |
2º Elemental | 36,41 € |
3º Elemental | 36,41 € |
4º Elemental | 36,41 € |
Clases de apoio libre Grao Medio | 54.62 € |
Clases de apoio oficial Grao Medio | 24,27 € |
Instrumento | 33,00 € |
Naqueles casos en que, nun mesmo curso, se inscriban dous ou máis membros da mesma unidade familiar, aplicarase unha bonificación do 50% sobre as tarifas anteriormente citadas, quedando suspendida a mencionada bonificación no caso de alteración das circunstancias con posterioridade ó comezo das clases.
A solicitude do interesado, a tarifa correspondente á matrícula poderá aboarse en tres prazos de 10 euros cada un, durante os primeiros quince días naturais do inicio de cada trimestre. En caso de baixa na Escola de Música antes de que se inicie o seguinte trimestre, non será obrigatorio aboar os prazos pendentes.
3. En cursos académicos posteriores as tarifas precedentes incrementaranse na porcentaxe do IPC ou concepto similar que publica o Instituto Nacional de Estatística, en tanto o Centro non acade o nivel de Centro de Estudios Musicais Profesional de Grao Medio.
Artigo 4°.- Exencións e bonificacións.
En cumprimento do disposto polo artigo 9 de RDL 2/2004, de 5 de marzo, non se prevén exencións nin bonificacións na taxa regulada por esta Ordenanza, agás as expresamente contempladas na mesma.
Artigo 5°.- Devengo, liquidación e ingreso.
O pago das cotas efectuarase mensualmente por vía bancaria a favor da Tesourería municipal. O alumnado da ensinanza en Conservatorio oficial de grao medio deberá presentar xustificante bancario do pago das taxas correspondentes.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal comezará a aplicarse a partires do día 1 de xaneiro do 2012, mantendo a súa vixencia ata a súa modificación ou derrogación expresas.