Negreira - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DOCENTES NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE NEGREIRA

Publicación provisional: 22/11/2004 BOP Nº: 269
Publicación definitiva: 30/12/2004 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 09/11/2019

Artigo 1.º.-Concepto.

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da CE e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 24 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación de servizos docentes na Escola Municipal de Música e Danza de Negreira que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, atendendo ás normas ó previsto no artigo 57 do citado RDL.

Artigo 2.º.-Obrigados/as ó pagamento.

Están obrigados/as ó pagamento das taxas reguladas nesta Ordenanza as persoas que soliciten a prestación dos servizos docentes que se imparten na Escola Municipal de Música e Danza de Negreira.

Artigo 3.º.-Contía.

1. A contía das taxas reguladas nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte para cada un dos distintos servizos ou actividades.

2. Tarifas:

Matrícula

30,00 €

Música e movemento 1 (4-5 anos)

18,21 €

Música e movemento 2 (5-6 anos)

18,21 €

Iniciación á linguaxe musical 1 (6-7 anos)

30,35 €

Iniciación á linguaxe musical 2 (7-8 anos)

33,00 €

Linguaxe musical 1

36,41 €

Linguaxe musical 2

36,41 €

Linguaxe musical 3

36,41 €

Linguaxe musical 4

40,00 €

Adultos 1

33,00 €

Adultos 2

33,00 €

Só instrumento/canto

33,00 €

Coro (clase colectiva)

10,00 €

Conxuntos tradicionais (clase colectiva)

10,00 €

Segundo instrumento

20,00 €

O importe da matrícula será o indicado para todos os cursos.

Naqueles casos en que, nun mesmo curso, se inscriban dous ou máis membros da mesma unidade familiar, aplicarase unha bonificación do 50% sobre as tarifas anteriormente citadas, a partir do segundo e sucesivos membros, quedando suspendida a mencionada bonificación no caso de alteración das circunstancias con posterioridade ó comezo das clases.

3. En cursos académicos posteriores as tarifas precedentes incrementaranse na porcentaxe do IPC ou concepto similar que publica o Instituto Nacional de Estatística, en tanto o Centro non acade o nivel de Centro de Estudios Musicais Profesional de Grao Medio.

Artigo 4.º.-Exencións e bonificacións.

En cumprimento do disposto polo artigo 9 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, non se prevén exencións nin bonificacións na taxa regulada por esta Ordenanza, agás as expresamente contempladas na mesma.

Artigo 5.º.-Devengo, liquidación e ingreso.

O pago das cotas efectuarase mensualmente por vía bancaria a favor da Tesourería municipal. O alumnado da ensinanza en Conservatorio oficial de grao medio deberá presentar xustificante bancario do pago das taxas correspondentes.

Disposición final

A presente Ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día seguinte ó da súa publicación, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.