Negreira - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación dos servizos docentes na Escola Municipal de Música
Artigo 1º.- Concepto.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da CE e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 24 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación de servizos docentes na Escola Municipal de Música e Danza de Negreira que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, atendendo ás normas ó previsto no artigo 57 do citado RDL.
Artigo 2°.- Obrigados/as ó pagamento.
Están obrigados/as ó pagamento das taxas reguladas nesta Ordenanza as persoas que soliciten a prestación dos servizos docentes que se imparten na Escola Municipal de Música e Danza de Negreira.
Artigo 3º.- Contía.
1. A contía das taxas reguladas nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte para cada un dos distintos servizos ou actividades. As referidas tarifas estarán vixentes durante o curso académico 2009-2010.
2. Tarifas:
Euros | |
Curso de iniciación de 5 a 7 anos | 17,30 |
1.° e 2.° grao elemental | 28,83 |
3.° Grao elemental | 34,59 |
4.° Grao elemental | 40,36 |
Preparación proba acceso | 46,13 |
Clases de apoio a grao medio ensinanza libre | 51,89 |
Clases de apoio a grao medio para alumnos inscritos en ensinanza oficial de grao medio | 23,06 |
Instrumento | 28,83 |
3. En cursos académicos posteriores, as tarifas precedentes incrementaranse na porcentaxe do IPC ou concepto similar que publica o Instituto Nacional de Estadística, en tanto o Centro non acade o nivel de Centro de Estudios Musicais Profesional de grao medio.
Artigo 4°.- Exencións e bonificacións.
En cumprimento do disposto polo artigo 9 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, non se prevén exencións nin bonificacións na taxa regulada por esta ordenanza.
Artigo 5°.- Devengo, liquidación e ingreso.
O pago das cotas efectuarase mensualmente por vía bancaria a favor da Tesourería municipal. O alumnado da ensinanza en Conservatorio oficial de grao medio deberá presentar xustificante bancario do pago das taxas correspondentes.
Disposición final.
A presente Ordenanza entrará en vigor ó día seguinte ó da súa íntegra publicación no Boletín Oficial da provincia, permanecendo vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.