Pobra do Caramiñal A - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS.
ARTIGO 1º .- Fundamento e natureza
ARTIGO 2º .- Feito impoñible
1.- Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de recollida de residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servicios; así como o seu tratamento e eliminación.
2.- Para tal efecto, considéranse residuos sólidos urbanos os definidos como tales no artigo 4º da Lei 10/1997, de 22 de agosto, de Residuos Sólidos Urbanos.
3.- Non está suxeita á taxa a prestación, de carácter voluntario e a instancia de parte, dos seguintes servicios:
a) Recollida de residuos non cualificados de domiciliarios e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.
b) Recollida de escoiras ou cinzas de calefaccións centrais.
c) Recollida de cascallos de obras."
ARTIGO 3º .- Suxeitos pasivos
1.- Son suxeitos pasivos, na condición de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as comunidades de bens, herdanzas xacentes e demais entidades ás que se refire ó art. 35.4 da lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que ocupen ou utilicen as vivendas e locais nas que se preste o servicio, ben sexa a título de propietario, usufructuario, arrendatario ou mesmo de precario.
2.- Terá a consideración de substituto de contribuínte o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir as cotas satisfeitas sobre os beneficiarios do servicio.
ARTIGO 4º .-Responsabilidade solidaria e subsidiaria
Responderán de forma solidaria ou subsidiaria das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
ARTIGO 5º .- Exencións
Gozarán de exención subxectiva aqueles contribuíntes que obteñan ingresos anuais inferiores ós que correspondan ó salario mínimo interprofesional.
ARTIGO 6º . Cota tributaria
1. A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles e da categoría do lugar, praza, rúa ou vía pública onde estean situados aqueles.
2. A tal efecto, aplicarase a seguinte tarifa:
CONCEPTO. Tarifa semestral: Importe
EPÍGRAFE 1º .- Vivendas
Por cada vivenda (enténdase por vivenda a destinada a domicilio de carácter familiar e aloxamentos que non exceda de 10 prazas): 34,36 euros
EPÍGRAFE 2.- Hostalería e espectáculos
Bar, café-bar e cafetería: 116,98 euros
Pubs, salas de festa, discotecas e clubs: 195,19 euros
Restaurantes con servicio de voda: 234,20 euros
Restaurantes sen servicio de voda: 156,20 euros
Tabernas tradicionais na zona rural: 78,08 euros
Hoteis, hostais e fondas de ata 10 habitacións: 109,29 euros
Hoteis, hostais e fondas con máis de 10 habitacións: 140,54 euros
Salas de xogos recreativos e cines: 78,08 euros
Cámpings: 780,74 euros
EPÍGRAFE 3º .- Alimentación
Supermercados de máis de 150 m2: 468,24 euros
Supermercados de menos de 150 m2: 195,19 euros
Tendas tradicionais: 93,68 euros
Carnicerías, peixerías e conxelados varios: 85,88 euros
Panaderías e fornos: 109,29 euros
Pastelerías: 93,68 euros
Froiterías: 117,14 euros
Non especificadas nos anteriores apartados: 93,68 euros
EPÍGRAFE 4º .- Comercios
De ata 50 m2 de superficie de local: 58,48 euros
De máis de 50 m2: 97,58 euros
EPÍGRAFE 5º .- Oficinas e despachos
Bancos e caixas de aforro: 453,24 euros
Oficinas e axencias: 85,91 euros
Profesións liberais: 85,91 euros
Farmacias: 109,29 euros
Clínicas e consultorios médicos: 122,45 euros
Quioscos: 62,45 euros
EPÍGRAFE 6º .- Almacéns, industrias e fábricas
Talleres de máis de 100 m2: 156,16 euros
Garaxes de máis de 100 m2: 132,70 euros
Talleres de menos de 100 m2: 117,14 euros
Garaxes de menos de 100 m2: 93,68 euros
Depósitos e almacéns de bebidas: 101,43 euros
Depósitos e almacéns de alimentación: 152,99 euros
Depósitos e almacéns de construcción: 101,43 euros
Fábricas de gaseosas: 93,66 euros
Fábricas de confección: 179,54 euros
Fábricas de mobles: 179,54 euros
Fábricas de conservas: 296,55 euros
Frigoríficos e outras industrias en xeral: 234,14 euros
ARTIGO 9.-Infraccións e sancións
No tocante a cualificación das infraccións tributarias e as súas correspondentes sancións, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.