Pobra do Caramiñal A - ORDENANZA FISCAL Nº 23, REGULADORA DA TAXA POLA RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 04/03/2020 BOP Nº: 43
Aplicable dende: 04/03/2020

ARTIGO 1.º.-Fundamento e natureza.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e seguintes do RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este concello establece a taxa por recollida de residuos sólidos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal. As normas atenden ó establecido no artigo 57 do citado RDL 2/2004, do 5 de marzo.

ARTIGO 2.º.-Feito impoñible.

1.-Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de recollida de residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos habilitados para o exercicio de actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servicios, en adiante actividades económicas, ou locais ou establecementos onde efectivamente se exerzan; así como o seu tratamento e eliminación. Se entende a efectos desta taxa que o local ou establecemento está habilitado para o exercicio de actividades económicas se ten en vigor a preceptiva licencia municipal de apertura de establecementos ou a tivera tido en vigor nos 5 anos anteriores ao devengo da taxa.

2.-Para tal efecto, considéranse residuos sólidos urbanos os definidos como tales no artigo 4.º da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de Residuos Sólidos Urbanos.

3.-Non está suxeita á taxa a prestación, de carácter voluntario e a instancia de parte, dos seguintes servicios:

a) Recollida de residuos non cualificados de domiciliarios e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.

b) Recollida de escoiras ou cinzas de calefaccións centrais.

c) Recollida de cascallos de obras.

ARTIGO 3.º.-Suxeitos pasivos.

1.-Son suxeitos pasivos, na condición de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as comunidades de bens, herdanzas xacentes e demais entidades ás que se refire ó art. 35.4 da lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria que ocupen ou utilicen as vivendas e locais nas que se preste o servicio, ben sexa a título de propietario, usufructuario, arrendatario ou mesmo de precario.

2.-Entenderase que ocupa ou utiliza os locais ou establecementos habilitados para o exercicio de actividades económicas quen sexa titular da correspondente licencia municipal de apertura de establecementos.

3.-Terá a consideración de substituto de contribuínte o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir as cotas satisfeitas sobre os beneficiarios do servicio.

ARTIGO 4.º.-Responsabilidade solidaria e subsidiaria.

Responderán de forma solidaria ou subsidiaria das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.

ARTIGO 5.º.-Exencións.

1.-Gozarán de exención subxectiva aqueles contribuíntes, persoas físicas, que teñan escaseza de recursos económicos, sempre que o soliciten no primeiro trimestre do exercicio impositivo no que pretendan que produza efectos e así o acredite un informe dos Servizos Sociais do Concello no que se fará constar que a suma dos Rendementos Íntegros do traballo, Rendementos Íntegros de actividades económicas e dos Rendementos Íntegros do capital, tanto mobiliario coma inmobiliario, tal e como se definen na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) (Lei 35/2006) do contribuínte non supera o Salario Mínimo Interprofesional en cómputo anual e previa solicitude individualizada en cada caso. Á vista da documentación presentada, o alcalde-presidente ditará Resolución concedendo ou denegando a exención solicitada. A exención concedida so producirá efectos para o período impositivo no que se insta a súa concesión e para o inmediato seguinte, debendo solicitarse a súa prórroga nos seguintes períodos impositivos, aportando de novo a documentación que acredite que se seguen a cumpri-los requisitos para o seu goce. En calquera caso, a presentación da solicitude fora do prazo establecido, dará lugar á súa inadmisión e a conseguinte denegación da bonificación instada.

2.-Aplicaráselles unha bonificación do 50% da cota tributaria en concepto de taxa pola prestación dos servizos de recollida do lixo no epígrafe 1.º.-Vivendas, da vivenda habitual daqueles suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa, que cumpran ademais os seguintes requisitos:

a) Que a suma dos valores catastrais de tódolos bens inmobles sitos en territorio nacional, dos que sexan suxeitos pasivos no Imposto sobre Bens Inmobles, o titular da familia numerosa ou algún dos membros da unidade familiar, non exceda de 100.000,00 €. Aos efectos desta bonificación, considéranse membros da unidade familiar tódalas persoas empadroadas na Vivenda para a que se solicita a bonificación.

b) Que a renda dispoñible da unidade familiar, tendo en conta o número de membros desta, non exceda dos límites que figuran no cadro seguinte:

NÚMERO DE MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR

IMPORTE MÁXIMO DE RENDA DISPOÑIBLE

4

30.000 €

5

35.000 €

6

40.000 €

7

45.000 €

8 ou mais

50.000 €

3.-Considerase renda dispoñible aos efectos desta bonificación, á suma dos Rendementos Íntegros do traballo, Rendementos Íntegros de actividades económicas e dos Rendementos Íntegros do capital, tanto mobiliario coma inmobiliario, tal e como se definen na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) (Lei 35/2006) dos membros da unidade familiar que obteñan rendas suxeitas ao IRPF.

4.-Os suxeitos pasivos que cumpran os requisitos previstos no apartado anterior, e pretendan gozar da bonificación, deberán presenta-la correspondente solicitude no primeiro trimestre do exercicio impositivo no que pretendan que produza efectos. Xuntamente coa solicitude deberá aportarse a seguinte documentación:

a) Copia compulsada do título de familia numerosa expedido polo órgano competente.

b) Certificado de empadroamento do titular da familia numerosa, referido á situación existente a 31 de decembro do ano inmediato anterior, no que consten os membros da unidade familiar que conviven no inmoble para o que se solicita a bonificación.

c) Fotocopia compulsada das derradeiras declaracións do IRPF presentadas polo titular da familia numerosa e, no seu caso, por cada un dos membros da unidade familiar que obteñan rendas suxeitas ao referido imposto. No caso de non estar obrigados a presentar declaración de renda, aportaran certificado no que conste que non se ten presentado esta e certificados de imputación de rendas da Axencia Tributaria, e nóminas, certificados de retencións ou calquera outro documento que sirva para a determinación da renda dispoñible.

d) Certificado de Bens Inmobles por Titular emitido pola Xerencia Rexional do Catastro dos que sexan suxeitos pasivos no Imposto sobre Bens Inmobles tódolos membros da unidade familiar, á que se refiren os puntos 2 e 3 deste artigo, no que conste unha relación de tódolos bens inmobles cos seus valores catastrais por NIF.

5.-Á vista da documentación presentada, o alcalde-presidente ditará Resolución concedendo ou denegando a bonificación solicitada. A bonificación concedida so producirá efectos para o período impositivo no que se insta a súa concesión e para o inmediato seguinte, debendo solicitarse a súa prórroga nos seguintes períodos impositivos, aportando de novo a documentación que acredite que se seguen a cumpri-los requisitos para o seu goce. En calquera caso, a presentación da solicitude fora do prazo establecido no apartado 4 anterior, dará lugar á súa inadmisión e a conseguinte denegación da bonificación instada.

6.-Gozarán de exención as vivendas en estado ruinoso, sempre que o solicite o suxeito pasivo no primeiro trimestre do exercicio impositivo no que pretendan que produza efectos, acreditando que o estado de conservación é malo ou ruinoso cun informe de Xerencia Territorial do Catastro. Á vista da documentación presentada, o alcalde-presidente ditará Resolución concedendo ou denegando a exención solicitada. A exención concedida so producirá efectos para o período impositivo no que se insta a súa concesión e para o inmediato seguinte, ou ata que a vivenda sexa rehabilitada, debendo solicitarse a súa prórroga nos seguintes períodos impositivos, aportando de novo a documentación que acredite que se seguen a cumpri-los requisitos para o seu goce. En calquera caso, a presentación da solicitude fora do prazo establecido, dará lugar á súa inadmisión e a conseguinte denegación da exención instada.

7.-Aplicaráselles unha bonificación do 50% da cota tributaria en concepto de taxa pola prestación dos servizos de recollida do lixo nos epígrafes correspondentes a actividades económicas, das empresas pequenas e medianas de nova creación, durante os dous primeiros anos de actividade. Sempre que cumpra os seguintes requisitos:

a) Actividades mercantís, industriais e económicas en xeral exentas ou con cotas cero no Imposto de Actividades Económicas (IAE).

b) Darse de alta na taxa pola recollida do lixo domiciliando os recibos en conta bancaria no momento de presentar a solicitude de Licencia de Apertura e Actividade de Establecemento.

c) Domiciliar o pago dos recibos da taxa nunha conta bancaria.

 

8.-Os contribuíntes que cumpran os requisitos previstos no apartado anterior, e pretendan gozar da bonificación, deberán presenta-la correspondente solicitude no momento de presentar a solicitude de Licencia de Apertura e Actividade de Establecemento. Xuntamente coa solicitude de bonificación deberá aportarse a seguinte documentación:

a) Declaración de Alta no Padrón da taxa pola recollida do Lixo asinada polo contribuínte e polo propietario do inmoble, coma substituto do contribuínte, onde estea situado o local ou establecemento habilitado para o exercicio da actividade, na que se fará constar: a actividade a desenvolver, a identificación da persoa titular da actividade (a solicitante da Licencia de Actividade), o domicilio do Ben Inmoble, a Refª. Catastral do Ben Inmoble, Identificación do propietario (nome e apelidos ou razón social e NIF) e o domicilio fiscal do propietario.

b) Certificado da Axencia Tributaria que acredite que a actividade que van desenvolver está exenta ou ten cota cero no IAE.

c) Copia cotexada do NIF e do Alta no IAE.

d) Orde de domiciliación bancaria.

e) Copia cotexada do contrato de alugueiro de existir.

f) Xustificante de ter ingresado a taxa pola licencia para a apertura de locais ou establecementos.

ARTIGO 6.º.-Cota tributaria.

1. A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles e da categoría do lugar, praza, rúa ou vía pública onde estean situados aqueles.

2. A tal efecto, aplicarase a seguinte tarifa:

EPÍGRAFE

CONCEPTO. Tarifa semestral

Importe

1.º.-VIVENDAS E LOCAIS SEN ACTIVIDADE

Por cada vivenda (enténdase por vivenda a destinada a domicilio de carácter familiar e aloxamentos que non exceda de 10 prazas)

43,47 €

2.º.-HOSTALERÍA E ESPECTÁCULOS

Bar, café-bar e cafetería

140,32 €

Pubs, salas de festa, discotecas e clubs

226,82 €

Restaurantes con servicio de voda

269,96 €

Restaurantes sen servicio de voda

183,80 €

Tabernas tradicionais na zona rural

97,29 €

Hoteis, hostais e fondas de ata 10 habitacións

131,81 €

Hoteis, hostais e fondas con máis de 10

habitacións

166,37 €

Salas de xogos recreativos e cines

97,29 €

Cámpings

874,52 €

Outros non especificados

97,29 €

3.º.-ALIMENTACIÓN

Supermercados de máis de 150 m2

528,84 €

Supermercados de menos de 150 m2

226,82 €

Tendas tradicionais

114,55 €

Carnicerías, peixerías e conxelados varios

105,91 €

Panaderías e fornos

131,81 €

Pastelerías

114,55 €

Froiterías

140,48 €

Non especificadas nos anteriores apartados

114,55 €

4.º.-COMERCIOS

De ata 50 m2 de superficie de local

75,59 €

De máis de 50 m2

118,84 €

5.º.-OFICINAS E DESPACHOS

Bancos e caixas de aforro

512,24 €

Oficinas e axencias

105,94 €

Profesións liberais

105,94 €

Farmacias

131,81 €

Clínicas e consultorios médicos

146,36 €

Quioscos

80,00 €

Outros non especificados

80,00 €

6.º.-ALMACÉNS, INDUSTRIAS E FÁBRICAS

Talleres de máis de 100 m2

183,67 €

Garaxes de máis de 100 m2

157,71 €

Talleres de menos de 100 m2

140,48 €

Garaxes de menos de 100 m2

114,55 €

Depósitos e almacéns de bebidas

123,11 €

Depósitos e almacéns de alimentación

180,15 €

Depósitos e almacéns de construcción

123,11 €

Fábricas de gaseosas

114,53 €

Fábricas de confección

209,50 €

Fábricas de mobles

209,50 €

Fábricas de conservas

338,94 €

Frigoríficos

269,90 €

Outros non especificados

269,90 €

Aos efectos desta taxa se entende local ou establecemento sen actividade aquel que non tendo en vigor a preceptiva licencia municipal de apertura a tivera tido nos 5 anos anteriores ao devengo da taxa. O cambio de tributación dun local ou establecemento dende os epígrafes de actividades económicas ao epígrafe, 1.º.-Vivendas e locais sen actividade, requirirá a previa solicitude do suxeito pasivo.

ARTIGO 7.-Devengo.

1.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír dende o momento que se inicia a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria deste, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal de recollida domiciliaria de lixo, nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos suxeitos pasivos da taxa.

2.-Establecido e en funcionamento o referido servicio, a taxa devengarase o día un de xaneiro de cada ano e o período impositivo comprenderá o ano natural, salvo que o devengo da taxa se producise con posterioridade a esa data, neste caso a primeira cota devengarase o primeiro día de prestación do servicio. Nos supostos de inicio ou cese no uso do servicio, a taxa será prorrateable por semestres.

Artigo 8.º.-Declaración e ingreso.

1.-Dentro dos trinta días hábiles seguintes á data na que se devengue por primeira vez a taxa, os suxeitos pasivos formalizarán a súa inscrición na matrícula, presentando, para tal efecto, a correspondente declaración de alta e ingresando, ao mesmo tempo, a cota da correspondente semestralidade.

2.-No caso de cese na utilización do servicio por parte de contribuíntes que exerzan actividades económicas en locais ou establecementos, será necesario a presentación da solicitude de baixa na matrícula á que o interesado deberá axuntar comunicación de renuncia da licencia municipal de apertura de establecementos ou autorización a un terceiro para o cambio de titularidade na mencionada licencia. A solicitude de baixa na matrícula entendese realizada na data de recepción da comunicación de renuncia da licencia municipal de apertura de establecementos ou na data da recepción da autorización a un terceiro para o cambio de titularidade na mencionada licencia.

3.-O cobro das cotas efectuarase ao final de cada semestre natural mediante recibo derivado da matrícula.

4.-Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación ou solicitude dos interesados, calquera variación dos datos que figuran na matrícula, levaranse a cabo nesta as modificacións correspondentes, que producirán efectos no período de cobranza seguinte ao da data na que se efectuou a comunicación ou a data na que se acredite a modificación solicitada se esta data fose posterior.

5.-Se a modificación se debe a cambio no suxeito pasivo, a obriga tributaria de pago corresponderá a quen o fora orixinariamente, en tanto e canto non produza efectos a modificación na matrícula.

ARTIGO 9.º.-Infraccións e sancións.

No tocante a cualificación das infraccións tributarias e as súas correspondentes sancións, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.

Disposición adicional

Incluirase, ademais das vivendas ocupadas habitualmente, aquelas que na época do verán se alugaran a forasteiros, independentemente do tempo de alugueiro destas, e a tarifa que se aplique, dado o elevado importe destes alugueiros, será a mesma que se sinala para as vivendas de carácter familiar e talleres de costura unipersoais.

Disposición final

A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo pleno do Concello o día 14 de outubro de 1991, e modificada polo mesmo órgano en sesión celebrada nas seguintes datas:

1. 28 de novembro de 1996.

2. 18 de febreiro de 1999.

3. 16 de novembro de 1999.

4. 26 de decembro de 2000.

5. 8 de novembro de 2001.

6. 11 de novembro de 2002.

7. 30 de outubro de 2003.

8. 28 de decembro de 2004.

9. 7 de novembro de 2019 (cadro de tarifas contido no artigo 6.2).

A presente versión constitúe un TEXTO REFUNDIDO da ordenanza, resultado de incorporar a última das modificacións enumeradas ao texto vixente ao momento de aprobar esta, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.