Pobra do Caramiñal A - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS.
ARTIGO 1º .- Fundamento e natureza
ARTIGO 2º .- Feito impoñible
1.- Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de recollida de residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servicios; así como o seu tratamento e eliminación.
a) Recollida de residuos non cualificados de domiciliarios e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.
b) Recollida de escoiras ou cinzas de calefaccións centrais.
c) Recollida de cascallos de obras."
ARTIGO 3º .- Suxeitos pasivos
1.- Son suxeitos pasivos, na condición de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as comunidades de bens, herdanzas xacentes e demais entidades ás que se refire ó art. 35.4 da lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que ocupen ou utilicen as vivendas e locais nas que se preste o servicio, ben sexa a título de propietario, usufructuario, arrendatario ou mesmo de precario.
2.- Terá a consideración de substituto de contribuínte o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir as cotas satisfeitas sobre os beneficiarios do servicio.
ARTIGO 4º .-Responsabilidade solidaria e subsidiaria
Responderán de forma solidaria ou subsidiaria das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
ARTIGO 5º .- Exencións
1.- Gozarán de exención subxectiva aqueles contribuíntes que obteñan ingresos anuais inferiores ós que correspondan ó salario interprofesional.
2.- Aplicaráselles unha bonificación do 25 % da cota tributaria do epígrafe 1º.- Vivendas os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa, que cumpra ademais o seguinte requisito:
Que a renda dispoñible da unidade familiar, tendo en conta o número de membros desta, non exceda dos límites que figuran no cadro seguinte:
Número de membros da unidade familiar: Importe máximo de renda dispoñible
4: 30.000,00 euros
5: 35.000,00 euros
6: 40.000,00 euros
7: 45.000,00 euros
8 ou mais: 50.000,00 euros
Considerase renda dispoñible ós efectos desta bonificación, á suma das bases impoñibles dos membros da unidade familiar que obteñan rendas suxeitas ó imposto sobre a renda das persoas físicas.
Os suxeitos pasivos que cumpran os requisitos previstos no apartado anterior, e pretendan gozar da bonificación, deberán presenta-la correspondente solicitude no primeiro trimestre do ano natural, e deberán aportar xunto coa solicitude a seguinte documentación:
a.- Copia compulsada do título de familia numerosa expedido polo órgano competente.
b.- Certificado de empadroamento do titular da familia numerosa, referido á situación existente a 31 de decembro do ano inmediato anterior, no que consten os membros da unidade familiar que conviven no inmoble para o que se solicita a bonificación.
c.- Fotocopia compulsada das derradeiras declaracións do imposto sobre a renda das persoas físicas presentadas polo titular da familia numerosa e, no seu caso, por cada un dos membros da unidade familiar que obteñan rendas suxeitas ó referido imposto. No caso de non estar obrigados a presentar declaración de renda, aportaran certificado no que conste que non se ten presentado esta, e nóminas, certificados de retencións ou calquera outro documento que sirva para a determinación da renda dispoñible.
d.- Á vista da documentación presentada, o Alcalde - Presidente ditará Resolución concedendo ou denegando a bonificación solicitada. A bonificación concedida so producirá efectos para o período impositivo no que se insta a súa concesión, debendo solicitarse a súa prórroga nos seguintes períodos impositivos, aportando de novo a documentación que acredite que se seguen a cumpri-los requisitos para o seu goce. En calquera caso, a presentación da solicitude fora do prazo establecido, dará lugar á súa inadmisión e a conseguinte denegación da bonificación instada.
ARTIGO 6º . Cota tributaria
CONCEPTO. Tarifa semestral | Importe |
EPÍGRAFE 1º.- Vivendas Por cada vivenda (enténdase por vivenda a destinada a domicilio de carácter familiar e aloxamentos que non exceda de 10 prazas) EPÍGRAFE 2.- Hostalería e espectáculos Bar, café-bar e cafetería Pubs, salas de festa, discotecas e clubs Restaurantes con servicio de voda Restaurantes sen servicio de voda Tabernas tradicionais na zona rural Hoteis, hostais e fondas de ata 10 habitacións Hoteis, hostais e fondas con máis de 10 habitacións Salas de xogos recreativos e cines Cámpings EPÍGRAFE 3º.- Alimentación Supermercados de máis de 150 m² Supermercados de menos de 150 m² Tendas tradicionais Carnicerías, peixerías e conxelados varios Panaderías e fornos Pastelerías Froiterías Non especificadas nos anteriores apartados EPÍGRAFE 4º.- Comercios De ata 50 m² de superficie de local De máis de 50 m² EPÍGRAFE 5º.- Oficinas e despachos Bancos e caixas de aforro Oficinas e axencias Profesións liberais Farmacias Clínicas e consultorios médicos Quioscos EPÍGRAFE 6º.- Almacéns, industrias e fábricas Talleres de máis de 100 m² Garaxes de máis de 100 m² Talleres de menos de 100 m² Garaxes de menos de 100 m² Depósitos e almacéns de bebidas Depósitos e almacéns de alimentación Depósitos e almacéns de construcción Fábricas de gaseosas Fábricas de confección Fábricas de mobles Fábricas de conservas Frigoríficos e outras industrias en xeral | 39,31 € 133,83 € 223,29 € 267,91 € 178,80 € 89,32 € 125,03 € 160,78 € 89,32 € 893,16 € 535,65 € 223,29 € 107,18 € 98,25 € 125,03 € 107,18 € 134,00 € 107,18 € 66,89 € 111,62 € 518,49 € 98,28 € 98,28 € 125,03 € 140,07 € 71,45 € 178,66 € 151,81 € 134,00 € 107,18 € 116,03 € 175,02 € 116,03 € 107,16 € 205,38 € 205,38 € 339,25 € 267,85 € |
Artigo 8º .-Declaración e ingreso.
1. Dentro dos trinta días hábiles seguintes á data na que se devengue por primeira vez a taxa, os suxeitos pasivos formalizarán a súa inscrición na matrícula, presentando, para tal efecto, a correspondente declaración de alta e ingresando, ó mesmo tempo, a cota da correspondente semestralidade.
2. Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación dos interesados, calquera variación dos datos que figuran na matrícula, levaranse a cabo nesta as modificacións correspondentes, que producirán efectos a partir do período de cobranza seguinte ó da data na que se efectuou a declaración.
3. O cobramento das cotas efectuarase ó final de cada semestre natural mediante recibo derivado da matrícula.
ARTIGO 9.-Infraccións e sancións
No tocante a cualificación das infraccións tributarias e as súas correspondentes sancións, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.