Pobra do Caramiñal A - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 29/12/2006 BOP Nº: 297
Aplicable dende: 29/12/2006

ARTIGO 1º .- Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e seguintes do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este concello establece a taxa por recollida de residuos sólidos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal. As normas atenden ó establecido no artigo 57 do citado RDL 2/2004, de 5 de marzo.

ARTIGO 2º .- Feito impoñible

1.- Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de recollida de residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servicios; así como o seu tratamento e eliminación.

3.- Non está suxeita á taxa a prestación, de carácter voluntario e a instancia de parte, dos seguintes servicios:

a) Recollida de residuos non cualificados de domiciliarios e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.

b) Recollida de escoiras ou cinzas de calefaccións centrais.

c) Recollida de cascallos de obras."

ARTIGO 3º .- Suxeitos pasivos

1.- Son suxeitos pasivos, na condición de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as comunidades de bens, herdanzas xacentes e demais entidades ás que se refire ó art. 35.4 da lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que ocupen ou utilicen as vivendas e locais nas que se preste o servicio, ben sexa a título de propietario, usufructuario, arrendatario ou mesmo de precario.

2.- Terá a consideración de substituto de contribuínte o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir as cotas satisfeitas sobre os beneficiarios do servicio.

ARTIGO 4º .-Responsabilidade solidaria e subsidiaria

Responderán de forma solidaria ou subsidiaria das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.

ARTIGO 5º .- Exencións

1.- Gozarán de exención subxectiva aqueles contribuíntes que obteñan ingresos anuais inferiores ós que correspondan ó salario interprofesional.

2.- Aplicaráselles unha bonificación do 25 % da cota tributaria do epígrafe 1º.- Vivendas os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa, que cumpra ademais o seguinte requisito:

Que a renda dispoñible da unidade familiar, tendo en conta o número de membros desta, non exceda dos límites que figuran no cadro seguinte:

Número de membros da unidade familiar: Importe máximo de renda dispoñible

4: 30.000,00 euros

5: 35.000,00 euros

6: 40.000,00 euros

7: 45.000,00 euros

8 ou mais: 50.000,00 euros

Considerase renda dispoñible ós efectos desta bonificación, á suma das bases impoñibles dos membros da unidade familiar que obteñan rendas suxeitas ó imposto sobre a renda das persoas físicas.

Os suxeitos pasivos que cumpran os requisitos previstos no apartado anterior, e pretendan gozar da bonificación, deberán presenta-la correspondente solicitude no primeiro trimestre do ano natural, e deberán aportar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a.- Copia compulsada do título de familia numerosa expedido polo órgano competente.

b.- Certificado de empadroamento do titular da familia numerosa, referido á situación existente a 31 de decembro do ano inmediato anterior, no que consten os membros da unidade familiar que conviven no inmoble para o que se solicita a bonificación.

c.- Fotocopia compulsada das derradeiras declaracións do imposto sobre a renda das persoas físicas presentadas polo titular da familia numerosa e, no seu caso, por cada un dos membros da unidade familiar que obteñan rendas suxeitas ó referido imposto. No caso de non estar obrigados a presentar declaración de renda, aportaran certificado no que conste que non se ten presentado esta, e nóminas, certificados de retencións ou calquera outro documento que sirva para a determinación da renda dispoñible.

d.- Á vista da documentación presentada, o Alcalde - Presidente ditará Resolución concedendo ou denegando a bonificación solicitada. A bonificación concedida so producirá efectos para o período impositivo no que se insta a súa concesión, debendo solicitarse a súa prórroga nos seguintes períodos impositivos, aportando de novo a documentación que acredite que se seguen a cumpri-los requisitos para o seu goce. En calquera caso, a presentación da solicitude fora do prazo establecido, dará lugar á súa inadmisión e a conseguinte denegación da bonificación instada.

ARTIGO 6º . Cota tributaria

1. A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles e da categoría do lugar, praza, rúa ou vía pública onde estean situados aqueles.

 

2. A tal efecto, aplicarase a seguinte tarifa:

 

CONCEPTO. Tarifa semestral

 

Importe

 

 

EPÍGRAFE 1º.- Vivendas

Por cada vivenda (enténdase por vivenda a destinada a domicilio de carácter familiar e aloxamentos que non exceda de 10 prazas)

 

EPÍGRAFE 2.- Hostalería e espectáculos

Bar, café-bar e cafetería

Pubs, salas de festa, discotecas e clubs

Restaurantes con servicio de voda

Restaurantes sen servicio de voda

Tabernas tradicionais na zona rural

Hoteis, hostais e fondas de ata 10 habitacións

Hoteis, hostais e fondas con máis de 10 habitacións

Salas de xogos recreativos e cines

Cámpings

 

EPÍGRAFE 3º.- Alimentación

Supermercados de máis de 150 m2

Supermercados de menos de 150 m2 

Tendas tradicionais

Carnicerías, peixerías e conxelados varios

Panaderías e fornos

Pastelerías

Froiterías

Non especificadas nos anteriores apartados

 

EPÍGRAFE 4º.- Comercios

De ata 50 m2 de superficie de local

De máis de 50 m2 

 

EPÍGRAFE 5º.- Oficinas e despachos

Bancos e caixas de aforro

Oficinas e axencias

Profesións liberais

Farmacias

Clínicas e consultorios médicos

Quioscos

 

EPÍGRAFE 6º.- Almacéns, industrias e fábricas

Talleres de máis de 100 m2

Garaxes de máis de 100 m2

Talleres de menos de 100 m2

Garaxes de menos de 100 m2

Depósitos e almacéns de bebidas

Depósitos e almacéns de alimentación

Depósitos e almacéns de construcción

Fábricas de gaseosas

Fábricas de confección

Fábricas de mobles

Fábricas de conservas

Frigoríficos e outras industrias en xeral

 

 

36,66 €

 

 

 

124,83 €

208,28 €

249,90 €

166,68 €

83,32 €

116,62 €

149,97 €

83,32 €

833,11 €

 

 

499,64 €

208,28 €

99,97 €

91,64 €

116,62 €

99,97 €

124,99 €

99,97 €

 

 

62,40 €

104,12 €

 

 

483,63 €

91,67 €

91,67 €

116,62 €

130,66 €

66,64 €

 

 

166,64 €

141,60 €

124,99 €

99,97 €

108,23 €

163,25 €

108,23 €

99,95 €

191,58 €

191,58 €

316,44 €

249,84 €

 

ARTIGO 9.-Infraccións e sancións

No tocante a cualificación das infraccións tributarias e as súas correspondentes sancións, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.