Pobra do Caramiñal A - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS.
ARTIGO 1º .- Fundamento e natureza
ARTIGO 2º .- Feito impoñible
1.- Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de recollida de residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servicios; así como o seu tratamento e eliminación.
a) Recollida de residuos non cualificados de domiciliarios e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.
b) Recollida de escoiras ou cinzas de calefaccións centrais.
c) Recollida de cascallos de obras."
ARTIGO 3º .- Suxeitos pasivos
1.- Son suxeitos pasivos, na condición de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as comunidades de bens, herdanzas xacentes e demais entidades ás que se refire ó art. 35.4 da lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que ocupen ou utilicen as vivendas e locais nas que se preste o servicio, ben sexa a título de propietario, usufructuario, arrendatario ou mesmo de precario.
2.- Terá a consideración de substituto de contribuínte o propietario das vivendas ou locais, que poderá repercutir as cotas satisfeitas sobre os beneficiarios do servicio.
ARTIGO 4º .-Responsabilidade solidaria e subsidiaria
Responderán de forma solidaria ou subsidiaria das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 41, 42 e 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
ARTIGO 5º .- Exencións
1.- Gozarán de exención subxectiva aqueles contribuíntes que obteñan ingresos anuais inferiores ós que correspondan ó salario interprofesional.
2.- Aplicaráselles unha bonificación do 25 % da cota tributaria do epígrafe 1º.- Vivendas os suxeitos pasivos que ostenten a condición de titulares de familia numerosa, que cumpra ademais o seguinte requisito:
Que a renda dispoñible da unidade familiar, tendo en conta o número de membros desta, non exceda dos límites que figuran no cadro seguinte:
Número de membros da unidade familiar: Importe máximo de renda dispoñible
4: 30.000,00 euros
5: 35.000,00 euros
6: 40.000,00 euros
7: 45.000,00 euros
8 ou mais: 50.000,00 euros
Considerase renda dispoñible ós efectos desta bonificación, á suma das bases impoñibles dos membros da unidade familiar que obteñan rendas suxeitas ó imposto sobre a renda das persoas físicas.
Os suxeitos pasivos que cumpran os requisitos previstos no apartado anterior, e pretendan gozar da bonificación, deberán presenta-la correspondente solicitude no primeiro trimestre do ano natural, e deberán aportar xunto coa solicitude a seguinte documentación:
a.- Copia compulsada do título de familia numerosa expedido polo órgano competente.
b.- Certificado de empadroamento do titular da familia numerosa, referido á situación existente a 31 de decembro do ano inmediato anterior, no que consten os membros da unidade familiar que conviven no inmoble para o que se solicita a bonificación.
c.- Fotocopia compulsada das derradeiras declaracións do imposto sobre a renda das persoas físicas presentadas polo titular da familia numerosa e, no seu caso, por cada un dos membros da unidade familiar que obteñan rendas suxeitas ó referido imposto. No caso de non estar obrigados a presentar declaración de renda, aportaran certificado no que conste que non se ten presentado esta, e nóminas, certificados de retencións ou calquera outro documento que sirva para a determinación da renda dispoñible.
d.- Á vista da documentación presentada, o Alcalde - Presidente ditará Resolución concedendo ou denegando a bonificación solicitada. A bonificación concedida so producirá efectos para o período impositivo no que se insta a súa concesión, debendo solicitarse a súa prórroga nos seguintes períodos impositivos, aportando de novo a documentación que acredite que se seguen a cumpri-los requisitos para o seu goce. En calquera caso, a presentación da solicitude fora do prazo establecido, dará lugar á súa inadmisión e a conseguinte denegación da bonificación instada.
ARTIGO 6º . Cota tributaria
CONCEPTO. Tarifa semestral | Importe (€) |
EPÍGRAFE 1.º.-Vivendas | |
Por cada vivenda (enténdase por vivenda a destinada a domicilio de carácter familiar e aloxamentos que non exceda de 10 prazas) | 37,47 |
EPÍGRAFE 2.º.-Hostalería e espectáculos | |
Bar, café-bar e cafetería | 127,58 |
Pubs, salas de festa, discotecas e clubs | 212,86 |
Restaurantes con servicio de voda | 255,40 |
Restaurantes sen servicio de voda | 170,45 |
Tabernas tradicionais na zona rural | 85,15 |
Hoteis, hostais e fondas de ata 10 habitacións | 119,19 |
Hoteis, hostais e fondas con máis de 10 habitacións | 153,27 |
Salas de xogos recreativos e cines | 85,15 |
Cámpings | 851,44 |
EPÍGRAFE 3.º.-Alimentación | |
Supermercados de máis de 150 m² | 510,63 |
Supermercados de menos de 150 m² | 212,86 |
Tendas tradicionais | 102,17 |
Carnicerías, peixerías e conxelados varios | 93,66 |
Panaderías e fornos | 119,19 |
Pastelerías | 102,17 |
Froiterías | 127,74 |
Non especificadas nos anteriores apartados | 102,17 |
EPÍGRAFE 4.º.-Comercios | |
De ata 50 m² de superficie de local | 63,77 |
De máis de 50 m² | 106,41 |
EPÍGRAFE 5.º.-Oficinas e despachos | |
Bancos e caixas de aforro | 494,27 |
Oficinas e axencias | 93,69 |
Profesións liberais | 93,69 |
Farmacias | 119,19 |
Clínicas e consultorios médicos | 133,53 |
Quioscos | 68,11 |
EPÍGRAFE 6.º.-Almacéns, industrias e fábricas | |
Talleres de máis de 100 m² | 170,31 |
Garaxes de máis de 100 m² | 144,72 |
Talleres de menos de 100 m² | 127,74 |
Garaxes de menos de 100 m² | 102,17 |
Depósitos e almacéns de bebidas | 110,61 |
Depósitos e almacéns de alimentación | 166,84 |
Depósitos e almacéns de construcción | 110,61 |
Fábricas de gaseosas | 102,15 |
Fábricas de confección | 195,79 |
Fábricas de mobles | 195,79 |
Fábricas de conservas | 323,40 |
Frigoríficos e outras industrias en xeral | 255,34 |
ARTIGO 9.-Infraccións e sancións
No tocante a cualificación das infraccións tributarias e as súas correspondentes sancións, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.