Negreira - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR SUBMINISTRO DE AUGA
Artigo 1.-Concepto
De conformidade co previsto no art. 20.3 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa polo subministro de auga que se rexerá pola presente ordenanaza.
Artigo 2.-Obrigación de pago.
Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza os que se beneficien polos servicios ou actividades prestadas por este Concello a que se refire o artigo anterior.
Artigo 3.-Contía.
A contía da taxa reguladora nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado anterior.
As tarifas desta taxa serán as seguintes.
- Tarifa subministro de auga:
Aboados domésticos e comerciais:
Mínimo 10 metros cúbicos/aboado, mes: 34,70 ptas./metro cúbico.
Excesos: 43,40 ptas./metro cúbico.
Aboados industriais e obras:
Mínimo 20 metros cúbicos/aboado, mes: 34,70 ptas./metro cúbico.
Excesos: 43,40 ptas./metro cúbico.
Cota conservación contadores: 30,90 ptas. aboado/mes.
Cota conservación acometidas: 25,50 ptas. aboado/mes.
Enganches: por dereito de enganche á rede: 10.000 ptas.
Acometidas.-Realizarase o cálculo á acometida normal de 3 m de lonxitude media (1 a 5 m).
| Acometida | Terra (A) | Asfalto (B) | Baldosa beirarrúa (C) |
| 3/4 | 20.462 | 26.336 | 31.365 |
| 1 | 22.264 | 28.097 | 33.065 |
| 1,1/2 | 26.784 | 31.678 | 37.646 |
| 2 | 31.874 | 37.646 | 42.675 |
| Acometida de máis de 5 m | 3/4 | 1 | 1,1/2 | 2 |
| Tipo A incremento ptas./m | 998 | 1.171 | 1.670 | 2.800 |
| Tipo B incremento ptas./m | 2.199 | 2.372 | 2.871 | 4.001 |
| Tipo C incremento ptas./m | 2.647 | 2.810 | 3.309 | 4.438 |
Contadores.
Contadores de 13 mm: 8.363 ptas.
Contadores de diámetro superior a 13 mm: farase presuposto para cada caso.
Artigo 4.-Obrigados ó pagamento.
A obriga de pagamento da taxa regulada nesta ordenanza nace dende que se inicie a prestación do servicio con periodicidade trimestal.
O pagamento da referida taxa efectuarase no momento de presentación, ó obrigado a realizalo, da correspondente factura.
Disposicion final.
A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a se aplicar unha vez transcorrido o prazo do artigo 70.2 en relación co 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, permanecendo en vigor ata o momento da súa modificación ou derrogación expresa.