Negreira - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO ABASTECEMENTO E SANEAMENTO NO CONCELLO DE NEGREIRA.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 03/04/2001 BOP Nº: 77
Aplicable dende: 03/04/2001

Artigo 1.-Concepto

De conformidade co establecido no artigo 20.3 da Lei 39/1988 do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa polo abastecemento e saneamento que se rexerá pola presente ordenanza.

Artigo 2.-Obrigación de pago.

Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza os que se beneficien polos servicios ou actividades prestadas por este Concello a que se refire o artigo anterior.

Artigo 3.-Contía.

A contía da taxa regulada nesta ordenanza será fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte.

As contías desta taxa serán as seguintes:

a) Tarifa subministro de auga.

- Abonados domésticos e comerciais.

Mínimo de 10 m3/abonado mes: 53,50 pesetas/m3.

Excesos: 67,00 pesetas/m3.

- Abonados industrial e obras.

Mínimo de 20 m3/abonado mes: 53,50 pesetas/m3.

Excesos; 57,00 pesetas/m3.

b) Cota conservación de contadores; 33,10 pesetas/abonado mes.

c) Cota conservación acometidas: 27,40 pesetas/abonado mes.

d) Xestión cobramento abonados morosos: 230 pesetas/unidade.

e) Desprecintado contador: 2,235 pesetas/unidade.

f) Conexión rede abastecemento e precintado dos racores dos contadores non colocados polo persoal do servicio: 2.235 pesetas/unidade.

g) Enganches. Dereito de enganche á rede: 10.000 pesetas.

h) Acometidas. Realizarase o cálculo da acometida normal de 3 m de lonxitude media (de 1 a 5 m).

 

Acometida Terra (A) Asfalto (B) Baldosa beirarrúas (C)
3/4 21.946 28.247 33.640
1 23.879 30.135 35.463
1 1/2 28.727 35.050 40.378
2 34.186 40.378 45.771
Acometida de máis de 3 m 3/4 1 1 1/2 2
Tipo (A) increm. pesetas/m 1.070 1.256 1.791 3.003
Tipo (B) increm. pesetas/m 2.358 2.544 3.079 4.291
Tipo (C) increm. pesetas/m 2.839 3.014 3.549 4.760

 

Contadores.

Contador de 13 mm.

Instalación en batería de contadores ou similar (contador de 13 mm, válvula antirretorno, pezas de conexión): 8.969 pesetas/unidade.

Contador de diámetro superior a 13 mm. Farase presuposto para cada caso.

Tarifa de contadores (sen colocación).

Diámetro 13 mm: 6.551 pesetas/unidade.

Diámetro 15 mm: 7.226 pesetas/unidade.

Diámetro 20 mm: 8.820 pesetas/unidade.

Diámetro 25 mm: 14.366 pesetas/unidade.

Diámetro 30 mm: 20.082 pesetas/unidade.

Diámetro 40 mm: 31.139 pesetas/unidade.

Diámetro 50 mm: 67.919 pesetas/unidade.

Diámetro 65 mm: 84.320 pesetas/unidade.

 

Tarifas servicio saneamento:

a) Usuarios que sexan aboados do servicio de abastecemento:

Doméstico e comercial:

Por cada m3 fact. en abastecemento: 52,90 pesetas/m3

Industrial e obras:

Por cada m3 fact. en abastecemento: 57,00 pesetas/m3

b) Usuarios que non sexan aboados do servicio de abastecemento:

Doméstico e comercial:

Cota fixa: 633 pesetas/abo. mes.

Industrial e obras:

Cota fixa: 1.400 pesetas/abo. mes.

Artigo 4.-Obrigados ó pagamento.

A obriga de pagamento da taxa reguladora nesta ordenanza nace dende que se inicia a prestación do servicio, sendo a periodicidade do pagamento trimestral.

O pagamento material da taxa efectuarase no momento da presentación ó obrigado a realizarse da correspondente factura.

Disposicion final.

A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse permanecendo en vigor ata o momento da súa modificación ou derrogación expresa.