Negreira - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO ABASTECEMENTO E SANEAMENTO NO CONCELLO DE NEGREIRA.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 17/06/2003 BOP Nº: 137
Aplicable dende: 17/06/2003

Artigo 1.-Concepto

De conformidade co establecido no artigo 20.3 da Lei 39/1988 do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa polo abastecemento e saneamento que se rexerá pola presente ordenanza.

Artigo 2.-Obrigación de pago.

Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza os que se beneficien polos servicios ou actividades prestadas por este Concello a que se refire o artigo anterior.

Artigo 3.-Contía.

A contía da taxa regulada nesta ordenanza será fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte.

As contías desta taxa serán as seguintes:

Tarifas servicio abastecemento:

-Abonados domésticos e comerciais:

-Mínimo de 10 m3/abonado-mes: 0,344 euros/m3.

-Excesos de 10 m3/abonado-mes: 0,431 euros/m3.

 

Abonados industriais e obras:

-Mínimo de 20 m3/abonado-mes: 0,344 euros/m3.

-Excesos de 20 m3/abonado-mes: 0,431 euros/m3.

Tarifas servicio saneamento:

A) Usuarios que sexan abonados do Servicio de Abastecemento:

-Doméstico e comercial

Por cada m3 facturado no abastecemento: 0,341 euros/m3.

-Industrial e obras

Por cada m3 facturado en abastecemento: 0,366 euros/m3.

B) Usuarios que non sexan abonados do Servicio de Abastecemento:

-Doméstico e comercial

Cota fixa: 4,07 euros/abonado-mes.

-Industrial e obras

Cota fixa: 9 euros/aboado-mes.

Cotas conservación acometidas e contadores:

-Cota de conservación de contadores: 0,213 euros/abonado-mes.

-Cota de conservación de acometidas: 0,176 euros/abonado-mes.

Xestión de cobramento ós abonados morosos:

-Cobramento ós abonados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación certificada dos recibos pendentes de pagamento: 3,16 euros/unidade.

Desprecintado de contador

-Por desprecintado de contador: 14,38 euros/unidade.

Conexión á rede de abastecemento e precintado de racores

-Por conexión á rede e precintado dos racores de contadores non colocados polo persoal do servicio: 14,38 curos/unidade.

Precios de acometidas e contadores

Ano 2003.

1.-Acometidas

Se realiza o cálculo á acometida normal de 3,00 m de lonxitude media (1 a 5 m).

Materiais

-Colar de toma.

-Enlaces.

-Entubado de PEBD: 1 a 5 m.

-Chave de paso.

-Arquetilla de 15 x 25.

Obra civil

-Arqueta para colocación de tapa de 15 x 25.

-Lonxitude de gabia: 1 a 5 m (apertura, cerre e reposición de pavimento).

Fanse prezos diferentes dependendo do diámetro da acometida e do tipo de reposición a realizar na gabia.

 

O acometida Terra (A) Asfalto (B) Baldosa-beirarrúa (C)
3/4" 141,16 181,68 216,37
1" 153,59 193,83 228,10
1 1/2" 184,77 225,44 259,71
2" 219,88 1,56 294,40

 

Incremento no prezo da acometida para lonxitudes superiores a 5 m.

 

Acometidas de más de 5 m 3/4" 1" 1 1/2" 2"
(A) incremento eur. por m 6,88 8,08 11,52 19,32
(B) incremento eur. por m 15,17 16,36 19,80 27,60
(C) incremento eur. por m 18,26 19,38 22,82 30,62

2.-Contadores.

2.1.-Contador de 13 mm

Instalación en batería de contadores ou similar:

-Contador de 13 mm.

-Válvula antirretorno.

-Pezas de conexión.

Total: 57,69 euros/ud.

2.2.-Contador diámetro superior a 13 mm

Farase presuposto para cada caso.

2.3.-Tarifa de contadores (sen colocación)

Tarifas de contadores

O 13 mm:  42,13 eur./ud.

O 15 mm:  46,48 eur./ud.

O 20 mm:  56,73 eur./ud.

O 25 mm:  92,40 eur./ud.

O 30 mm: 129,16 eur./ud.

O 40 mm: 200,29 eur./ud.

O 50 mm: 436,86 eur./ud.

O 65 mm: 542,34 eur./ud.

Nota: tódolos prezos se verán gravados co IVE correspondente.

Artigo 4.-Obrigados ó pagamento.

A obriga de pagamento da taxa reguladora nesta ordenanza nace dende que se inicia a prestación do servicio, sendo a periodicidade do pagamento trimestral.

O pagamento material da taxa efectuarase no momento da presentación ó obrigado a realizarse da correspondente factura.

Disposicion final.

A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse permanecendo en vigor ata o momento da súa modificación ou derrogación expresa.