Negreira - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR SUBMINISTRO DE AUGA

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 18/03/2000 BOP Nº: 64
Aplicable dende: 18/03/2000

Artigo 1.-Concepto

De conformidade co previsto no art. 20.3 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa polo subministro de auga que se rexerá pola presente ordenanaza.

Artigo 2.-Obrigación de pago.

Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza os que se beneficien polos servicios ou actividades prestadas por este Concello a que se refire o artigo anterior.

Artigo 3.-Contía.

A contía da taxa regulada nestas ordenanza será a fixada nas tarifas contidas no apartado seguinte.

As tarifas desta taxa serán as seguintes:

a) Tarifa subministro de auga.

- Abonados doméstico e comercial.

Mínimo de 10 m3/abonado mes: 51,60 ptas./m3.

Excesos: 64,60 ptas./m3.

- Abonados industrial e obras.

Mínimo de 20 m3/abonado mes: 51,60 ptas./,m3.

Excesos: 64,60 ptas./m3.

b) Cota conservación de contadores: 31,90 ptas./abonado mes.

c) Cota conservación acometidas: 26,40 ptas./abonado mes.

d) Xestión cobramento aboados morosos: 222 ptas./ud.

e) Desprecintado contador: 2.155 ptas./ud.

f) Conexión rede abastecemento e precintado dos racores dos contadores non colocados polo persoal do servicio: 2.155 ptas./ud.

g) Enganches. Dereito de enganche á rede: 10.000 ptas.

h) Acometidas. Realizarase o cálculo da acometida normal de 3 m de lonxitude media (de 1 a 5 m).

 

Acometida Terra (A) Asfalto (B) Baldosa. Beirarrúa (C).
3/4 21.163 27.329 32.440
1 23.027 29.060 34.198
1,1/2 27.702 33.799 38.937
2 32.966 38.937 44.138

 

Acometida de máis de 5 m 3/4 1 1.1/2 2
Tipo (A) Increm. ptas./m 1.032 1.211 1.727 2.896
Tipo (B) Increm. ptas./m 2.274 2.453 2.969 4.138
Tipo (C) Increm. ptas./m 2.738 2.906 3.422 4.590

Contadores.

Contador de 13 mm.

Instalación en batería de contadores ou similar (contador de 13 mm, válvula antirretorno, pezas de conexión): 8.649 ptas./ud.

Contador de diámetro superior a 13 mm, farase presuposto para cada caso.

Tarifa de contadores.

13 mm: 6.317 ptas./ud.

15 mm: 6.968 ptas./ud.

20 mm: 8.505 ptas./ud.

25 mm: 13.853 ptas./ud.

30 mm: 19.365 ptas./ud.

40 mm: 30.028 ptas./ud.

50 mm: 65.496 ptas./ud.

65 mm: 81.311 ptas./ud.

Artigo 4.-Obrigados ó pagamento.

A obriga de pagamento da taxa reguladora nesta ordenanza nace dende que se inicia a prestación do servicio, sendo a periodicidade do pagamento trimestral.

O pagamento material da taxa efectuarase no momento da presentación ó obrigado a realizarse da correspondente factura.

Disposicion final.

A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse permanecendo en vigor ata o momento da súa modificación ou derrogación expresa.