Negreira - Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo abastecemento e saneamento no Concello de Negreira
Artigo 1.-Concepto
De conformidade co establecido no artigo 20.3 da Lei 39/1988 do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa polo abastecemento e saneamento que se rexerá pola presente ordenanza.
Artigo 2.-Obrigación de pago.
Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza os que se beneficien polos servicios ou actividades prestadas por este Concello a que se refire o artigo anterior.
Artigo 3.-Contía.
TARIFAS SERVIZO ABASTECEMENTO
Aboados domésticos e comerciais | ANO 2016 |
Mínimo 10,0 m³/abon.mes | 0,34763 €/m³ |
Excesos | 0,43510 €/m³ |
Abonados industriais e obras | ANO 2016 |
Mínimo 20,0 m³/abon.mes | 0,34763 €/m³ |
Excesos | 0,43510 €/m³ |
TARIFAS SERVIZO SANEAMENTO
a) Usuarios que sexan aboados do servizo de abastecemento:
Doméstico e comercial | ANO 2016 |
Por cada m³. fact. en abastecemento | 0,44338 €/m³ |
Industrial e obras | ANO 2016 |
Por cada m³. fact. en abastecemento | 0,47630 €/m³ |
b) Usuarios que non sexan aboados do servizo de abastecemento:
Doméstico e comercial | ANO 2016 |
Cota fixa | 5,30 €/ab. mes |
Industrial e obras | ANO 2016 |
Cota fixa | 11,71 €/ab. mes |
COTAS DE CONSERVACIÓN ACOMETIDAS E CONTADORES
ANO 2016 | |
Cota de conservación de contadores | 0,268 €/ab. mes |
Cota de conservación de acometidas | 0,223 €/ab. mes |
XESTIÓN DE COBRO ÓS ABOADOS MOROSOS
ANO 2016 | |
Cobro ós aboados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación certificada dos recibos pendentes de pago | 3,97 €/ud. |
DESPRECINTADO DE CONTADOR
ANO 2016 | |
Por desprecintado de contador | 18,15 €/ud. |
CONEXIÓN Á REDE DE ABASTECEMENTO E PRECINTADO DE RACORES
ANO 2016 | |
Por conexión á rede e precintado dos racores de contadores non colocados polo persoal do servicio | 18,15 €/ud. |
PREZOS DE ACOMETIDAS E CONTADORES
Ano 2016
1.-ACOMETIDAS
Realízase o cálculo para a acometida normal de 5,00 m de lonxitude máxima (1 a 5 m)
MATERIAIS
- Collarín de toma
- Enlaces
- Tubería de P.E.B.D.: 1 a 5 m
- Chave de paso
- Arquetilla de 15 x 25 cm
OBRA CIVIL
- Arqueta para colocación de tapa de 15 x 25
- 1 a 5 metros lineais de gabia (apertura, peche e reposición de pavimento)
Fanse prezos diferentes dependendo do diámetro da acometida e do tipo de reposición a realizar na gabia.
Ø Acometida | Terra (A) | Asfalto (B) | Baldosa-beirarrúa (C) |
¿" | 178,32 € | 229,52 € | 273,35 € |
1" | 194,04 € | 244,86 € | 288,15 € |
1¿"-1¿" | 233,42 € | 284,79 € | 328,10 € |
2" | 277,78 € | 328,10 € | 371,90 € |
Incremento no prezo da acometida para lonxitudes superiores a 5 m
Acometidas de máis de 5 m | ¿" | 1" | 1¿"-1¿" | 2" |
(A) incremento € por m | 8,69 € | 10,20 € | 14,55 € | 24,38 € |
(B) incremento € por m | 19,15 € | 20,68 € | 25,03 € | 34,86 € |
(C) incremento € por m | 23,06 € | 24,49 € | 28,85 € | 38,67 € |
2.-CONTADORES
2.1.-CONTADOR DE 13/15/20 mm
Instalación en batería de contadores ou similar
- Contador.
- Válvula antiretorno
- Pezas de conexión
TOTAL 13/15 mm 72,89 €/ud.
20 mm 91,34 €/ud.
2.2.-CONTADOR DIAMETRO SUPERIOR A 20 mm
Farase presuposto para cada caso.
2.3.-TARIFA DE CONTADORES (sen colocación)
TARIFA DE CONTADORES (sen colocación) | ||
Ø 13/Ø15 mm | 53,23 | €/ud |
Ø 20 mm | 71,68 | €/ud |
Ø 25 mm | 116,72 | €/ud |
Ø 30 mm | 163,16 | €/ud |
Ø 40 mm | 253,03 | €/ud |
Ø 50 mm | 551,88 | €/ud |
Ø 65 mm | 685,14 | €/ud |
Todos os prezos se verán gravados co I.V.E. correspondente.
Artigo 4.-Obrigados ó pagamento.
A obriga de pagamento da taxa reguladora nesta ordenanza nace dende que se inicia a prestación do servicio, sendo a periodicidade do pagamento trimestral.
O pagamento material da taxa efectuarase no momento da presentación ó obrigado a realizarse da correspondente factura.
Disposicion final.
A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse permanecendo en vigor ata o momento da súa modificación ou derrogación expresa.