Negreira - Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo abastecemento e saneamento no Concello de Negreira
Artigo 1.-Concepto
De conformidade co establecido no artigo 20.3 da Lei 39/1988 do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa polo abastecemento e saneamento que se rexerá pola presente ordenanza.
Artigo 2.-Obrigación de pago.
Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza os que se beneficien polos servicios ou actividades prestadas por este Concello a que se refire o artigo anterior.
Artigo 3.-Contía.
TARIFAS DO SERVIZO MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO DE AUGAS, ANO 2012
TARIFAS SERVIZO ABASTECEMENTO
Aboados domésticos e comerciais | ANO 2012 |
Mínimo 10,0 m³/abon.mes | 0,33892 €/ m³ |
Excesos | 0,42419 €/ m³ |
Abonados industriais e obras | ANO 2012 |
Mínimo 20,0 m³/abon.mes | 0,33892 €/ m³ |
Excesos | 0,42419 €/ m³ |
TARIFAS SERVIZO SANEAMENTO
a) Usuarios que sexan aboados do servizo de abastecemento:
Doméstico e comercial | ANO 2012 |
Por cada m³. fact. en abastecemento | 0,43227 €/ m³ |
Industrial e obras | ANO 2012 |
Por cada m³. fact. en abastecemento | 0,46436 €/ m³ |
b) Usuarios que non sexan aboados do servizo de abastecemento:
Doméstico e comercial | ANO 2012 |
Cota fixa | 5,16 Eur/ab.mes |
Industrial e obras | ANO 2012 |
Cota fixa | 11,41 Eur/ab.mes |
COTAS DE CONSERVACIÓN ACOMETIDAS E CONTADORES
ANO 2012 | |
Cota de conservación de contadores | 0,261 Eur/ab.mes |
Cota de conservación de acometidas | 0,217 Eur/ab.mes |
XESTIÓN DE COBRO ÓS ABOADOS MOROSOS
ANO 2012 | |
Cobro ós aboados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación certificada dos recibos pendentes de pago | 3,88 Eur/ud. |
DESPRECINTADO DE CONTADOR
ANO 2012 | |
Por desprecintado de contador | 17,70 Eur/ud. |
CONEXIÓN Á REDE DE ABASTECEMENTO E PRECINTADO DE RACORES
ANO 2012 | |
Por conexión á rede e precintado dos racores de contadores non colocados polo persoal do servicio | 17,70 Eur/ud. |
PREZOS DE ACOMETIDAS E CONTADORES
Ano 2.012
1.- ACOMETIDAS
Realízase o cálculo para a acometida normal de 5,00 m. de lonxitude máxima (1 a 5 m.)
MATERIAIS
- Collarín de toma
- Enlaces
- Tubería de P.E.B.D.: 1 a 5 m.
- Chave de paso
- Arquetilla de 15 x 25
OBRA CIVIL
- Arqueta para colocación de tapa de 15 x 25
- Lonxitude de gabia: máximo de 5 m. (apertura, peche e reposición de pavimento)
Fanse prezos diferentes dependendo do diámetro da acometida e do tipo de reposición a realizar na gabia.
Ø Acometida | Terra (A) | Asfalto (B) | Baldosa-beirarrúa (C) |
¿" | 173,85 € | 223,76 € | 266,49 € |
1" | 189,17 € | 238,72 € | 280,93 € |
1¿"-1¿" | 227,56 € | 277,66 € | 319,875 € |
2" | 270,81 € | 319,87 € | 362,58 € |
Incremento no prezo da acometida para lonxitudes superiores a 5 m.
Acometidas de máis de 5 mts. | ¿" | 1" | 1¿"-1¿" | 2" |
(A) incremento Euros por m. | 8,47 € | 9,94 € | 14,19 € | 23,77 € |
(B) incremento Euros por m. | 18,67 € | 20,16 € | 24,40 € | 33,98 € |
(C) incremento Euros por m. | 22,49 € | 23,88 € | 28,12 € | 37,70 € |
2.- CONTADORES
2.1.- CONTADOR DE 15 mm..
Instalación en batería de contadores ou similar
- Contador de 15 mm.
- Válvula antiretorno
- Pezas de conexión
TOTAL 71,06 Eur/ud.
2.2.- CONTADOR DIAMETRO SUPERIOR A 15 mm.
Farase presuposto para cada caso.
2.3.- TARIFA DE CONTADORES (sen colocación)
TARIFA DE CONTADORES | ||
(sen colocación) | ||
Ø15 mm. | 51,90 | Eur/ud |
Ø20 mm. | 69,87 | Eur/ud |
Ø25 mm. | 113,80 | Eur/ud |
Ø30 mm. | 159,07 | Eur/ud |
Ø40 mm. | 246,68 | Eur/ud |
Ø50 mm. | 538,05 | Eur/ud |
Ø65 mm. | 667,97 | Eur/ud |
Todos os prezos se verán gravados co I.V.E. correspondente.
.
Artigo 4.-Obrigados ó pagamento.
A obriga de pagamento da taxa reguladora nesta ordenanza nace dende que se inicia a prestación do servicio, sendo a periodicidade do pagamento trimestral.
O pagamento material da taxa efectuarase no momento da presentación ó obrigado a realizarse da correspondente factura.
Disposicion final.
A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse permanecendo en vigor ata o momento da súa modificación ou derrogación expresa.