Rianxo - Ordenanza fiscal núm. 9, reguladora da taxa polo servizo de recollida do lixo

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 24/12/2008 BOP Nº: 295
Aplicable dende: 01/01/2009

Artigo 1º.- Fundamento e natureza.-

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da lei 7/1985, de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, de 28 de Decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a ¿Taxa por recollida do lixo", que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, cales normas atenden ó prevenido no artigo 58 da citada Lei 39/1988.

Artigo 2º.- Feito impoñible.-

1. Constitue o feito impoñible da Taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de recollida do lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exercen actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servicios.

2. . A tal efecto, considéranse lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos, os restos e desperdicios de alimentación ou detritus procedentes da limpeza normal de locais ou vivendas, e exclúense de tal concepto os residuos de tipo industrial, escobros de obras, detritus humáns e mateiais contaminados, corrosivos, perigosos ou cal recollida ou verquido esixa a adopción de especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade

3. Non está suxeta á Taxa a prestación, de carácter voluntario e a instancia de parte, dos seguintes servicios:

Recollida do lixo e residuos non calificados de domiciliarias e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios

Recollida de escombros de obras.

Recollida de escombros de obras.

Recollida de escorias e cinzas de calefaccións centrais.

Artigo 3º.- Suxeitos pasivos.-

1. Son suxeitos pasivos os contribuintes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades que se refire o artigo 33 da Lie Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais ubicados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nas que preste o servicio, xa sexa a título de propietario ou de usufructuario, habitacionista, arrendatario ou, incluso, de precario.

2. Terán a consideración de suxeito substituto do contribuinte o propietario das vivendas ou locais, que poden repercutir no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servicio.

Artigo 4º.- Responsables.-

1. Responderán solidariamente das obrigacións tributario do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndico, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei X eral Tributaria.

Artigo 5º.- Exencións

Suprimido

Artigo 6.º Tarifas

Importe cuadrimestral
 
Servizo Diario
Servizo Alterno
1.- Vivendas:
VIVENDAS
31,31
25,63
2.- Alimentación:
SUPERMERCADOS
Ata 150m2
63,35
44,14
Máis de150 ata 250 m2
95,38
65,48
(>250m2)
132,33
90,81
COOPERATIVAS
63,35
44,14
ECONOMATOS
63,35
44,14
ULTRAMARINOS
63,35
44,14
CARNICERÍAS
63,35
44,14
PANADERÍAS
63,35
44,14
PASTELERÍAS
63,35
44,14
FROITERÍAS:
Ata 100 m2
63,35
44,14
(>100m2)
93,13
64,19
CHURRERÍAS, FRITURAS
63,35
44,14
PEIXERÍAS
63,35
44,14
CONXELADOS
63,35
44,14
XELADERÍAS, LAMBETADAS
63,35
44,14
3.- Calzados, tecidos, mercerías e confección:
COMERCIOS DE CALZADO
63,35
44,14
COMERCIOS DE TECIDOS
63,35
44,14
COMERCIOS DE CONFECCIÓN
63,35
44,14
TENDAS DE DEPORTE
63,35
44,14
MERCERÍAS
63,35
44,14
4.- Droguerías, ferraxerías, electrodomésticos, cristais, pinturas:
TAPICERÍAS, DECORACIÓN
63,35
44,14
DROGUERÍAS
63,35
44,14
ARTIGOS DE REGALO, XOGUETES
63,35
44,14
ARTIGOS DE BRICOLAXE E MANUALIDADES
63,35
44,14
FERRAXERÍAS
63,35
44,14
ELECTRODOMÉSTICOS: (> 150m2)
93,13
64,19
(< 150m2)
63,35
44,14
CRISTALARÍAS
63,35
44,14
COMERCIO DE PINTURAS
63,35
44,14
5.- Papelarías, imprentas, estancos, loterías, fotografía, mobles de oficina, xoierías e florerías:
ESTANCOS
63,35
44,14
LOTERÍAS
63,35
44,14
FOTOGRAFÍA
63,35
44,14
LIBRERÍAS
63,35
44,14
PAPELERÍA
63,35
44,14
IMPRENTAS
93,13
64,19
MOBLES E MAQUINARIA DE OFICINA
63,35
44,14
FLORERÍAS
63,35
44,14
VENDA ANIMAIS DE COMPAÑÍA
63,35
44,14
XOIERÍAS
63,35
44,14
RELOXERÍAS
63,35
44,14
6.- Mobles, funerarias, marmorerías e materiais de construcción:
MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN:
(polo miúdo)
(por xunto)
 
63,35
44,14
93,13
64,19
MARMORERÍAS
63,35
44,14
MOBLERÍAS:
(Ata 500 M2)
(> 500M2 e ata 1000 M2)
(> 1000M2)
 
77,58
59,79
95,38
65,48
132,33
90,81
POMPAS FÚNEBRES
63,35
44,14
7.- Artesanía, oficios e obradoiros:
PERRUQUERÍAS
63,35
44,14
XASTRERÍAS
31,31
25,63
TALLERES DE COSTURA
31,31
25,63
CARPINTERÍAS DE MADEIRA E METAL
93,13
64,19
TINTURERÍAS
63,35
44,14
SALÓNS DE BELEZA
63,35
44,14
REPARACIÓN DE CALZADO
31,31
25,63
OBRADOIROS
31,31
25,63
8.- Industria do automóbil, talleres mecánicos, exposición e venda de vehículos, garaxes, etc.
VENDA E RECAMBIO DE VEHÍCULOS
63,35
44,14
GASOLINEIRAS
132,33
90,81
LAVADO-ENGRAXE VEHÍCULOS
104,87
65,48
TALLERES DE ELECTRICIDADE DO AUTOMÓBIL
104,87
65,48
TALLERES MECÁNICOS
104,87
65,48
ÍDEM CON EXPOSICIÓN E VENDA
104,87
65,48
REPARACIÓN E MANTEMENTO DE BUQUES
104,87
65,48
TALLER MAQUIN.E VEHÍC.AGRIC. E INDUST.
104,87
65,48
EXPOSIC.E VENDA VEHÍC.E MAQUIN.AGRIC. E INDUST.
104,87
65,48
GARAXES DE AUTOMÓBILES INDUSTRIAIS
63,35
44,14
9.- Oficinas, bancos,axencias,farmacias,profesións liberais, centros de ensino e recreativos:
OFICINAS
63,35
44,14
AXENCIAS: INMOBILIAR.,DE VIAXES,DE SEGUROS, ETC.
63,35
44,14
SOCIED.RECREAT.E ASOCIACIÓNS CON FIN DE LUCRO
63,35
44,14
DESPACHOS E CONSULTAS DE PROFESIÓNS LIBERAIS
77,58
59,79
BANCOS E CAIXAS DE AFORRO
132,33
90,81
FARMACIAS
95,38
65,48
ÓPTICAS
63,35
44,14
CLÍNICAS MÉDICAS E DENTAIS
95,38
65,48
CLÍNICAS VETERIANARIAS
63,35
44,14
CENTROS PRIVADOS DE ENSINO, ACADEMIAS
63,35
44,14
GARDERÍAS
63,35
44,14
AUTO-ESCOLAS
63,35
44,14
SALAS DE XOGO:
(S/máquinas tipo B)
(c/máquinas tipo B)
 
63,35
44,14
95,38
65,48
VIDEO-CLUBE
63,35
44,14
ESTABLECEMENTOS DE CIBERNÉTICA
63,35
44,14
XIMNASIOS
63,35
44,14
10.- Establecementos de hostalerías, aloxamento, restauración e espectáculos:
DISCOTECAS
132,33
90,81
SALAS DE FESTA
132,33
90,81
SALAS DE CINE
63,35
44,14
BINGOS
132,33
90,81
BARES E TABERNAS
63,35
44,14
BARES E CAFETERÍAS CATEGORÍA ESPECIAL
77,58
59,79
CLUBES E UISQUERÍAS
132,33
90,81
FONDAS, HOSTAIS, HOSPEDAXE:
(1 ata 10 habitacións)
(de 11 a 20 habitacións)
(Máis de 20 habitacións)
 
77,58
59,79
95,38
65,48
132,33
90,81
RESTAURANTES CON VODAS E BANQUETES
132,33
90,81
RESTAURANTES SEN VODAS E BANQUETES:
(1 garfo)
(máis de 1 garfo)
 
77,58
59,79
95,38
65,48
HOTEIS
132,33
90,81
ACAMPAMENTOS
77,58
59,79
11.- Almacéns, industrias, fábricas:
DEPÓSITOS E ALMACÉNS DE BEBIDAS
77,58
59,79
ÍDEM DE ALIMENTACIÓN E FROITAS
77,58
59,79
ÍDEM DE FARIÑA, SEMENTES E PENSO
77,58
59,79
ALMACÉNS DE MADEIRA
77,58
59,79
FABRICA DE ENVASES E DEPÓSITOS
95,38
65,48
FABRICA DE MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN
95,38
65,48
FABRICA DE GASOSAS, BEBIDAS
95,38
65,48
FABRICA DE PRENDAS DE VESTIR
132,33
90,81
FABRICA DE CONSERVAS
132,33
90,81
FABRICA DE LIXIVIA, XABÓN, DETERXENTES
95,38
65,48
ESTALEIROS E SERRADOIROS
95,38
65,48
GRANXAS INDUSTRIAIS
95,38
65,48
MATADOIROS E FRIGORÍFICOS INDUSTRIAIS
132,33
90,81
12.- Postos praza de abastos:
POSTOS PRAZA DE ABASTOS
31,31
25,63
13.- Locais non expresamente tarifados:
LOCAIS NON EXPRESAMENTE TARIFADOS
31,31
25,63

En caso de varias actividades no mesmo local , deberase abona-la cota pola actividade que lle corresponda maior taxa.

Artigo 7º.- Devengo.-

1. Devéngase a Taxa e nace a obrigación de contribuir desde o momento en que se inicie a prestación do servicio entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal de recollida do lixo domiciliario, nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos contribuintes suxeitos á Taxa.

2. Establecido e en funcionamento o referido servicio, as cotas devengaranse o primeiro día de cada ano natural, agás que o devengo da Taxa se produxese con posterioridade a dita data, en cal caso a primeira cota devengarase o primeiro día do mes sequinte.

Artigo 8º.- Declaración e ingreso.-

1. Dentro dos trinta días hábiles sequintes á data en que se devengue por primeira vez a taxa, os suxeitos psaivos formalizarán a súa inscrición na matrícula, presentando, ó efecto, a correspondente declaración de alta e ingresando simultaneamente a cota anual.

2. Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicaciñon dos interesados, calquera variación dos datos figurados na matrícula, levaranse a cabo nestas as modificacións correspondentes, que xurdirán efectos a partires do período de cobranza seguinte ó da data en que se haxa efectuado a declaración.

3. O cobro das cotas efectuaras anualmente mediante recibo derivado da matrícula.

Artigo 9º.- Infraccións e sancións.-

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei X eral Tributaria.

Disposición final

1. A presente modificación da Ordenanza foi aprobada polo Concello en Pleno en sesión celebrada o 16 de outubro de 2007. 

2. O inicio de aplicación desta modificación é o 1 de xaneiro de 2008.