Riveira - Ordenanza núm. 27, reguladora do Prezo Público pola prestación de servicios e realización de actividades da oficina municipal de deportes

Publicación provisional: 18/11/2003 BOP Nº: 265
Publicación definitiva: 31/12/2003 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/01/2010

ARTIGO 1.-Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ámbolos dous do R.D.L. 2/2004, de 5 de Marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais, redactados conforme a Lei 25/98, de 13 de xullo, de Modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais de Carácter Público, e no exercicio da potestade regulamentaria reconocida a este Concello, na súa calidade de Administración Pública de carácter territorial, polos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/85 de 2 de abril, regualdora de Bases de Réxime Local, establecese o prezo público pola prestación de servicios e realización de actividades do Padroado Deportivo Municipal.

Constitúe o obxeto deste prezo público:

- Organización de cursos de piscina.

- Escolas deportivas.

- Servicios de masaxista.

ARTIGO 2.- Obrigados ó pago

Estarán obrigados ó pago do prezo público regulado nesta Ordenanza Fiscal os usuarios ou beneficiarios que se matriculen nas Escolas Deportivas Municipais, cursos de piscina ou soliciten o servicio de masaxista.

ARTIGO 3 . Contía.

A contía do prezo público regulado nesta Ordenanza é o seguinte:

A) Cursos de piscina:

- Cursos trimestrais de piscina:

* Nenos de ata 15 anos: 18,67 euros/mes.

* Maiores: 26,14 euros/mes.

- Curso intensivo de fin de semán:

* Nenos de ata 15 anos: 11,20 euros/mes.

- Cursos intensivos de verán:

* Nenos de ata 15 anos: 29,60 euros/mes.

* Maiores: 44,82 euros/mes.

A estes efectos, considéranse cursos de piscina aqueles que, desenvolvéndose dentro dos vasos existentes nas instalacións do complexo deportivo municipal, que teñan por obxecto a práctica de actividades tales como natación, aquagym ou calquera outra de natureza análoga.

B) Escolas deportivas:

- Nenos: 7,47 euros/mes.

- Adultos: 14,94 euros/mes.

A estes efectos, considéranse escolas deportivas aquelas actividades promovidas pola oficina municipal de deportes co obxecto de promover a formación nunha disciplina deportiva, así como o fomento da súa práctica, tendo unha duración orientativa similar á do curso escolar.

C) Servicio de masaxista: 6,50 euros/persoa/sesión ¿ hora.

D)Outros servizos.

* D.1) Para o restantes casos non previstos nesta ordenanza, o establecemento e contía do prezo público será o que fixe en cada caso a xunta de goberno local por delegación do pleno da corporación, de conformidade co disposto no artigo 47.1 do R.D.L. 2/2004 e artigo 23.2 b) da Lei 7/85.

* D.2).- A estes efectos, e con carácter previo ó inicio das actividades, a xunta de goberno local, en base ós informes previos do xefe de cada servizo ou dependencia e da intervención municipal sobre os custos soportados polo concello, establecerá o prezo concreto de cada actividade, que conforme o artigo 44.1 do R.D.L. 2/2204, deberán cubrir como mínimo o custe do servizo prestado ou da actividade a realizar.

Non obstante o anterior, conforme ó disposto no artigo 44.2 do R.D.L. 2/2004, cando exista razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, e previos os informes xustificativos dos servizos correspondentes, a xunta de goberno local poderá fixar prezos por debaixo do límite previsto no apartado anterior. Nesto supostos deberán consignarse nos orzamentos da Entidade as dotacións oportunas para a cobertura da diferenza resultante se a houbera.

* D.3).- Acordados os prezos de cada servizo ou actividade, o acordo será exposto no taboleiro oficial de anuncios do concello a efectos da súa publicidade.

ARTIGO 4.- Normas de xestión.

1.- Os xubilados e pensionistas así como os seus respectivos conxuxes, empadroados no Concello de Riveira, cunhas pensións brutas mensuais que no seu conxunto sexan inferior ó dobre do salario mínimo interprofesional, gozarán dunha bonificación do 60% en tódalas tarifas de escolas deportivas e cursos de piscina.

2.- No caso de matriculación de varios irmáns en cursos de piscina e/ou escolas deportivas aplicáse unha bonificación do 50% a partir do segundo fillo, sendo gratuitos os restantes.

3.- No caso de matriculación simultánea en mais dunha actividade organizada polo Padroado (cursos ou escolas deportivas) aplicarase unha bonificación do 50% na segunda e siguientes matrículas, en todo caso, as bonificacións aplicarasen as tarifas mais reducidas.

4.- A obrigación de pago do prezo público regulado nesta Ordenanza nace dende que se solicita a participación no curso/escola deportiva correspondente ou desde que se solicita o servicio de masaxista especificados no artigo 3 anterior.

5.- O aboamento das autoliquidacións correspondentes os cursos e escolas deportivas realizarase na Tesourería Municipal no momento de solicitala inscripción nos mesmos.

6.- Se por causas non imputables ó obligado o pago do prezo, o servicio ou actividade non se preste ou desenrole, procederá a devolución do importe correspondente.

ARTIGO 5.- Infraccións e Sancións.

Todo acto que implique infracción ou defraudación dos dereitos establecidosnesta Ordenanza será sancionado con multa de ata o dobre das cantidades defraudadas, sen perxuicio do pagamento dos dereitos adeudados conforme á mesma.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza Fiscal, aprobada polo pleno do Concello en sesión de data 29-10-2007, entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 01-01-2008, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas