Riveira - C.1 ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DA OFICINA MUNICIPAL DE DEPORTES

Publicación provisional: 18/11/2003 BOP Nº: 265
Publicación definitiva: 31/12/2003 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 29/12/2017

ARTIGO 1.-Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ámbolos dous do R.D.L. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, redactados conforme a Lei 25/98, de 13 de xullo, de Modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais de Carácter Público, e no exercicio da potestade regulamentaria recoñecida a este Concello, na súa calidade de Administración Pública de carácter territorial, polos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora de Bases de Réxime Local, establecese o prezo público pola prestación de servizos e realización de actividades da Oficina Municipal de Deportes.

Constitúe o obxecto deste prezo público:

1. Organización de cursos de piscina e outras actividades dirixidas de auga.

2. Actividades dirixidas de sala.

3. Actividades deportivas ¿estudio".

4. Escolas deportivas.

5. Cursos de pádel de adultos.

6. Servizos de masaxista.

ARTIGO 2.- Obrigados ó pago.

Estarán obrigados ó pago do prezo público regulado nesta Ordenanza os usuarios dos servizos indicados no artigo anterior.

ARTIGO 3.- Contía.

A contía do prezo público regulado nesta ordenanza é o seguinte:

A) Cursos de piscina:

TIPOLOXÍA

Idade

Importe mes

Importe mes Abonados O.F. B.1.9.

ADULTOS

De 24 a 64 anos

28,40 €

13,00 €

XOVE

Ate 23

20,30 €

13,00 €

3ª IDADE

A partires de 65

13,80 €

6,50 €

B) Escolas deportivas:

· Nenos: 58,10 € anual , 8,30 €/mes.

· Adultos: 49,50 € trimestre, 16,50 €/mes.

C) Actividades dirixidas ¿Estudio".

TIPOLOXÍA

Idade

Importe mes

Importe mes Abonados O.F. B.1.9.

ADULTOS

De 24 a 64 anos

28,40 €

11,60 €

XOVE

Ate 23

20,30 €

12,20 €

3ª IDADE

A partires de 65

13,80 €

6,50 €

Outros

.-Familiar: 8,50 €

.-Familiar monoparental: 9,50 €

.-Familiar desemprego: 10, 90 €

.-Mañá: 11,60 €

E) Servizo de masaxista: 11,00 € sesión ¿ hora. Abonados 7,20 €.

F) Cursos de pádel:

· Clase exclusiva mes para 4 alumnos de 1 sesión semanal de 1 hora: 25 €/alumno/mes. Clase exclusiva mes para 3 alumnos de 1 sesión semanal de 1 hora: 33,50 €/alumno/mes.

· Clase exclusiva mes para 2 alumnos de 1 sesión semanal de 1 hora: 50,00 €/alumno/mes.

· Clases de 1 hora:

o Exclusiva para 1 alumno: 30,00 €/alumno

o Exclusiva para 2 alumnos: 15,00 €/alumno

o Exclusiva para 3 alumnos: 10,00 €/alumno

o Exclusiva para 4 alumnos: 7,50 €/alumno

Para a fixación dos prezos de entrada ós eventos organizados pola Concellaría de Deportes terase en conta o custo dos mesmos, debendo ser estes aprobados pola Xunta de Goberno Local, de acordo co previsto no artigo 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais.

ARTIGO 4.- Normas de xestión.

1.- A obriga de pago do prezo público regulado nesta Ordenanza nace dende que se solicita a participación no curso/escola deportiva correspondente ou desde que se solicita o servizo de masaxista especificado no artigo 3 anterior.

2.- No caso de matriculación de varios irmáns en escolas deportivas aplicase unha bonificación do 50 % a partir do segundo fillo, sendo gratuítos os restantes.

3.- Este prezo público xestionarase en réxime de autoliquidación, cas seguintes especialidades:

a) As escolas deportivas para nenos aboaranse no momento da inscrición e polo total do período lectivo .

b) As escolas deportivas de adultos e os cursos de pádel aboaranse de xeito trimestral.

As baixas no servizo deberán comunicarse antes dos tres últimos días do trimestre. En caso contrario, o abonado deberá asumir o pagamento íntegro do trimestre seguinte.

En ambos casos, cando a inscrición se realice con posterioridade ao comezo do curso, o importe a abonar será rateado en función dos meses transcorridos, incluíndo no cómputo do abono o mes en que se solicite a inscrición.

No caso das altas, o importe da cota a abonar será rateado por quincenas.

4.- Se por causas non imputables ó obrigado o pago do prezo, o servizo ou actividade non se preste ou desenrole, procederá a devolución do importe correspondente.

DISPOSICIÓN FINAL.

Esta Ordenanza foi aprobada polo Pleno en sesión celebrada en data 30 de outubro de 2017, e entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.