Riveira - C.1 ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DA OFICINA MUNICIPAL DE DEPORTES

Publicación provisional: 18/11/2003 BOP Nº: 265
Publicación definitiva: 31/12/2003 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 01/01/2013

ARTIGO 1.-Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ámbolos dous do R.D.L. 2/2004, de 5 de Marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais, redactados conforme a Lei 25/98, de 13 de xullo, de Modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais de Carácter Público, e no exercicio da potestade regulamentaria recoñecida a este Concello, na súa calidade de Administración Pública de carácter territorial, polos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora de Bases de Réxime Local, establecese o prezo público pola prestación de servizos e realización de actividades da Oficina Municipal de Deportes.

Constitúe o obxecto deste prezo público:

- A organización de cursos de piscina e outras actividades dirixidas de auga

- As actividades dirixidas de sala.

- Escolas deportivas.

- Servizos de masaxista.

ARTIGO 2.- Obrigados ó pago

Estarán obrigados ó pago do prezo público regulado nesta Ordenanza os usuarios dos servizos indicados no artigo anterior.

ARTIGO 3 . Contía.

A contía do prezo público regulado nesta Ordenanza é o seguinte:

A) Cursos de piscina:

- Ata 16 anos: 20,01 €/mes. O importe do prezo público no caso de usuarios acollidos ao abono familiar definido na Ordenanza Fiscal B.1.9, será de 12,85 €/mes.

- De 16 a 64 anos: 28,01 €/mes. O importe do prezo público no caso dos abonados -nos termos definidos na Ordenanza Fiscal B.1.9- será de 12,85 €/mes.

- Terceira Idade: 13,57 €/mes. Os abonados 6,43 €/mes.

- Cursos intensivos de verán:

· Ata 16 anos e 3ª Idade : 31,71 €/mes. Aboados 16,07 €/mes.

· Maiores: 48,01 €/mes. Abonados 23,56 €/mes.

B) Escolas deportivas:

- Nenos: 8,00 €/mes.

- Adultos: 16,01 €/mes.

C) As actividades dirixidas en sala terán a contía seguinte:

- De 16 a 23 anos: 28,00 €/mes.

- De 24 a 64 anos: 28,00 €/mes.

Non obstante, o importe do prezo público no caso dos abonados ao Complexo deportivo de Fieiteira, de acordo co previsto na Ordenanza Fiscal B.1.9 abonarán 10,71 €/mes; o importe do prezo público no caso de usuarios acollidas ao bono familiar abonaran : 8,57 €/mes.

- 3ª Idade: 11,21 €/mes.

Non obstante, o importe do prezo público no caso dos abonados ao Complexo deportivo de Fieiteira, de acordo co previsto na Ordenanza Fiscal B.1.9 abonarán 6,43 €/mes.

D) Servizo de masaxista:

10,71 € sesión ¿ hora. Abonados 6,96 €.

Para a fixación dos prezos de entrada ós eventos organizados pola Concellaría de Deportes terase en conta o custo dos mesmos, debendo ser estes aprobados pola Xunta de Goberno Local, de acordo co previsto no artigo 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

.

ARTIGO 4.- Normas de xestión.

1.- No caso de matriculación de varios irmáns en escolas deportivas aplicase unha bonificación do 50% a partir do segundo fillo, sendo gratuítos os restantes.

2.- A obriga de pago do prezo público regulado nesta Ordenanza nace dende que se solicita a participación no curso/escola deportiva correspondente ou desde que se solicita o servizo de masaxista especificados no artigo 3 anterior.

3.- O aboamento das autoliquidacións correspondentes os cursos e escolas deportivas realizarase na Tesourería Municipal no momento de solicitala inscrición nos mesmos.

4.- Se por causas non imputables ó obrigado o pago do prezo, o servizo ou actividade non se preste ou desenrole, procederá a devolución do importe correspondente.

ARTIGO 5.- Infraccións e Sancións.

Todo acto que implique infracción ou defraudación dos dereitos establecidosnesta Ordenanza será sancionado con multa de ata o dobre das cantidades defraudadas, sen perxuicio do pagamento dos dereitos adeudados conforme á mesma.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza Fiscal, aprobada polo pleno do Concello en sesión de data 29-10-2007, entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 01-01-2008, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas