Riveira - C.1 ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DA OFICINA MUNICIPAL DE DEPORTES
ARTIGO 1.-Concepto.
De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ámbolos dous do R.D.L. 2/2004, de 5 de Marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais, redactados conforme a Lei 25/98, de 13 de xullo, de Modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais de Carácter Público, e no exercicio da potestade regulamentaria recoñecida a este Concello, na súa calidade de Administración Pública de carácter territorial, polos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora de Bases de Réxime Local, establecese o prezo público pola prestación de servizos e realización de actividades da Oficina Municipal de Deportes.
Constitúe o obxecto deste prezo público:
- A organización de cursos de piscina e outras actividades dirixidas de auga
- As actividades dirixidas de sala.
- Escolas deportivas.
- Servizos de masaxista.
ARTIGO 2.- Obrigados ó pago
Estarán obrigados ó pago do prezo público regulado nesta Ordenanza os usuarios dos servizos indicados no artigo anterior.
ARTIGO 3 . Contía.
A contía do prezo público regulado nesta ordenanza é o seguinte:
A) Cursos de piscina:
TIPOLOXÍA | IDADE | Importe mes | Abonados O.F. B.1.9 |
ADULTOS | 24 a 64 anos | 28,43 € | 13,04 € |
XOVE | Ata 23 anos | 20,31 € | 13,04 € |
3ª IDADE | A partires de 65 anos | 13,77 € | 6,53 € |
B) Escolas deportivas:
- Nenos: 8,24 €/mes.
- Adultos: 16,49 €/mes.
C) Actividades dirixidas en sala:
TIPO | IDADE | Importe mes | Abonados O.F. B.1.9 |
ADULTOS | 24 a 64 anos | 28,43 € | 13,04 € (abono adulto) 10,87 € (abono familiar) |
XOVE | Ata 23 anos | 20,31 € | 13,04 € |
3ª IDADE | A partires de 65 anos | 13,77 € | 6,53 € |
D) Servizo de masaxista:
11,03 € sesión ¿ hora. Abonados 7,17 €.
E) Cursos de pádel:
-Clase exclusiva mes para 4 alumnos de 1 sesión semanal de 1 hora: 35 €/alumno/mes.
-Clases de 1 hora:
¿ Exclusiva para 1 alumno: 35,00 €/alumno.
¿ Exclusiva para 2 alumnos: 19,00 €/alumno.
¿ Exclusiva para 3 alumnos: 14,00 €/alumno.
¿ Exclusiva para 4 alumnos: 12,00 €/alumno.
ARTIGO 4.- Normas de xestión.
1.- No caso de matriculación de varios irmáns en escolas deportivas aplicase unha bonificación do 50% a partir do segundo fillo, sendo gratuítos os restantes.
2.- A obriga de pago do prezo público regulado nesta Ordenanza nace dende que se solicita a participación no curso/escola deportiva correspondente ou desde que se solicita o servizo de masaxista especificados no artigo 3 anterior.
3.- O aboamento das autoliquidacións correspondentes os cursos e escolas deportivas realizarase na Tesourería Municipal no momento de solicitala inscrición nos mesmos.
4.- Se por causas non imputables ó obrigado o pago do prezo, o servizo ou actividade non se preste ou desenrole, procederá a devolución do importe correspondente.
ARTIGO 5.- Infraccións e Sancións.
Todo acto que implique infracción ou defraudación dos dereitos establecidosnesta Ordenanza será sancionado con multa de ata o dobre das cantidades defraudadas, sen perxuicio do pagamento dos dereitos adeudados conforme á mesma.
DISPOSICIÓN FINAL
A presente Ordenanza Fiscal, aprobada polo pleno do Concello en sesión de data