Riveira - C.1 ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS E REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DA OFICINA MUNICIPAL DE DEPORTES
ARTIGO 1.-Concepto.
De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ámbolos dous do R.D.L. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, redactados conforme a Lei 25/98, de 13 de xullo, de Modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais de Carácter Público, e no exercicio da potestade regulamentaria recoñecida a este Concello, na súa calidade de Administración Pública de carácter territorial, polos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora de Bases de Réxime Local, establecese o prezo público pola prestación de servizos e realización de actividades da Oficina Municipal de Deportes.
Constitúe o obxecto deste prezo público:
- A organización de cursos de piscina e outras actividades dirixidas de auga.
- As actividades dirixidas de sala.
- Escolas deportivas.
- Cursos de padel de adultos.
- Servizos de masaxista.
ARTIGO 2.- Obrigados ó pago.
Estarán obrigados ó pago do prezo público regulado nesta Ordenanza os usuarios dos servizos indicados no artigo anterior.
ARTIGO 3.- Contía.
A contía do prezo público regulado nesta ordenanza é o seguinte:
A) Cursos de piscina:
TIPOLOXÍA | Idade | Importe mes | Abonados O.F. B.1.9. |
ADULTOS | 24 a 64 anos | 28,40 € | 13,00 € |
XOVE | Ata 23 anos | 20,30 € | 13,00 € |
3ª IDADE | A partires 65 anos | 13,80 € | 6,50 € |
B) Escolas deportivas:
- Nenos: 58,10 € anual , 8,30 €/mes.
- Adultos: 49,50 € trimestre, 16,50 €/mes.
C) Actividades dirixidas en sala:
TIPO | Idade | Importe mes | Abonados O.F. B.1.9. |
ADULTOS | 24 a 64 anos | 28,40 € | 13,00 € (Abono adulto) 10,90 € (abono familiar) |
XOVE | Ata 23 anos | 20,30 € | 13,10 € |
3ª IDADE | A partires 65 anos | 13,80 € | 6,50 € |
D) Servizo de masaxista:
11,00 € sesión ¿ hora. Abonados 7,20 €.
E) Cursos de pádel:
- Clase exclusiva mes para 4 alumnos de 1 sesión semanal de 1 hora: 25 €/alumno/mes.
- Clase exclusiva mes para 3 alumnos de 1 sesión semanal de 1 hora: 33,50 €/alumno/mes.
- Clase exclusiva mes para 2 alumnos de 1 sesión semanal de 1 hora: 50,00 €/alumno/mes.
- Clases de 1 hora:
¿ Exclusiva para 1 alumno: 30,00 €/alumno
¿ Exclusiva para 2 alumnos: 15,00 €/alumno
¿ Exclusiva para 3 alumnos: 10,00 €/alumno
¿Exclusiva para 4 alumnos: 7,50 €/alumno
Para a fixación dos prezos de entrada ós eventos organizados pola Concellaría de Deportes terase en conta o custo dos mesmos, debendo ser estes aprobados pola Xunta de Goberno Local, de acordo co previsto no artigo 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais.
ARTIGO 4.- Normas de xestión.
1.- A obriga de pago do prezo público regulado nesta Ordenanza nace dende que se solicita a participación no curso/escola deportiva correspondente ou desde que se solicita o servizo de masaxista especificado no artigo 3 anterior.
2.- No caso de matriculación de varios irmáns en escolas deportivas aplicase unha bonificación do 50 % a partir do segundo fillo, sendo gratuítos os restantes.
3.- Este prezo público xestionarase en réxime de autoliquidación, cas seguintes especialidades:
a) As escolas deportivas para nenos aboaranse no momento da inscrición e polo total do período lectivo .
b) As escolas deportivas de adultos e os cursos de pádel aboaranse de xeito trimestral.
As baixas no servizo deberán comunicarse antes dos tres últimos días do trimestre. En caso contrario, o abonado deberá asumir o pagamento íntegro do trimestre seguinte.
En ambos casos, cando a inscrición se realice con posterioridade ao comezo do curso, o importe a abonar será rateado en función dos meses transcorridos, incluíndo no cómputo do abono o mes en que se solicite a inscrición.
4.- Se por causas non imputables ó obrigado o pago do prezo, o servizo ou actividade non se preste ou desenrole, procederá a devolución do importe correspondente.
DISPOSICIÓN FINAL.
Esta Ordenanza entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse o 1 de xaneiro do ano 2017. Estará vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.