Riveira - Ordenanza núm. 27, reguladora do Prezo Público pola prestación de servicios e realización de actividades da oficina municipal de deportes

Publicación provisional: 18/11/2003 BOP Nº: 265
Publicación definitiva: 31/12/2003 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 18/03/2011

ARTIGO 1.-Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ámbolos dous do R.D.L. 2/2004, de 5 de Marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das Facendas Locais, redactados conforme a Lei 25/98, de 13 de xullo, de Modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais de Carácter Público, e no exercicio da potestade regulamentaria recoñecida a este Concello, na súa calidade de Administración Pública de carácter territorial, polos artigos 4, 49, 70.2 e concordantes da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora de Bases de Réxime Local, establecese o prezo público pola prestación de servizos e realización de actividades da Oficina Municipal de Deportes.

Constitúe o obxecto deste prezo público:

- A organización de cursos de piscina e outras actividades dirixidas de auga

- As actividades dirixidas de sala.

- Escolas deportivas.

- Servizos de masaxista.

ARTIGO 2.- Obrigados ó pago

Estarán obrigados ó pago do prezo público regulado nesta Ordenanza os usuarios dos servizos indicados no artigo anterior.

ARTIGO 3 . Contía.

A contía do prezo público regulado nesta Ordenanza é o seguinte:

A) Cursos de piscina:

- Ata 16 anos: 18,67 euros/mes. O importe do prezo público no caso de usuarios acollidos ao abono familiar definido na Ordenanza Fiscal B.1.9, será de 12 €/ mes.

- De 17 a 65 anos: 26,14 euros/mes. O importe do prezo público no caso dos abonados -nos termos definidos na Ordenanza Fiscal B.1.9- será de 12 €/ mes.

- Terceira Idade: 12,66 € /mes. Os abonados 6 €/ mes

- Cursos intensivos de verán:

· Ata 16 anos e 3ª Idade : 29,60 euros/mes. Aboados 15 €/mes.

· Maiores: 44,82 euros/mes. Abonados 22 € mes

B) Escolas deportivas:

- Nenos: 7,47 euros/mes.

- Adultos: 14,94 euros/mes.

C) As actividades dirixidas en sala terán a contía seguinte:

- Ata 16 anos: 15 € mes.

- De 18 a 23 anos: 26.14 € mes.

- De 24 a 65 anos: 26.14 € mes.

Non obstante, o importe do prezo público no caso dos abonados ao Complexo deportivo de Fieiteira, de acordo co previsto na Ordenanza Fiscal B.1.9 abonarán10 € mes, será de dez euros/mes; o importe do prezo público no caso de usuarios acollidas ao bono familiar abonaran : 8 € mes

- 3ª Idade: 10,46 € mes.

Non obstante, o importe do prezo público no caso dos abonados ao Complexo deportivo de Fieiteira, de acordo co previsto na Ordenanza Fiscal B.1.9 abonarán10 € mes, será de seis euros/mes.

D) Servizo de masaxista:

10.00 euros sesión ¿ hora. Abonados 6,50 €.

Para a fixación dos prezos de entrada ós eventos organizados pola Concellaría de Deportes terase en conta o custo dos mesmos, debendo ser estes aprobados pola Xunta de Goberno Local, de acordo co previsto no artigo 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

ARTIGO 4.- Normas de xestión.

1.- No caso de matriculación de varios irmáns en escolas deportivas aplicase unha bonificación do 50% a partir do segundo fillo, sendo gratuítos os restantes.

2.- A obriga de pago do prezo público regulado nesta Ordenanza nace dende que se solicita a participación no curso/escola deportiva correspondente ou desde que se solicita o servizo de masaxista especificados no artigo 3 anterior.

3.- O aboamento das autoliquidacións correspondentes os cursos e escolas deportivas realizarase na Tesourería Municipal no momento de solicitala inscrición nos mesmos.

4.- Se por causas non imputables ó obrigado o pago do prezo, o servizo ou actividade non se preste ou desenrole, procederá a devolución do importe correspondente.

ARTIGO 5.- Infraccións e Sancións.

Todo acto que implique infracción ou defraudación dos dereitos establecidosnesta Ordenanza será sancionado con multa de ata o dobre das cantidades defraudadas, sen perxuicio do pagamento dos dereitos adeudados conforme á mesma.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza Fiscal, aprobada polo pleno do Concello en sesión de data 29-10-2007, entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir do día 01-01-2008, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas