Melide - ORDENANZA Nº 28.1: PREZOS PÚBLICOS ESCOLAS DEPORTIVAS

Publicación provisional: 30/12/2005 BOP Nº: 298
Publicación definitiva: 30/12/2005 BOP Nº: 298
Aplicable dende: 01/01/2006

PRIMEIRO: Tarifa

ACTIVIDADE

PREZO/MES

ACTIVIDADE

PREZO/MES

Baloncesto

10,00 €

Multiaventura

10,00 €

Fútbol Sala

10,00 €

Piragüismo de Augas Bravas

10,00 €

Tenis

10,00 €

Informática

5-10 €

Psicomotricidade

10,00 €

Manualidades

10,00 €

Patinaxe

10,00 €

Badminton

10,00 €

Pintura

10,00 €

Loitas olímpicas e kickboxing

10,00 €

Ximnasia de mantemento

10-12 €

Predeporte

10,00 €

Ballet

10,00 €

Voleibol

10,00 €

Baile Moderno

10,00 €

Tenis de mesa

10,00 €

Batuka

10,00 €

Balonman

10,00 €

Bailes de salón

10,00 €

Ioga

10,00 €

SEGUNDO:

‑ Os importes das tarifas a que ascende o prezo público son as que se fixan no cadro anterior.

TERCEIRO:

A non esixencia do depósito logo do importe total ou parcial do prezo público, como requisito para a prestación do servizo ou a realización da actividade.

CUARTO:

Declarar expresamente, conforme á memoria económico‑ financieira que acompaña á proposta, a existencia de razóns sociais, benéficas, culturais e de interese público, que así o aconsellan, para fixa‑los prezos públicos por debaixo do límite previsto no Artigo 44 do TRLFL 2/2004, dado que os prezos públicos non cubren o custo do servizo. Deberán consignarse no Orzamento do 2008, as dotacións oportunas para a cobertura da diferencia resultante, que representa o 43,09% do total do gasto de 5280 euros, resultando unha cantidade de 2275 euros, que se imputará con cargo ó crédito da partida 452.22706 do Orzamento do 2008.

QUINTO:

O prezo público comezará a esixirse ao día seguinte da súa publicación no BOP con efectos do 01 de febreiro de 2008 e a mes vencido.

SEXTO:

Declarar expresamente á remisión ao disposto na Ordenanza núm. 28 xeral reguladora do establecemento ou modificación dos prezos públicos do Concello de Mellide e nas disposicións legais vixentes.

SÉPTIMO:

Liña de descontos aos prezos públicos aprobados como contraprestación pola realización de Escolas Deportivas e que se especifica no seguinte cadro:

Aquelas familias, inscritas en máis de dúas actividades, terán un 30% de desconto no resto das actividades nas que se atopen apuntadas. Os descontos realizaranse en función das prioridades escollidas ao cubrir a ficha de inscrición, aplicando este 30% na terceira e sucesivas actividades reflectidas na ficha.

Aquelas familias, con tres ou máis membros inscritos nas Escolas Deportivas, terán un 35% de desconto no total da cota familiar. Este desconto non será de aplicación conxuntamente co do parágrafo anterior.

As persoas que participen nalgunha actividade a metade das horas ao mes, se lles practicará unha reducción no prezo do 50%.

No caso da actividade de ximnasia de mantenemento a tarifa e 12 €/mes é de aplicación para as sesións de 3 horas semanais e a tarifa de 10 €/mes é de aplicación para as sesións de 2 horas semanais.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

Esta ordenanza 28.1 relativa ós prezos públicos das escuelas deportivas e un desarrollo da ordenanza xeral núm. 28, reguladora do establecemento ou modificación dos prezos públicos do Concello de Melide.