Melide - ORDENANZA Nº 28.1: PREZOS PÚBLICOS ESCOLAS DEPORTIVAS
Primeiro: Tarifa
Nas actividades que se impartan 2 horas semanais, o prezo público será de 12,38 euros, e nas actividades que se impartan 3 horas semanais, o prezo público será de 15,48 euros.
O importe a aboar polos usuarios das actividades maiores de 60 anos será de 3 euros ao mes por actividade; en caso de asistir a máis dunha actividade o custo será de 5 euros ao mes.
Segundo:
Non se esixe depósito previo para a realización da actividade.
Terceiro:
Declárase expresamente a existencia de razóns culturais e de interese público que aconsellan a fixación do prezo público por debaixo do custo da actividade.
Cuarto:
A modificación do prezo público entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no BOP, e comezará a esixirse o día 1 do mes seguinte (salvo que entre en vigor o día 1 do mes que corresponda, en cuxo caso esixirase dende o dito mes) para os recibos que se emitan no dito mes.
Quinto:
Para o non previsto neste apartado, estarase ao disposto na Ordenanza Xeral número 28, xeral reguladora do establecemetno ou modificación dos prezos públicos do Concello de Melide.
Sexto: Liña de descontos aos prezos públicos aprobados
Aquelas persoas inscritas en máis de dúas actividades terán un 20% de desconto na cota total que corresponda polas ditas actividades.
Aquelas familias con tres ou máis membros inscritos nas Escolas deportivas, terán un 30% de desconto no total da cota familiar. Este desconto non será de aplicación conxuntamente co do parágrafo anterior.
Ás persoas que participen nalgunha actividade a metade das horas ao mes se lles aplicará unha reducción no prezo do 50%.
Sétimo:
O cobramento deste prezo público esixirase mediante domiciliación bancaria, emitíndose o recibo nos primeiros sete días do mes seguinte a que corresponda.
No caso de devolución de recibos poderá facerse efectivo o importe na Caixa da Corporación municipal nos 10 días seguintes á devolución do recibo, e sempre antes da nova orde bancaria que se efectuará dende os servizos económicos.
En caso de devolución de recibo por dúas veces sen terse aboado tampouco o importe na Caixa corporación dará lugar á baixa da dita persoa/s en todas as actividades das escolas deportivas.
Oitavo:
A solicitude de baixa nas actividades deberá presentarse por escrito e rexistrarse no Concello, e surtirá efectos no mes seguinte á data da comunicación.
Noveno:
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
Esta ordenanza 28.1 relativa ós prezos públicos das escuelas deportivas e un desarrollo da ordenanza xeral núm. 28, reguladora do establecemento ou modificación dos prezos públicos do Concello de Melide.