Melide - ORDENANZA Nº 28.1: PREZOS PÚBLICOS ESCOLAS DEPORTIVAS

Publicación provisional: 30/12/2005 BOP Nº: 298
Publicación definitiva: 30/12/2005 BOP Nº: 298
Aplicable dende: 10/10/2018

Primeiro: Inscrición

A inscrición deberá realizarse por escrito en modelo normalizado e presentarse no Rexistro do Concello de Melide xunto co certificado do número de conta no que se efectuarán os pagamentos das actividades das escolas deportivas e culturais.

Segundo: prazos de inscrición

Os prazos de inscricións veñen recollidos no seguinte cadro:

Do 1 ao 19 de setembro

1º prazo de inscrición nas actividades

4 días naturais contados a partir do día seguinte ao remate do prazo de inscrición

Publicación da lista provisional de admitidos/as no taboleiro do Concello de Melide e no taboleiro informativo do Edificio Multiusos

4 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación das listas provisionais

Prazo de reclamacións

4 días naturais contados a partir do día seguinte ao remate do prazo de reclamacións e sempre antes de que comecen as actividades

Publicación da lista definitiva de admitidos/as no taboleiro do Concello de Melide e no taboleiro informativo do Edificio Multiusos

1 de outubro

Comezo das actividades e apertura do 2.º prazo de inscrición, que permanecerá aberto até o último día do mes de abril (sempre e cando non coincida en sábado ou domingo)

Unha vez publicadas as listas provisionais de admitidos/as, os solicitantes terán un prazo de 4 días naturais para presentar reclamacións.

Unha vez remate o prazo de presentación de reclamacións, estas resolveranse no prazo máximo de 4 días naturais (sempre antes do comezo das actividades) e publicaranse as listas definitivas de admitidos/as no taboleiro de anuncios do Concello de Melide e no taboleiro informativo do Edificio Multiusos, sempre antes do día de comezo das actividades.

Unha vez publicadas as listas definitivas de admitidos/as nas escolas deportivas e culturais, abrirase novamente a inscrición nas escolas e esta quedará aberta até o último día do mes de abril.

Terceiro: Inicio e clausura de actividades

As escolas deportivas e culturais terán lugar desde o 1 de outubro (sempre que este non coincida sábado ou domingo) ata o último venres do mes de maio, coincidindo coa clausura destas.

Cuarto: Admisión de participantes

A admisión de participantes nas distintas actividades das escolas deportivas e culturais do Concello de Melide farase tendo en conta estritamente a orde de entrada de solicitudes no Rexistro do concello.

Os/as solicitantes que non consigan praza nas escolas deportivas e culturais, quedarán en listaxe de espera tendo en conta a orde de entrada das solicitudes no Rexistro. No momento que se produza algunha baixa tirarase da lista de espera respectando a orde de entrada no Rexistro do Concello.

Quinto: Horario

O horario das actividades establecerao a Concellaría de Cultura e Deportes antes do comezo do periodo de inscrición e pode sufrir pequenas variacións, sendo de 2 horas á semana a duración de cada unha das actividades, non existindo a posibilidade de anotarse só a 1 hora á semana por actividade.

Non obstante, para as actividades específicas de HIPOPRESIVO e EXERCICIOS DE PESAS E SENTADILLAS, a duración de cada unha delas será de 1,5 horas á semana, non existindo a posibilidade de anotarse só a 45 minutos á semana por actividade.

Sexto: Tarifa

No caso de que unha actividade comece unha vez iniciado o mes, cobraráselle ao usuario a parte proporcional do custe total da actividade.

O prezo público para cada unha das actividades será de 12,38 €/mes, excepto para as seguintes ACTIVIDADES PARA ADULTOS (15 €/mes):

ACTIVIDADE

PREZO/mes

JUMPING

15,00 €

CROSS FIT

15,00 €

HIPOPRESIVO

15,00 €

EXERCICIOS EN SUSPENSIÓN

15,00 €

EXERCICIOS DE PESAS E SENTADILLAS

15,00 €

Sétimo:

Non se exixe depósito previo para a realización da actividade.

Oitavo:

Declárase expresamente a existencia de razón culturais e de interese público que aconsellan a fixación do prezo público por debaixo do custo da actividade.

Noveno:

A modificación do prezo público entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no BOP, e comezará a exixirse o día 1 do mes seguinte (salvo que entre en vigor o día 1 do mes que corresponda, en cuxo caso exixirase desde o dito mes) para os recibos que se emitan no dito mes.

Décimo:

Para o non previsto neste apartado, estarase ao disposto na ordenanza xeral número 28, xeral reguladora do establecemento ou modificación dos prezos públicos do Concello de Melide.

Décimo primeiro: Liña de descontos aos prezos públicos aprobados

- Aquelas persoas inscritas en máis de dúas actividades terán un 20% de desconto na cota total que corresponda polas ditas actividades.

- Aquelas familias con tres ou máis membros inscritos nas escolas deportivas terán un 30 % de descontó no total da cota familiar. Este desconto non será de aplicación conxuntamente co do parágrafo anterior.

- As persoas que participen nalgunha actividade a metade das horas ao mes aplicaráselles unha redución no prezo do 50 %, agás nas actividades de pilates, ioga, step, batuka, aeróbic, baile galego, pintura e teatro.

Os decontos só serán aplicables naquelas actividades nas que o usuario/a estea inscrito nas dúas horas."

Décimo segundo:

O cobramento deste prezo público exixirase mediante domiciliación bancaria, emitíndose o recibo nos primeiros sete días do mes seguinte a que corresponda.

No caso de devolución de recibos, o importe deberase facer efectivo na caixa Corporación municipal no prazo de 10 días tras a recepción da comunicación por escrito.

O non ter aboado o importe no prazo solicitado dará lugar á baixa da dita persoa/s en todas as actividades das escolas deportivas e culturais.

Décimo terceiro:

A solicitude de baixa ou alta nas actividades deberá presentarse por escrito e rexistrarse no Concello, e terá efectos no mes seguinte á data da comunicación.

Décimo cuarto:

Non procederá darse de alta en actividade ningunha de non ter ao día as cotas do curso anterior, podendo efectuarse neste caso o pagamento das cotas pendentes na caixa corporación do Concello de Melide".

Décimo quinto:

O Concello de Melide outórgase o dereito de cancelar algunha das actividades por falta de participación, así como o de ampliar a oferta doutras actividades ao longo de todo o curso.

A modificación da oferta de actividades tras ser aprobada polo órgano competente, publicarase no taboleiro de edictos do Concello de Melide e abrirase o prazo de inscricións ao día seguinte ao da publicación do anuncio. O prazo de inscrición quedará aberto até o final do curso.

A solicitude de alta nas actividades deberá presentarse por escrito e rexistrarse no Concello e terá efectos para o inicio das clases da nova actividade si esta se inicia unha vez empezado o mes ou no mes seguinte á data da comunicación para o resto dos meses.

Antes de comezar as clases aprobarase a lista de admitidos e a lista de espera de cada unha das actividades que se publicará no taboleiro de editos do Concello de Melide e no taboleiro de anuncios do Edificio Multiusos.

A admisión de participantes nas distintas actividades das escolas deportivas e culturais do Concello de Melide farase tendo en conta estritamente a orde de entrada de solicitudes no Rexistro do concello.

Os/as solicitantes que non consigan praza nas escolas deportivas e culturais, quedarán en listaxe de espera tendo en conta a orde de entrada das solicitudes no Rexistro. No momento que se xenere algunha baixa tirarase da lista de espera respetando a orde de entrada no Rexistro do Concello.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

Esta ordenanza 28.1 relativa ós prezos públicos das escuelas deportivas e un desarrollo da ordenanza xeral núm. 28, reguladora do establecemento ou modificación dos prezos públicos do Concello de Melide.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

BOP nº 167 de 04/09/2017:

Erro na publicación da redacción da aprobación da modificación da ordenanza 28.1 de prezos públicos das Escolas Deportivas/Culturais do Concello de Melide, publicada no BOP da Coruña número 154 de data 16 de agosto de 2017.