Melide - ORDENANZA Nº 28.1: PREZOS PÚBLICOS ESCOLAS DEPORTIVAS
Primeiro: Inscrición
A inscrición deberá realizarse por escrito en modelo normalizado e presentarse no Rexistro do Concello de Melide xunto co certificado do número de conta no que se efectuarán os pagamentos das actividades das escolas deportivas e culturais.
Segundo: prazos de inscrición
Os prazos de inscricións veñen recollidos no seguinte cadro:
Do 1 ao 19 de setembro | 1º prazo de inscrición nas actividades |
4 días naturais contados a partir do día seguinte ao remate do prazo de inscrición | Publicación da lista provisional de admitidos/as no taboleiro do Concello de Melide e no taboleiro informativo do Edificio Multiusos |
4 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación das listas provisionais | Prazo de reclamacións |
4 días naturais contados a partir do día seguinte ao remate do prazo de reclamacións e sempre antes de que comecen as actividades | Publicación da lista definitiva de admitidos/as no taboleiro do Concello de Melide e no taboleiro informativo do Edificio Multiusos |
1 de outubro | Comezo das actividades e apertura do 2.º prazo de inscrición, que permanecerá aberto até o último día do mes de abril (sempre e cando non coincida en sábado ou domingo) |
Unha vez publicadas as listas provisionais de admitidos/as, os solicitantes terán un prazo de 4 días naturais para presentar reclamacións.
Unha vez remate o prazo de presentación de reclamacións, estas resolveranse no prazo máximo de 4 días naturais (sempre antes do comezo das actividades) e publicaranse as listas definitivas de admitidos/as no taboleiro de anuncios do Concello de Melide e no taboleiro informativo do Edificio Multiusos, sempre antes do día de comezo das actividades.
Unha vez publicadas as listas definitivas de admitidos/as nas escolas deportivas e culturais, abrirase novamente a inscrición nas escolas e esta quedará aberta até o último día do mes de abril.
Terceiro: Inicio e clausura de actividades
As escolas deportivas e culturais terán lugar desde o 1 de outubro (sempre que este non coincida sábado ou domingo) ata o último venres do mes de maio, coincidindo coa clausura destas.
Cuarto: Admisión de participantes
A admisión de participantes nas distintas actividades das escolas deportivas e culturais do Concello de Melide farase tendo en conta estritamente a orde de entrada de solicitudes no Rexistro do concello.
Os/as solicitantes que non consigan praza nas escolas deportivas e culturais, quedarán en listaxe de espera tendo en conta a orde de entrada das solicitudes no Rexistro. No momento que se produza algunha baixa tirarase da lista de espera respectando a orde de entrada no Rexistro do Concello.
Quinto: Horario
O horario das actividades establecerao a Concellaría de Cultura e Deportes antes do comezo do periodo de inscrición e pode sufrir pequenas variacións, sendo de 2 horas á semana a duración de cada unha das actividades. Non existindo a posibilidade de anotarse só a 1 hora á semana por actividade.
Sexto: Tarifa
No caso de que unha actividade comece unha vez iniciado o mes, cobraráselle ao usuario a parte proporcional do custe total da actividade.
O prezo público para cada unha das actividades será de 12,38 €/mes, excepto para:
ACTIVIDADES PARA ADULTOS:
ACTIVIDADE | PREZO/mes |
JUMPING | 15,00 € |
CROSS FIT | 15,00 € |
HIPO PROGRESIVO | 15,00 € |
TRX | 15,00 € |
Sétimo:
Non se exixe depósito previo para a realización da actividade.
Oitavo:
Declárase expresamente a existencia de razón culturais e de interese público que aconsellan a fixación do prezo público por debaixo do custo da actividade.
Noveno:
A modificación do prezo público entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no BOP, e comezará a exixirse o día 1 do mes seguinte (salvo que entre en vigor o día 1 do mes que corresponda, en cuxo caso exixirase desde o dito mes) para os recibos que se emitan no dito mes.
Décimo:
Para o non previsto neste apartado, estarase ao disposto na ordenanza xeral número 28, xeral reguladora do establecemento ou modificación dos prezos públicos do Concello de Melide.
Décimo primeiro: Liña de descontos aos prezos públicos aprobados
- Aquelas persoas inscritas en máis de dúas actividades terán un 20% de desconto na cota total que corresponda polas ditas actividades.
- Aquelas familias con tres ou máis membros inscritos nas escolas deportivas terán un 30 % de descontó no total da cota familiar. Este desconto non será de aplicación conxuntamente co do parágrafo anterior.
- As persoas que participen nalgunha actividade a metade das horas ao mes aplicaráselles unha redución no prezo do 50 %, agás nas actividades de pilates, ioga, step, batuka, aeróbic, baile galego, pintura e teatro.
Os decontos só serán aplicables naquelas actividades nas que o usuario/a estea inscrito nas dúas horas."
Décimo segundo:
O cobramento deste prezo público exixirase mediante domiciliación bancaria, emitíndose o recibo nos primeiros sete días do mes seguinte a que corresponda.
No caso de devolución de recibos, o importe deberase facer efectivo na caixa Corporación municipal no prazo de 10 días tras a recepción da comunicación por escrito.
O non ter aboado o importe no prazo solicitado dará lugar á baixa da dita persoa/s en todas as actividades das escolas deportivas e culturais.
Décimo terceiro:
A solicitude de baixa ou alta nas actividades deberá presentarse por escrito e rexistrarse no Concello, e terá efectos no mes seguinte á data da comunicación.
Décimo cuarto:
Non procederá darse de alta en actividade ningunha de non ter ao día as cotas do curso anterior, podendo efectuarse neste caso o pagamento das cotas pendentes na caixa corporación do Concello de Melide".
Décimo quinto:
A modificación da oferta de actividades tras ser aprobada polo órgano competente, publicarase no taboleiro de edictos do Concello de Melide e abrirase o prazo de inscricións ao día seguinte ao da publicación do anuncio. O prazo de inscrición quedará aberto até o final do curso.
A solicitude de alta nas actividades deberá presentarse por escrito e rexistrarse no Concello e terá efectos para o inicio das clases da nova actividade si esta se inicia unha vez empezado o mes ou no mes seguinte á data da comunicación para o resto dos meses.
Antes de comezar as clases aprobarase a lista de admitidos e a lista de espera de cada unha das actividades que se publicará no taboleiro de editos do Concello de Melide e no taboleiro de anuncios do Edificio Multiusos.
A admisión de participantes nas distintas actividades das escolas deportivas e culturais do Concello de Melide farase tendo en conta estritamente a orde de entrada de solicitudes no Rexistro do concello.
Os/as solicitantes que non consigan praza nas escolas deportivas e culturais, quedarán en listaxe de espera tendo en conta a orde de entrada das solicitudes no Rexistro. No momento que se xenere algunha baixa tirarase da lista de espera respetando a orde de entrada no Rexistro do Concello.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
Esta ordenanza 28.1 relativa ós prezos públicos das escuelas deportivas e un desarrollo da ordenanza xeral núm. 28, reguladora do establecemento ou modificación dos prezos públicos do Concello de Melide.
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
BOP nº 167 de 04/09/2017:
Erro na publicación da redacción da aprobación da modificación da ordenanza 28.1 de prezos públicos das Escolas Deportivas/Culturais do Concello de Melide, publicada no BOP da Coruña número 154 de data 16 de agosto de 2017.