Melide - ORDENANZA Nº 28.1: PREZOS PÚBLICOS ESCOLAS DEPORTIVAS

Publicación provisional: 30/12/2005 BOP Nº: 298
Publicación definitiva: 30/12/2005 BOP Nº: 298
Aplicable dende: 22/09/2010

Primeiro: Tarifa

Nas actividades que se impartan 2 horas semanais, o prezo público será de 12 euros, e nas actividades que se impartan 3 horas semanais, o prezo público será de 15 euros.

Segundo:

Non se esixe depósito previo para a realización da actividade.

Terceiro:

Declárase expresamente a existencia de razóns culturais e de interese público que aconsellan a fixación do prezo público por debaixo do custo da actividade.

Cuarto:

A modificación do prezo público entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no BOP, e comezará a esixirse o día 1 do mes seguinte (salvo que entre en vigor o día 1 do mes que corresponda, en cuxo caso esixirase dende o dito mes) para os recibos que se emitan no dito mes.

Quinto:

Para o non previsto neste apartado, estarase ao disposto na Ordenanza Xeral número 28, xeral reguladora do establecemetno ou modificación dos prezos públicos do Concello de Melide.

Sexto: Liña de descontos aos prezos públicos aprobados

Aquelas persoas inscritas en máis de dúas actividades terán un 20% de desconto na cota total que corresponda polas ditas actividades.

Aquelas familias con tres ou máis membros inscritos nas Escolas deportivas, terán un 30% de desconto no total da cota familiar. Este desconto non será de aplicación conxuntamente co do parágrafo anterior.

Ás persoas que participen nalgunha actividade a metade das horas ao mes se lles aplicará unha reducción no prezo do 50%.

Sétimo:

O cobramento deste prezo público esixirase mediante domiciliación bancaria, emitíndose o recibo nos primeiros sete días do mes seguinte a que corresponda.

No caso de devolución de recibos poderá facerse efectivo o importe na Caixa da Corporación municipal nos 10 días seguintes á devolución do recibo, e sempre antes da nova orde bancaria que se efectuará dende os servizos económicos.

En caso de devolución de recibo por dúas veces sen terse aboado tampouco o importe na Caixa corporación dará lugar á baixa da dita persoa/s en todas as actividades das escolas deportivas.

Oitavo:

A solicitude de baixa nas actividades deberá presentarse por escrito e rexistrarse no Concello, e surtirá efectos no mes seguinte á data da comunicación.

Noveno:

Non procederá darse de alta en actividade ningunha de non ter ao día as cotas do curso anterior, podendo efectuarse neste caso o pagamento das cotas pendentes na Caixa corporación do Concello de Melide

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

Esta ordenanza 28.1 relativa ós prezos públicos das escuelas deportivas e un desarrollo da ordenanza xeral núm. 28, reguladora do establecemento ou modificación dos prezos públicos do Concello de Melide.