Betanzos - ORDENANZA FISCAL Nº 11, REGULADORA DA TAXA POLA APERTURA DE GABIAS, PROSPECCIONS E CALAS EN TERREOS DE USO PUBLICO, ASI COMO AS REMEXEDURAS DE PAVIMENTOS OU BEIRARRUAS NA VIA PUBLICA
Artigo 1.º Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible desta taxa:
a) A apertura de gabias, exploracións e calas en terreos de uso público, calquera, que sexa a clase de pavimento que exista no lugar onde se realizan as obras.
b) A remoción de beirarrúas ou de pavimentos nas vías públicas
Artigo 2.º Suxeitos pasivos
Se o aproveitamento se realizase sen obter licenza, considerarase que ten a condición de suxeito pasivo o titular da empresa que execute as obras ou o dono e estas, se for coñecido.
Artigo 3.º Base impoñible e cota tributaria
A base e a cota tributaría determinaranse de acordo coa seguinte tarifa.
1. En vías públicas pavimentadas: cada m² ou fracción/día | 1,31 € |
2. En vías públicas non pavimentadas: cada m² ou fracción/día | 1,15 € |
3. En beirarrúas: cada m² ou fracción/día | 1,49 € |
Artigo 4.º Remuneración
A taxa percibirase na súa totalidade no momento de solicitarse a licenza ou ao iniciarse o aproveitamento, aínda cando non se obtivese a correspondente licenza. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación. No momento de presentación das solicitudes a taxa ten que estar abonada polos suxeitos pasivos e débese presentar o xustificante xunto coa solicitude. Os escritos recibidos que non veñan debidamente cubertos serán admitidos provisionalmente, pero non poderá dárselles curso sen que se emende a deficiencia. Con este fin, requerirase ao interesado para que, nun prazo de 10 días abone as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido o devandito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
Disposición final
A presente Ordenanza, foi aprobada con data vinte de decembro de 2001 e comezará a rexer con efectos do día 1 de xaneiro de 2002 e producirá efectos en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación.