Outes - Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de actividades culturais e deportivas
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
Consonte os artigos 41 a 47 e 127 da Lei reguladora de facendas locais (texto refundido aprobado polo Rdl 2/2004, do 5 de marzo -en diante, LRFL), este Concello establece o prezo público pola realización de actividades culturais e deportivas.
Artigo 2.-Concepto.
O prezo público constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que satisfarán os usuarios que voluntariamente soliciten participar nas activivades culturais e deportivas promovidas pola Corporación.
Artigo 3.-Obrigados ao pago.
Están obrigados ao pago do prezo público as persoas físicas ou xurídicas (entidades, clubes, federacións, etc.) que soliciten a participación nas anteditas actividades.
Artigo 4.º.-Importe dos prezos públicos.
Tarifas das actividades programadas
ACTIVIDADE | IMPORTE MENSUAL POR USUARIO |
Bailes de salón | 12,00 € |
Baile rexional | 6,00 € |
Pintura | 12,00 € |
Manualidades | 6,00 € |
Corte e confección | 6,00 € |
Informática | 6,00 € |
Solfeo | 6,00 € |
Gaita e percusión | 6,00 € |
Pandeireta e canto | 6,00 € |
Acordeón | 6,00 € |
Zanfoña | 6,00 € |
Fútbol | 6,00 € |
Fútbol-sala | 6,00 € |
Ping-pong | 6,00 € |
Badminton | 6,00 € |
Patinaxe | 6,00 € |
Baloncesto | 6,00 € |
Piragüismo | 6,00 € |
Predeporte e xogos infantís | 6,00 € |
Vela | 40,00 € (total da actividade) |
Monitor de tempo libre | 280,00 € (total da actividade) |
Campamento urbano | 60,00 € |
Excursións fóra do municipio do campamento urbano | 10,00 € |
Ximnasia global alternativa | 10,00 € |
Ortofonía e dicción | 30,00 € |
a) As persoas que participen simultáneamente en dúas actividades das recollidas na táboa anterior gozarán dunha redución dun 50% no prezo da que teña un prezo mensual inferior. As que participen simultáneamente en tres ou mais actividades terán unha redución do 50% en cada unha delas.
Establécese unha bonificación do 100% na tarifa do campamento urbano para os participantes que sexan vecinos de Outes. Esta bonificación non é aplicable á tarifa polas excursións que se realicen fóra do termo municipal e se organicen no marco do antedito campamento.
b) A obrigación de pagamento nacerá o día primeiro de cada mes, ou cando solicite a alta na actividade o usuario, sen que as cotas mensuais sexan prorrateables por periodos inferiores ao mes . Se o usuario solicita a baixa antes do día 10 de cada mes, non xurdirá a obriga de pagamento de dito mes.
c) En ningún caso as tarifas serán prorrateables por períodos inferiores ao mes.
d) O pagamento realizarase con periodicidade trimestral, unha vez vencido cada trimestre natural. O prazo de pago abranguerá o mes seguinte ao de cada trimestre.
e) Os prezos polas excursións organizadas no campamento urbano esixiranse en réxime de depósito previo que se realizará, mediante autoliquidación, cando se solicite a prestación do servizo e, en todo caso, antes do seu comezo.
Tarifas da Escola de música
ÁREA | IMPORTE MENSUAL POR USUARIO |
Música activa | 20,00 € |
Linguaxe musical | 20,00 € |
Formación instrumental (cada instrumento considerarase unha área) | 20,00 € |
Harmonía e composición | 20,00 € |
a) As persoas que participen simultáneamente en dúas ou mais áreas das recollidas na táboa anterior gozarán dunha redución dun 50% no prezo da segunda e seguintes areas nas que se incriban. Cando se inscriban dúas ou mais persoas que sexan irmáns, o segundo e sucesivos irmáns gozarán dunha redución do 50% nas áreas nas que se inscriban."
b) A obriga de pagamento xurdirá o día primeiro de cada mes, ou cando solicite a alta na actividade o usuario, sen que as cuotas mensuais sexan prorrateables por periodos inferiores ao mes. Se o usuario solicita a baixa antes do día 10 de cada mes, non xurdirá a obriga de pagamento de dito mes.
c) En ningún caso as tarifas serán prorrateables por períodos inferiores ao mes.
d) O pagamento realizarase con periodicidade mensual. O prazo de pago abranguerá o mes seguinte."
Entrada en vigor
Este acordo entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.