Outes - Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de actividades culturais e deportivas

Publicación provisional: 13/02/2002 BOP Nº: 36
Publicación definitiva: 13/02/2002 BOP Nº: 36
Aplicable dende: 27/06/2012

Artigo 1.º .-Concepto.

a) De acordo co disposto no artigo 41 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece o prezo público pola prestación de actividades culturais e deportivas, que se rexerá polo que dispón esta ordenanza.

b) Poderán ser usuarios de tales actividades culturais ou deportivas tódalas persoas físicas e xurídicas que soliciten do servicio a súa participación nestas.

Artigo 2.º .-Suxeitos obrigados ó pagamento.

Son suxeitos obrigados ó pagamento as persoas físicas e xurídicas que, tendo solicitado a súa participación nas actividades culturais ou deportivas organizadas, sexan admitidas polo servicio correspondente.

Artigo 3.º .-Actividades gravadas.

Esixiránse os correspondentes prezos públicos pola participación nas actividades culturais seguintes:
1.- Actividades musicais: Bailes de salón, baile rexional, solfeo, gaita e percusión, pandeireta e canto, e outras análogas
2.- Actividades manuais: Pintura, manualidades, corte e confección, e outras análogas
3.- Actividades formativas: Informática, curso de monitor de tempo libre e outras análogas.
4.- Actividades deportivas: Fútbol, fútbol-sala, tenis de mesa, badminton, patinaxe, baloncesto, piragüismo, vela, predeporte e xogos infantís, e outras análogas.
5.- Outras actividades: campamento urbano e outras análogas.

Artigo 4.º .-Contías das actividades gravadas.

1. Tarifas das actividades programadas:

ACTIVIDADE

IMPORTE MENSUAL

Bailes de salón

12,00 €

Baile rexional

6,00 €

Pintura

12,00 €

Manualidades

6,00 €

Corte e confección

6,00 €

Informática

6,00 €

Solfeo

6,00 €

Gaita e percusión

6,00 €

Pandeireta e canto

6,00 €

Fútbol

6,00 €

Fútbol-sala

6,00 €

Ping-pong

6,00 €

Badminton

6,00 €

Patinaxe

6,00 €

Baloncesto

6,00 €

Piragüismo

6,00 €

Predeporte e xogos infantís

6,00 €

Vela

40,00 € (total da actividade)

Monitor de tempo libre

280,00 € (total da actividade)

Campamento urbano

60,00 €

Excursións fóra do municipio do campamento urbano

10,00 €

a) As persoas que participen simultáneamente en dúas actividades das recollidas na táboa anterior gozarán dunha redución dun 50% no prezo da que teña un prezo mensual inferior. As que participen simultáneamente en tres ou mais actividades terán unha redución do 50% en cada unha delas.

Establécese unha bonificación do 100% na tarifa do campamento urbano para os participantes que sexan vecinos de Outes. Esta bonificación non é aplicable á tarifa polas excursións que se realicen fóra do termo municipal e se organicen no marco do antedito campamento.

b) A obrigación de pagamento nacerá o día primeiro de cada mes, ou cando solicite a alta na actividade o usuario, sin que as cuotas mensuais sexan prorrateables por periodos inferiores ó mes . Si o usuario solicita a baixa antes do día 10 de cada mes, non xurdirá a obriga de pagamento de dito mes.

c) En ningún caso as tarifas serán prorrateables por períodos inferiores ao mes.

d) O pagamento realizarase con periodicidade trimestral, unha vez vencido cada trimestre natural. O plazo de pago abranguerá o mes seguinte ao de cada trimestre.

e) Os prezos polas excursións organizadas no campamento urbano esixiranse en réxime de depósito previo que se realizará, mediante autoliquidación, cando se solicite a prestación do servizo e, en todo caso, antes do seu comezo.

2. Tarifas da Escola de música:

AREA

IMPORTE MENSUAL

Música activa

20,00 €

Linguaxe musical

20,00 €

Formación instrumental (cada instrumento considerarase unha área)

20,00 €

Harmonía e composición

20,00 €

a) As persoas que participen simultáneamente en dúas ou mais áreas das recollidas na táboa anterior gozarán dunha redución dun 50% no prezo da segunda e seguintes areas nas que se incriban. Cando se inscriban dúas ou mais persoas que sexan irmáns, o segundo e sucesivos irmáns gozarán dunha redución do 50% nas áreas nas que se inscriban."

b) A obriga de pagamento xurdirá o día primeiro de cada mes, ou cando solicite a alta na actividade o usuario, sen que as cuotas mensuais sexan prorrateables por periodos inferiores ao mes. Se o usuario solicita a baixa antes do día 10 de cada mes, non xurdirá a obriga de pagamento de dito mes.

c) En ningún caso as tarifas serán prorrateables por períodos inferiores ao mes.

d) O pagamento realizarase con periodicidade mensual. O prazo de pago abranguerá o mes seguinte."

 

Artigo 5.º .-Obriga de pagamento.

A obriga de pagamento nace dende que se inicia a prestación da actividade cultural ou deportiva, se ben este Concello poderá esixi-lo depósito previo no momento da inscrición.

Artigo 6.º .-Normas de xestión: pagamento.

Unha vez que exista o número mínimo de persoas preinscritas que faga posible e viable a realización da actividade cultural ou deportiva anteriormente regulamentada, os interesados en participar, e sempre por rigorosa orde de preinscrición, deberán presentar para a súa inscrición definitiva a documentación esixida xunto co documento acreditativo do pagamento do prezo público correspondente, regulado na presente ordenanza. A presentación en prazo da citada documentación suporá a inscrición na actividade.

O pagamento do prezo público farase no momento da inscrición, en calquera entidade colaboradora do Concello.

As débedas non satisfeitas nos termos deste artigo esixiranse por vía de constrinximento, de acordo co que dispón o Regulamento xeral de recadación.

Artigo 7.º .-Outras obrigas.

Os solicitantes das actividades deberán estar ó corrente do pagamento das débedas contraídas co Concello de Outes.

Nos supostos en que a actividade a desenvolver non se encontre tarifada na presente ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, delégase na Comisión de Goberno, conforme ó artigo 23.2 b) da Lei 7/85, do 2 de abril, o establecemento da tarifa a proposta do servicio correspondente co previo informe da Intervención municipal.

Disposición final.

Derógase o artigo 6º da citada Ordenanza.

O presente acordo entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2010, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación.

Modificación BOP nº 121, 27/06/2012:

Este acordo entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.