Outes - Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de actividades culturais e deportivas

Publicación provisional: 13/02/2002 BOP Nº: 36
Publicación definitiva: 13/02/2002 BOP Nº: 36
Aplicable dende: 17/10/2014

Artigo 1. Fundamento e natureza

Consonte os artigos 41 a 47 e 127 da Lei reguladora de facendas locais (texto refundido aprobado polo Rdl 2/2004, do 5 de marzo -en diante, LRFL), este Concello establece o prezo público pola realización de actividades culturais e deportivas.

Artigo 2. Concepto

O prezo público constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que satisfarán os usuarios que voluntariamente soliciten participar nas activivades culturais e deportivas promovidas pola Corporación.

Artigo 3. Obrigados ao pago

Están obrigados ao pago do prezo público as persoas físicas ou xurídicas (entidades, clubes, federacións, etc) que soliciten a participación nas anteditas actividades.

Artigo 4. Contía das tarifas e réxime de pago

1. Tarifas das actividades programadas:

Actividade

Importe mensual

Bailes de salón

12,00 €

Baile galego

6,00 €

Pintura

12,00 €

Manualidades

6,00 €

Corte e confección

6,00 €

Informática

6,00 €

Solfeo

6,00 €

Gaita e percusión

6,00 €

Pandeireta e canto

6,00 €

Fútbol

6,00 €

Fútbol-sala

6,00 €

Ping-pong

6,00 €

Badminton

6,00 €

Patinaxe

6,00 €

Baloncesto

6,00 €

Piragüismo

6,00 €

Predeporte e xogos infantís

6,00 €

Curso monitor de tempo libre

280,00 € (por curso)

Campamento urbano

60,00 € (pola actividade)

Excursións do camp. urbano fóra do municipio

10,00 € (por excursión)

Ximnasia global alternativa

10,00 €

a) As persoas que participen simultáneamente en dúas actividades das recollidas na táboa anterior gozarán dunha redución dun 50% no importe da que teña un prezo mensual inferior. As que participen simultáneamente en tres ou máis actividades terán unha redución do 50% en cada unha delas.

Os veciños de Outes teñen dereito a unha bonificación do 100% na tarifa do campamento urbano, bonificación que non é aplicable á tarifa polas excursións fóra do municipio que se realicen no marco do campamento

b) A obrigación de pagamento nacerá o día primeiro de cada mes ou cando solicite a alta na actividade o usuario, sen que as cotas mensuais sexan prorrateables por periodos inferiores ao mes . Se o usuario solicita a baixa antes do día 10 de cada mes, non xurdirá a obriga de pagamento de dito mes.

c) O pagamento realizarase con periodicidade trimestral, unha vez vencido cada trimestre natural. O prazo de pago será o mes seguinte ao de cada trimestre.

d) Os prezos polas excursións organizadas no campamento urbano esixiranse en réxime de depósito previo que se realizará, mediante autoliquidación, cando se solicite a prestación do servizo e, en todo caso, antes do seu comezo.

2. Tarifas da Escola de música:

Área

Importe mensual

Música activa

20,00 €

Linguaxe musical

20,00 €

Formación instrumental (cada instrumento considérase unha área)

20,00 €

Harmonía e composición

20,00 €

a) As persoas que participen simultáneamente en dúas ou mais áreas das recollidas na táboa anterior gozarán dunha redución dun 50% no prezo da segunda e seguintes areas nas que se incriban. Cando se inscriban dous ou máis irmáns, o segundo e sucesivos gozarán dunha redución do 50% nas áreas nas que se inscriban.

b) A obriga de pagamento xurdirá o día primeiro de cada mes, ou cando solicite a alta na actividade o usuario, sen que as cuotas mensuais sexan prorrateables por periodos inferiores ao mes. Se o usuario solicita a baixa antes do día 10 de cada mes, non xurdirá a obriga de pagamento de dito mes.

c) O pagamento realizarase con periodicidade mensual. O prazo de pago será o mes seguinte."

Artigo 5. Procedemento de prema

As débedas por impago dos prezos serán esixibles polo procedemento de constrinximento consonte os artigos 10.1 e 46.3 da LRFL.

Artigo 6. Delegacións

De acordo co artigo 47 da LBRL, o establecemento de novos prezos ou tarifas, así como a modificación das existentes delégase na Xunta de Goberno Local do Concello.

Disposición derradeira

O presente acordo entrará en vigor trala súa publicación no Boletín oficial da provincia da Coruña, na páxina dixital e no taboleiro de edictos da Corporación.