Outes - Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de actividades culturais e deportivas

Publicación provisional: 13/02/2002 BOP Nº: 36
Publicación definitiva: 13/02/2002 BOP Nº: 36
Aplicable dende: 29/03/2016

Artigo 1. Fundamento e natureza

Consonte os artigos 41 a 47 e 127 da Lei reguladora de facendas locais (texto refundido aprobado polo Rdl 2/2004, do 5 de marzo -en diante, LRFL), este Concello establece o prezo público pola realización de actividades culturais e deportivas.

Artigo 2. Concepto

O prezo público constitúe unha prestación patrimonial de carácter público que satisfarán os usuarios que voluntariamente soliciten participar nas activivades culturais e deportivas promovidas pola Corporación.

Artigo 3. Obrigados ao pago

Están obrigados ao pago do prezo público as persoas físicas ou xurídicas (entidades, clubes, federacións, etc) que soliciten a participación nas anteditas actividades.

Artigo 4. Contía das tarifas e réxime de pago

1. Tarifas das actividades programadas:

Actividade

Importe mensual

Bailes de salón

12,00 €

Baile galego

6,00 €

Pintura

12,00 €

Manualidades

6,00 €

Corte e confección

6,00 €

Informática

6,00 €

Solfeo

6,00 €

Gaita e percusión

6,00 €

Pandeireta e canto

6,00 €

Fútbol

6,00 €

Fútbol-sala

6,00 €

Ping-pong

6,00 €

Badminton

6,00 €

Patinaxe

6,00 €

Baloncesto

6,00 €

Piragüismo

6,00 €

Predeporte e xogos infantís

6,00 €

Curso monitor de tempo libre

280,00 € (por curso)

Campamento urbano

60,00 € (pola actividade)

Excursións do camp. urbano fóra do municipio

10,00 € (por excursión)

Ximnasia global alternativa

10,00 €

Curso de ortofonía e dición

30,00 €

a) As persoas que participen simultáneamente en dúas actividades das recollidas na táboa anterior gozarán dunha redución dun 50% no importe da que teña un prezo mensual inferior. As que participen simultáneamente en tres ou máis actividades terán unha redución do 50% en cada unha delas.

Os veciños de Outes teñen dereito a unha bonificación do 100% na tarifa do campamento urbano, bonificación que non é aplicable á tarifa polas excursións fóra do municipio que se realicen no marco do campamento

b) A obrigación de pagamento nacerá o día primeiro de cada mes ou cando solicite a alta na actividade o usuario, sen que as cotas mensuais sexan prorrateables por periodos inferiores ao mes. Se o usuario solicita a baixa antes do día 10 de cada mes, non xurdirá a obriga de pagamento de dito mes.

c) O pagamento realizarase con periodicidade trimestral, unha vez vencido cada trimestre natural. O prazo de pago será o mes seguinte ao de cada trimestre.

d) Os prezos polas excursións organizadas no campamento urbano esixiranse en réxime de depósito previo que se realizará, mediante autoliquidación, cando se solicite a prestación do servizo e, en todo caso, antes do seu comezo.

Artigo 5. Procedemento de prema

As débedas por impago dos prezos serán esixibles polo procedemento de constrinximento consonte os artigos 10.1 e 46.3 da LRFL.

Artigo 6. Delegacións

De acordo co artigo 47 da LBRL, o establecemento de novos prezos ou tarifas, así como a modificación das existentes delégase na Xunta de Goberno Local do Concello.

Disposición derradeira

O presente acordo entrará en vigor trala súa publicación no Boletín oficial da provincia da Coruña, na páxina dixital e no taboleiro de edictos da Corporación.