Outes - Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de actividades culturais e deportivas
Artigo 1.º .-Concepto.
a) De acordo co disposto no artigo 41 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece o prezo público pola prestación de actividades culturais e deportivas, que se rexerá polo que dispón esta ordenanza.
b) Poderán ser usuarios de tales actividades culturais ou deportivas tódalas persoas físicas e xurídicas que soliciten do servicio a súa participación nestas.
Artigo 2.º .-Suxeitos obrigados ó pagamento.
Son suxeitos obrigados ó pagamento as persoas físicas e xurídicas que, tendo solicitado a súa participación nas actividades culturais ou deportivas organizadas, sexan admitidas polo servicio correspondente.
Artigo 3.º .-Actividades gravadas.
Artigo 4.º .-Contías das actividades gravadas.
ACTIVIDADE | IMPORTE MENSUAL |
Bailes de salón | 12,00 € |
Baile rexional | 6,00 € |
Pintura | 12,00 € |
Manualidades | 6,00 € |
Corte e confección | 6,00 € |
Informática | 6,00 € |
Solfeo | 6,00 € |
Gaita e percusión | 6,00 € |
Pandeireta e canto | 6,00 € |
Fútbol | 6,00 € |
Fútbol-sala | 6,00 € |
Ping-pong | 6,00 € |
Badminton | 6,00 € |
Patinaxe | 6,00 € |
Baloncesto | 6,00 € |
Piragüismo | 6,00 € |
Predeporte e xogos infantís | 6,00 € |
Vela | 40,00 € (importe total da actividade) |
Monitor de tempo libre | 280,00 € (importe total da actividade) |
Campamento urbano | 60 € (importe total da actividade) |
Artigo 5.º .-Obriga de pagamento.
A obriga de pagamento nace dende que se inicia a prestación da actividade cultural ou deportiva, se ben este Concello poderá esixi-lo depósito previo no momento da inscrición.
Artigo 6.º .-Normas de xestión: pagamento.
Unha vez que exista o número mínimo de persoas preinscritas que faga posible e viable a realización da actividade cultural ou deportiva anteriormente regulamentada, os interesados en participar, e sempre por rigorosa orde de preinscrición, deberán presentar para a súa inscrición definitiva a documentación esixida xunto co documento acreditativo do pagamento do prezo público correspondente, regulado na presente ordenanza. A presentación en prazo da citada documentación suporá a inscrición na actividade.
O pagamento do prezo público farase no momento da inscrición, en calquera entidade colaboradora do Concello.
As débedas non satisfeitas nos termos deste artigo esixiranse por vía de constrinximento, de acordo co que dispón o Regulamento xeral de recadación.
Artigo 7.º .-Outras obrigas.
Os solicitantes das actividades deberán estar ó corrente do pagamento das débedas contraídas co Concello de Outes.
Nos supostos en que a actividade a desenvolver non se encontre tarifada na presente ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, delégase na Comisión de Goberno, conforme ó artigo 23.2 b) da Lei 7/85, do 2 de abril, o establecemento da tarifa a proposta do servicio correspondente co previo informe da Intervención municipal.