Outes - Ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de actividades culturais e deportivas

Publicación provisional: 13/02/2002 BOP Nº: 36
Publicación definitiva: 13/02/2002 BOP Nº: 36
Aplicable dende: 14/02/2002

Artigo 1.º .-Concepto.

a) De acordo co disposto no artigo 41 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece o prezo público pola prestación de actividades culturais e deportivas, que se rexerá polo que dispón esta ordenanza.

b) Poderán ser usuarios de tales actividades culturais ou deportivas tódalas persoas físicas e xurídicas que soliciten do servicio a súa participación nestas.

Artigo 2.º .-Suxeitos obrigados ó pagamento.

Son suxeitos obrigados ó pagamento as persoas físicas e xurídicas que, tendo solicitado a súa participación nas actividades culturais ou deportivas organizadas, sexan admitidas polo servicio correspondente.

Artigo 3.º .-Actividades gravadas.

Constitúe servicio ou actividade gravada por este prezo público a prestación de actividades culturais consistentes en:

1.-Actividades musicais: gaitas e percusión, pandeireta e canto rexional, baile rexional, baile de salón e outras análogas.

2.-Actividades manuais: obradoiro de coiro, obradoiro de encadernación, pintura, costura, obradoiro de anualidades e outras análogas.

3.-Actividades formativas: informática, inglés oral, teatro, obradoiro de fotografía, ioga, monitor de tempo libre e outras análogas.

Así mesmo, constitúe o servicio ou actividade gravada por este prezo público a prestación de actividades deportivas consistentes en:

1.-Ximnasia de mantemento, "fitness" e musculación, fútbol-sala, badminton, patinaxe, tenis, pimpón, piragüismo, vela lixeira, táboa (TDV), campionato sénior de fútbol-sala e outras de natureza análoga.

Artigo 4.º .-Contías das actividades gravadas.

1.-O importe do prezo público fixado cubrirá, como mínimo, o custo das actividades prestadas, podendo, así mesmo, fixarse un prezo público por debaixo do custo cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, especialmente nos casos enunciados no apartado 3 deste artigo.

2.-A contía do prezo público determinarase aplicando as tarifas seguintes:

- Tarifa primeira: actividades culturais programadas:

1.-Actividades musicais:

Gaitas e percusión, pandeireta e canto rexional, baile rexional: 6,01 euros, en concepto de cota de inscrición total.

Baile de salón: 6,01 euros./mes.

12.-Actividades manuais:

Obradoiro de coiro, obradoiro de encadernación, obradoiro de anualidades: 6,01 euros, en concepto de cota de inscrición total.

Pintura: 12,02 euros/mes.

Costura: 6,01 euros/mes.

3.-Actividades formativas:

Informática, inglés oral, teatro, obradoiro de fotografía: 6,01 euros/mes.

Ioga: 12,02 euros/mes.

Monitor de tempo libre: 150,25 euros, en concepto de cota de inscrición total.

- Tarifa segunda: actividades deportivas programadas:

1.-Ximnasia de mantemento: 6,01 euros/mes.

"Fitness" e musculación: 12,05 euros/mes.

Fútbol-sala, badminton, patinaxe, tenis, pimpón: 6,01 euros, en concepto de cota de inscrición total.

Piragüismo, vela lixeira, táboa (TDV): 24,04 euros, en concepto de cota de inscrición total.

Campionato sénior de fútbol-sala: 90,15 euros, en concepto de cota de inscrición total.

3.-O Concello de Outes resérvase o dereito de programar cursos ou actividades de carácter gratuíto ou cunha reducción de contías de ata unha porcentaxe do 50 por cento para determinados colectivos que se consideren desfavorecidos, previo informe da área de servicios sociais e/ou que sexa necesaria a súa formación neste campo, previo informe da área de educación.

Para persoas que acrediten formar parte de familia numerosa, para cursos ou actividades programadas, a contía verase reducida nun 50%.

Cando se inscriban en cursos ou actividades programadas máis dun irmán dunha unidade familiar, que non formen familia numerosa, ó primeiro cobraráselle o 100 por cento e os seguintes o 50 por cento da cota.

Artigo 5.º .-Obriga de pagamento.

A obriga de pagamento nace dende que se inicia a prestación da actividade cultural ou deportiva, se ben este Concello poderá esixi-lo depósito previo no momento da inscrición.

Artigo 6.º .-Normas de xestión: pagamento.

Unha vez que exista o número mínimo de persoas preinscritas que faga posible e viable a realización da actividade cultural ou deportiva anteriormente regulamentada, os interesados en participar, e sempre por rigorosa orde de preinscrición, deberán presentar para a súa inscrición definitiva a documentación esixida xunto co documento acreditativo do pagamento do prezo público correspondente, regulado na presente ordenanza. A presentación en prazo da citada documentación suporá a inscrición na actividade.

O pagamento do prezo público farase no momento da inscrición, en calquera entidade colaboradora do Concello.

As débedas non satisfeitas nos termos deste artigo esixiranse por vía de constrinximento, de acordo co que dispón o Regulamento xeral de recadación.

Artigo 7.º .-Outras obrigas.

Os solicitantes das actividades deberán estar ó corrente do pagamento das débedas contraídas co Concello de Outes.

Nos supostos en que a actividade a desenvolver non se encontre tarifada na presente ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, delégase na Comisión de Goberno, conforme ó artigo 23.2 b) da Lei 7/85, do 2 de abril, o establecemento da tarifa a proposta do servicio correspondente co previo informe da Intervención municipal.

Disposición final.

A presente ordenanza entrará en vigor e comezará a se aplicar ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.