Narón - ORDENANZA FISCAL NÚMERO 27, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 24/12/2003 BOP Nº: 294
Aplicable dende: 01/01/2004

Artigo 1º .-Fundamento e réxime.

No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 19, en relación co artigo 20 da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, o Concello de Narón establece as taxas pola prestación do servicio da Escola Infantil Municipal, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2º .-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servicio de escola infantil municipal, consistente en gardería para nenos, educación, comedor e outros complementarios.

Artigo 3º .-Suxeitos pasivos.

1.-Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas que resulten beneficiadas ou afectadas pola actividade administrativa ou servicio que constitúe o feito impoñible desta taxa.

2.-Tendo en conta que os usuarios do servicio gravado por esta taxa son menores de idade que non teñen capacidade de obrar, actuarán no seu nome, cos efectos previstos na Lei xeral tributaria, os seus pais, titores ou calquera outro representante legal.

Artigo 4º .-Responsables.

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.

Artigo 5.-Cota tributaria.

TARIFAS

 

Renda per cápita mensual Cota mensual xornada completa Cota mensual media xornada Cota comedor Hora adicional*
Inferior a 120,20 euros Exento total Exento total Exento total Exento total
De 120,21 a 180,30 euros 18,57 euros 13,61 euros 5,57 euros 1,85 euros
De 180,31 a 240,40 euros 46,43 euros 34,04 euros 13,92 euros 4.64 euros
De 240,41 a 330,56 euros 69,63 euros 51,06 euros 20,88 euros 6,96 euros
Mais de 330,56 euros 92,85 euros 68,09 euros 27,86 euros 9,29 euros
Hora complementaria: 15,47 euros
Comedor día solto: 2,06 euros

Artigo 6º .-Reduccións.

1.-Segundo as circunstancias da unidade familiar, das cotas resultantes de aplicar as tarifas establecidas no artigo 5 desta Ordenanza, realizaranse os seguintes descontos:

a) 20 por 100 no caso de nenos/as que pertenzan a unha familia numerosa.

b) 20 por 100 no caso de nenos/as que pertenzan a unha unidade familiar monoparental.

c) 20 por 100 no caso de asistencia dalgún irmán á mesma Escola Infantil Municipal

Os anteriores descontos, cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables.

2.-No suposto de nenos/as que soliciten ingreso na Escola Infantil Municipal e non estean empadroados, abonarán o custo total do servicio.

Artigo 7º .-Período impositivo e retribución.

1.-O período impositivo coincide co mes natural de prestación de servicios. A cota tributaria resultante da aplicación dos dous preceptos anteriores non poderá reducirse aínda cando a prestación do servicio non teña lugar durante todo o mes natural.

2.-A taxa retribúese co inicio do mes natural, agás nos casos de incorporación ó servicio con posterioridade a tal data, nos que se retribuirá a taxa coa correspondente alta.

Artigo 8º .-Xestión e recadación da taxa.

1.-A liquidación da cota tributaria practicarase por meses naturais e deberánas aboa-los interesados nos dez primeiros días de cada mes, na entidade ou entidades financeiras que indique o Concello ou, no seu caso, o concesionario do servicio. En calquera momento o suxeito pasivo terá a posibilidade de domicilia-los recibos.

2.-A inasistencia do usuario ó centro durante un período determinado non supón reducción ningunha, nin extinción da tarifa, mentres non se formalice a baixa correspondente.

Artigo 9º .-Infraccións e sancións.

En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complemente e desenvolvan.

Artigo 10º .-Disposición final.

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e publicada no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa