Narón - Ordenanza fiscal núm. 18, reguladora da taxa pola prestación do servizo da escola infantil municipal

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 28/12/2010 BOP Nº: 246
Aplicable dende: 01/01/2011

Artigo 1º .-Fundamento e réxime.

No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19, en relación co artigo 20 do RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Narón establece as taxas pola prestación dos servizos das escolas infantís municipais , que se rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2º .-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo das escolas infantis municipais, consistente en gardería para nenos, educación, comedor e outros complementarios.

Artigo 3º .-Suxeitos pasivos.

1.-Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas que resulten beneficiadas ou afectadas pola actividade administrativa ou servicio que constitúe o feito impoñible desta taxa.

2.-Tendo en conta que os usuarios do servicio gravado por esta taxa son menores de idade que non teñen capacidade de obrar, actuarán no seu nome, cos efectos previstos na Lei xeral tributaria, os seus pais, titores ou calquera outro representante legal.

Artigo 4º .-Responsables.

Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.

Artigo 5.-Cota tributaria.

1.- TARIFAS.:

1. Prezo por asistencia.

O prezo pola asistencia aos centros de atención á primeira infancia dependentes da Consellería de Traballo e Benestar fíxase en 110 euros mensuais a xornada completa, e en 76,45 euros mensuais a media xornada.

Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre estes prezos aplicaranse as seguintes reducións totais ou parciais:

Inferiores ao 59,5% do IPREM*

redución do 100 por cento

0 €

Entre o 59,5% e o 89,2% do IPREM

redución do 70 por cento

33 €

Entre o 89,3% e o 117,8% do IPREM

redución do 40 por cento

66 €

Entre o 119% e o 178,5% do IPREM

redución do 10 por cento

99 €

*IPREM.- Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples

2. Prezo por servizos complementarios.

B.Segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar, sobre os prezos dos servizos anteriores aplicaranse reducións totais ou parciais:

a. Inferiores ao 35,7 % do IPREM, redución do 100 %.

b. Entre o 35,7% e o 119% do IPREM, redución do 50 %

3. Descontos.
Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre o prezo que resulte de aplica-lo disposto nos puntos 1 e 2 anteriores aplicaranse os seguintes descontos:
a. Nenos/as pertencentes a familias numerosas, desconto dun 20 %.
b. Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20 %
c. Cando asistan ó mesmo centro varios irmáns, desconto dun 20 por cento por cada neno/a atendido/a. No caso de que estes irmáns nacesen en parto múltiple, o desconto será dun 30 % por cada neno/a.
Os descontos anteriores, cando se dean nunha mesma persoa, serán acumulables.
Cando por circunstancias sobrevidas (solicitude fóra de prazo, traslado de residencia, etc.), o/a neno/a ingrese no centro con posterioridade ó día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto do 50 %
apartado 2
1.-
2.- Para os efectos do disposto neste decreto, enténdese por renda per cápita mensual o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir por doce a suma dos ingresos totais da unidade familiar.
Enténdese por unidade familiar, para os efectos deste decreto, a formada polos pais e fillos menores de dezaoito anos ou fillos maiores de dezaoito anos, cunha minusvalidez superior ó 33 por cento. No caso de familias monoparentais, e para efectos do cálculo da renda per cápita ó que se refire o parágrafo anterior, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.
Para os efectos deste decreto, ten a consideración de ingresos a suma da parte xeral máis a parte especial da base impoñible, previas á aplicación do mínimo persoal e familiar do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles a que se fai referencia obteranse como resultado de lles aplicar ós datos existentes na Administración os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Artigo 6º .-Reduccións.

Suprimido

Artigo 7º .-Período impositivo e retribución.

1.-O período impositivo coincide co mes natural de prestación de servicios. A cota tributaria resultante da aplicación dos dous preceptos anteriores non poderá reducirse aínda cando a prestación do servicio non teña lugar durante todo o mes natural.

2.-A taxa retribúese co inicio do mes natural, agás nos casos de incorporación ó servicio con posterioridade a tal data, nos que se retribuirá a taxa coa correspondente alta.

Artigo 8º .-Xestión e recadación da taxa.

1.-A liquidación da cota tributaria practicarase por meses naturais e deberánas aboa-los interesados nos dez primeiros días de cada mes, na entidade ou entidades financeiras que indique o Concello ou, no seu caso, o concesionario do servicio. En calquera momento o suxeito pasivo terá a posibilidade de domicilia-los recibos.

2.-A inasistencia do usuario ó centro durante un período determinado non supón reducción ningunha, nin extinción da tarifa, mentres non se formalice a baixa correspondente.

3.- As presentes tarifas están adaptadas o Decreto 70/2002 e se axustarán en función das modificacións que a Xunta de Galicia opere na citada normativa.

Artigo 9º .-Infraccións e sancións.

En materia de infraccións e sancións estarase ó disposto na Lei xeral tributaria e nas disposicións que a complemente e desenvolvan.

Artigo 10º .-Disposición final.

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente e publicada no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo vixente ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa