Narón - ORDENANZA FISCAL NÚM. 10.- REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE REFUGALLOS SÓLIDOS URBANOS.

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 28/12/2006 BOP Nº: 296
Aplicable dende: 01/01/2007

ARTÍGO 1.-FUNDAMENTOS E NATUREZA.

No uso das facultades concedidas pola lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a Taxa por recollida de lixo, que se rexerá pola presenta Ordenanza fiscal.

ARTÍGO 2.-FEITO IMPOÑIBLE.

1.- Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de recollida de lixo domiciliaria e refugallos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servicios.

2.- A tal efecto, consideráse lixo domiciliario e refugallos sólidos urbanos os restos e desperdicios de alimentación ou detritos procedentes da limpeza normal de locais ou vivendas e exclúense de tal concepto os refugallos de tipo industrial, cascallos de obras, detritos humanos, materias e materiais contaminados, corrosivos, perigosos ou se a recollida ou vertido esixe a adopción de especias medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.

3.- Non está suxeita á Taxa a prestación, de carácter voluntario e a instancia de parte, dos seguintes servicios:

  1. Recollida de lixo e refugallos non cualificados de domiciliarios e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.

  2. Recollida de escouras e cinzas de calefaccións centrais.

  3. Recollida de cascallos de obras.

ARTÍGO 3.-SUXEITOS PASIVOS.

1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire a Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais emprazados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nas que se preste o servicio, e as que sexan susceptibles de ser utilizadas temporal o permanentemente xa sexa a título de dono ou de usufructuario, habitacionista, arrendatario ou incluso de precario 

2.- Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o dono das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servicio.3.- Entenderase como vivenda susceptible de ser habitada aquela que dispoña do correspondente certificado de habitabilidade ou, no seu defecto, dos servicios que posibilitan a súa ocupación: subministración de energía eléctrica e redes de abastecemento de auga e saneamento, no seu caso.

ARTÍGO 4.- RESPONSABLES.

1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren a Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala a Lei Xeral Tributaria.

ARTÍGO 5.-BENEFICIOS FISCAIS.

Gozarán de bonificiación do 75 %:

    • As unidades familiares de 1-2 membros que non alcancen o 75 % do salario mínimo interprofesional; unha vez deducidos os cuestes de alugamento da vivenda.
    • As unidades familiares de 3-4 membros que non alcancen o 85 % do salario mínimo interprofesional; unha vez deducidos os cuestes de alugamento da vivenda.
    • As unidades familiares superior a 4 membros que non alcancen o 100 % do salario mínimo interprofesional; unha vez deducidos os custes de alugamento da vivenda.

ARTÍGO 6.-COTA TRIBUTARIA.

1.- A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles.

 

                2.- A tal efecto, aplicarase a seguinte tarifa:

 

A) Nas rúas nas que a recollida de refugallos se faga en días alternos.

a) Para lixo de carácter domestico de vivenda

6,38 euros/mes

b) Para lixo e refugallos de comercios, tendas, panaderías, oficinas e bancos

16,26 euros/mes

c) Para lixo e refugallos procedentes de bares, cafés, restaurantes, supermercados de menos de 120 m2.

26,08 euros/mes

d) Para lixo e refugallos procedentes de talleres, industrias, supermercados de máis de 120 m2 e moblerías e comercios de vendas ó por maior

50,76 euros/mes

e) Hoteis, hostais menos 3 estrelas

2,08 euros/hab/mes

e) Hoteis, hostais 3 estrelas ou mais.

3,12 euros/hab/mes

f) Residencias Xeriátricas.

1,04 euro/hab/mes

 

 

B) Nas rúas na que a recollida de refugallos se faga a diario:

a) Para refugallos de carácter doméstico de vivendas

7,70 euros/mes

b) Para lixo e refugallos de comercios, tendas, panaderías, oficinas, e bancos

19,57euros/mes

c) Para lixo e refugallos procedentes de bares, cafés, restaurantes, supermercados, de menos de 120 m2

31,82 euros/mes

d) Para lixo e refugallos procedentes de talleres, industrias, supermercados de máis de 120 m2 e moblerías e comercios de vendas ó por maior

59,95 euros/mes

e) Para lixo e refugallos procedentes de supermercados de máis de 400 m2

399,12 euros/mes

d) Centros de comercio mixto,Grandes almacens, hipermercados, economatos e cooperativas  de consumo de máis de 2.500 m2 

1.492,29 euros/mes

e) Hoteis, hostais menos 3 estrelas

2,08 euros/hab/mes

e) Hoteis, hostais 3 estrelas ou mais

3,12 euros/hab/mes

f) Residencias Xeriátricas.

1,04 euro/hab/mes

 

 

C) O resto do Concello, anualmente o importe será:

a) Para recollida de lixo de carácter doméstico de vivendas:

77,27 euros/ano

b) Para recollida de lixo de tendas e comercios de venta ó por menor:

197,00 euros/ano

c) Para recollida de lixo de bares, cafés, restaurantes, supermercados de menos de 120 m2

316,34 euros/ano

d) Para lixo e refugallos procedentes de talleres, industrias, supermercados de máis de 120 M2, matadoiros, moblerías e comercios de venta ó por maior  

517,92 euros/ano

e) Hoteis, hostais menos 3 estrelas

24,96 euros/hab/ano

e) Hoteis, hostais 3 estrelas ou mais.

37,44 euros/hab/año

f) Residencias Xeriátricas. (Tarifa única)

12,48 euros/hab/año

 

Nos establecementos hoteleros se abonará, ademáis da tarifa que lles corresponda, a cantidade de 2,08 ou 3,12 euros por habitación e mes ou 24,96 ou 37,44 euros por habitación e ano segundo o número de estrelas.

ARTÍGO 7.-DEVENGO.

1.- Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuir desde o intre en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do

 mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal de recollida de lixo domiciliaria nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos contribuíentes suxeitos á taxa.

2.- Establecido e en funcionamente o referido servicio as cotas devengaranse o primeiro día de cada mes natural, salvo que o devengo da Taxa se producise con posterioridade a dita data, caso no que se devengará a primeira cota o primeiro día de cada mes seguinte.

ARTÍGO 8.-DECLARACIÓN E INGRESO.

1.- Dentro dos trinta días hábiles seguintes á data na que se devengue por vez primeira a Taxa, os suxeitos pasivos formalizarán a súa inscripción no padrón, presentado, ó efecto, a correspondente declaración de alta e ingresando simultaneamente a cota do primeiro trimeste.

2.- Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación dos interesados calquera variación dos datos que figuran no padrón, levaranse a cabo neste as modificacións correspondentes, que causarán efectos a partir do período de cobramento seguinte ó da data en que se tivese efectuado a declaración.

3.- O cobro das cotas efectuarase trimestralmente mediante recibo derivado do padrón.

4.- Na zona rural o cobro das cotas efectuarase anualmente, mediante recibo derivado do Padrón. En caso de alta ou baixa no servicio prorrátearase mensualmente a taxa.

ARTÍGO 9.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2006, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.