Narón - ORDENANZA FISCAL Nº 10 REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE REFUGALLOS SÓLIDOS URBANOS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 27/12/2019 BOP Nº: 246
Aplicable dende: 01/01/2020

ARTÍGO 1.-FUNDAMENTOS E NATUREZA.

No uso das facultades concedidas pola lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a Taxa por recollida de lixo, que se rexerá pola presenta Ordenanza fiscal.

ARTÍGO 2.-FEITO IMPOÑIBLE.

1. Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo de recepción obrigatoria de recollida de lixo domiciliaria e refugallos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos.

2.- A tal efecto, consideráse lixo domiciliario e refugallos sólidos urbanos os restos e desperdicios de alimentación ou detritos procedentes da limpeza normal de locais ou vivendas e exclúense de tal concepto os refugallos de tipo industrial, cascallos de obras, detritos humanos, materias e materiais contaminados, corrosivos, perigosos ou se a recollida ou vertido esixe a adopción de especias medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.

3.- Non está suxeita á Taxa a prestación, de carácter voluntario e a instancia de parte, dos seguintes servicios:

  1. Recollida de lixo e refugallos non cualificados de domiciliarios e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.

  2. Recollida de escouras e cinzas de calefaccións centrais.

  3. Recollida de cascallos de obras.

ARTÍGO 3.-SUXEITOS PASIVOS.

1. Son suxeitos pasivos os titulares das vivendas, aloxamentos, locais ou establecementos xa sexa como contribuinte ou como substituto do contribuinte.

2. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire a Lei xeral tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais emprazados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nas que se preste o servizo, e as que sexan susceptibles de ser habitadas ou utilizados temporal o permanentemente xa sexa a título de dono ou de usufrutuario, habitacionista, arrendatario ou incluso de precario.

3. Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o dono das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servizo.

4. Entenderase como vivenda susceptible de ser habitada aquela que dispoña do correspondente certificado de habitabilidade ou, no seu defecto, dos servizos que posibilitan a súa ocupación: subministración de enerxía eléctrica e redes de abastecemento de auga e saneamento, no seu caso, agás no caso de que o inmoble estea declarado en estado de ruína ou presente síntomas manifestos que impidan o uso residencial, circunstancia que deberá acreditarse por informe da Policía Local ou, no seu caso, polos servizos técnicos municipais.

Presumirase que unha vivenda está ocupada cando se produza consumo de auga, de enerxía eléctrica ou de calquera outra subministración.

ARTÍGO 4.- RESPONSABLES.

1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren a Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala a Lei Xeral Tributaria.

ARTÍGO 5.-COTA TRIBUTARIA

No caso de que SOGAMA acorde baixar o canon de tratamento de residuos que repercute ao Concello de 74,64 a 67,18 euros por tonelada, as tarifas contidas no artigo 5: COTA TRIBUTARIA pasaran a ser as seguintes, a partir da data en que se formalice a redución:

1. A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles.

2. Para tal efecto, aplicarase a seguinte tarifa:

A) Inmobles desocupados ou non utilizados. Trimestre

a) Vivendas deshabitadas

14,81

€/trimestre

B) Nas rúas nas que a recollida de refugallos se faga en días alternos. Mes

a) Para lixo de carácter doméstico de vivenda

7,63

€/mes

b)Para lixo e refugallos de comercios, tendas, panaderías, oficinas e bancos

21,60

€/mes

c)Para lixo e regullados de talleres mecánicos

34,92

€/mes

d) Para lixo e refugallos procedentes de industrias, bares, cafés, restaurantes, así como para supermercados e instalacións deportivas privadas de menos de 120 m2.

34,69

€/mes

e) Para lixo e refugallos procedentes de instalacións deportivas privadas e supermercados de máis de 120 m2, moblarías e comercios de vendas por xunto.

71,08

€/mes

f) Hoteis e hostais de menos de 3 estrelas

2,92

€/hab/mes

g) Hoteis e hostais de 3 estrelas ou máis.

4,37

€/hab/mes

h) Residencias xeriátricas.

1,21

€/hab/mes

C) Nas rúas nas que a recollida de refugallos se faga a diario:

a) Para refugallos de carácter doméstico de vivendas

9,22

€/mes

b) Para lixo e refugallos de comercios, tendas, panadarías, oficinas e bancos

26,01

€/mes

c)Para lixo e regullados de talleres mecánicos

42,32

€/mes

d) Para lixo e refugallos procedentes de industrias, bares, cafés, restaurantes, así como para supermercados e instalacións deportivas privadas de menos de 120 m2.

42,32

€/mes

e) Para lixo e refugallos procedentes de instalacións deportivas privadas e supermercados de máis de 120 m2, moblarías e comercios de vendas por xunto.

83,93

€/mes

f) Para lixo e refugallos procedentes de supermercados de máis de 400 m2

558,84

€/mes

g) Centros de comercio mixto, grandes almacéns, hipermercados, economatos e cooperativas de consumo de máis de 2.500 m2

3133,98

€/mes

h) Hoteis e hostais de menos de 3 estrelas

2,92

€/hab/mes

i) Hoteis e hostais de 3 estrelas ou máis

4,37

€/hab/mes

j) Residencias xeriátricas.

1,21

€/hab/mes

D) POLIGONOS INDUSTRIAIS E SOLO URBANO INDUSTRIAL

a) Establecementos de 120 a 250 m2

114,17

€/mes

b) Establecementos de 250 a 500 m2

133,58

€/mes

c) Establecementos de 500 m2 a 1500

152,98

€/mes

d) Establecementos de 1500 a 5000 m2

171,26

€/mes

e) Establecementos de mais de 5000 m2

190,26

€/mes

E) Polo tratamento de residuos sólidos urbanos para grandes áreas de distribución e almacenaxe de máis de 10.000 m2

68,50

€/tonelada tratada

Nos establecementos hoteleros aboarase, ademais da tarifa que lles corresponda, a cantidade de 2,92 ou 4,38 euros por habitación e mes ou 35,12 ou 52,50 euros por habitación e ano segundo o número de estrelas.

Cando no mesmo establecemento coexistan varias actividades, aplicarase exclusivamente a taxa de maior importe.

No apartado D) POLIGONOS INDUSTRIAIS E SOLO URBANO INDUSTRIAL, incluiranse todas as empresas a excepción de: talleres, supermercados, centros de comercio mixto, grandes almacéns, hipermercados, economatos e cooperativas de consumo e instalacións deportivas privadas; aos cales lles corresponderá as tarifas do apartado C).

A tarifa E) será de aplicación cando a xestión dos residuos se realice na súa totalidade a través do Concello de Narón, no caso contrario aplicarase a do punto D.e)

ARTÍGO 6.-BENEFICIOS FISCAIS

1. Non se aplicarán exencións, bonificacións nin reducións para a determinación da débeda tributaria que os suxeitos pasivos deban satisfacer por esta taxa.

2. De conformidade co disposto na normativa vixente para a determinación da contía das taxas, salvo que se constate a inexistencia de situación de necesidade, conforme ao disposto no Regulamento Municipal de Axudas Financeiras, poderán terse en conta criterios xerais de capacidade económica dos suxeitos obrigados a satisfacelas cotas tributarias.

2.1.- Bonificarase nun 75 por 100 sobre a tarifa prevista:

- As unidades familiares de 1-2 membros que non alcancen o 100% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

-As unidades familiares de 3-4 membros que non alcancen o 125% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

-As unidades familiares superiores a 4 membros que non alcancen o 150% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

2.2.- Bonificarase nun 50 por 100 sobre a tarifa prevista:

-As unidades familiares de 1-2 membros con capacidade económica comprendida entre o 100% e o 110% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

-As unidades familiares de 3-4 membros con capacidade económica superior ao 125% do IPREM e que non supere o 135% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

-As unidades familiares superiores a 4 membros con capacidade económica superior ao 150% do IPREM e que non superen o 160% IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.

(*) En aplicación do Real decreto - Lei 3/2004, a referencia ao IPREM vén determinada pola contía anual con inclusión das pagas extraordinarias.

3. Para o cómputo da renda teranse en conta os datos correspondentes á última declaración fiscal, de manterse a mesma situación no momento da solicitude. Caso de variar a situación económica, ou de non estar obrigado a presentar a declaración fiscal, teranse en conta os datos fiscais dispoñibles, pensión coñecida, así como calquera outro ingreso ou recurso económico da unidade de convivencia.

4. Esta bonificación unicamente poderá ter lugar para a que sexa a vivenda familiar habitual.

5. O prazo para solicitar a bonificación será dende o 1 de setembrto ao 20 de setembro de cada ano, producindo os seus efectos a partir de xaneiro do ano seguinte.

6.- A solicitude, según modelo oficial facilitado polo Concello, incorporará a declaración responsable de que o beneficiario deberá estar ao corrente no pago das súas débedas coa Facenda Municipal, en cumprimento do art. 51.6 da Ordenanza fiscal nº1 Xeral de Xestión, Recadación e Inspección.

Para o caso de vivendas alugadas o acordo adoptado na resolución desta solicitude será notificado ao propietario do inmoble.

Coa solicitude deberán acompañar a documentación que na mesma se especifica.

7.- As bonificacións concedidas poderán ser obxeto de revisión, a petición do interesado ou de oficio, por modificación das condicións tidas en conta para a concesión da bonificación.

Artigo 7.- PERÍODO IMPOSITIVO.

1.- Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuir desde o intre en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do  mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal de recollida de lixo domiciliaria nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos contribuíentes suxeitos á taxa.

2. O período impositivo coincidirá co trimestre natural, e a el referiranse as cotas sinaladas nas tarifas do artigo 5 desta ordenanza.

Establecido o en funcionamento do referido servicio, as cotas percibiranse o primeiro día de cada trimestre natural, salvo nos casos de alta ou baixa en cuxo caso as cotas trimestrais ratearanse por días naturais, de modo que no trimestre en que se produza unha alta esixirase a cota que corresponda dende o día da alta ata o último día do trimestre, ambos inclusive, e no trimestre en que se produza a baixa esixirase a cota que corresponda dende o primeiro día do trimestre ata o día da baixa, ambos inclusive.

3.- O cobro das cotas efectuarase trimestralmente mediante recibo derivado do padrón.

4.- Na zona rural:

a.- Na zona rural xirarase o importe da taxa por recollida de lixo, no mesmo recibo de carácter trimestral no que se inclúen as taxas polos servizos de auga e rede de sumidoiros. Nas vivendas ou empresas da zona rural que non dispoñan de servizo de abastecemento e/ou saneamento xirarase o importe por recollida de lixo da mesma forma, incluíndo as taxas polos servizos de auga e saneamento unha vez que dispoñan dos mesmos).

ARTÍGO 8.-DECLARACIÓN E INGRESO.

1. A taxa xestionase a partires dun padrón constituido polo censo comprensivo dos obrigados tributarios, e as tarifas.

A alta no servicio de augas conlevará a correlativa inclusión no censo de recollida de lixo. No momento de formalizar a alta o suxeito pasivo efectuará o ingreso simultáneo da cota dese periodo.

A cobranza poderá realizarse en recibo conxunto coa taxa da rede de sumidoiros e do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable.

Están obrigados ó pago as persoas que constan como titulares da vivenda ou local, de conformidade co artigo 3 desta ordenanza.

2. As altas e baixas así como os cambios de tarifas son responsabilidade do suxeito pasivo xa sexa como contribuinte ou como substituto do contribuinte.

4. No caso de que este servizo non se preste simultáneamente co servizo de abastecemento e/ ou saneamento será necesario tramitar a alta de forma individualizada polo suxeito pasivo.

ARTÍGO 9.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria.

ARTIGO 9. Comunicación variacións no padrón fiscal.

A empresa concesionaria do servizo de augas e rede de sumidoiros deberá notificar, ao Concello, cada mes, as altas, baixas, cambios de tarifa e calquera outra modificación, para a elaboración do padrón de recollida de refugallos sólidos urbanos.

A empresa adxudicataria do contrato de servizos de recadación da taxa de residuos sólidos urbanos presentará mensualmente proposta de altas/baixas/variacións no padrón fiscal para que o concello dicte os actos administrativos necesarios. Todo elo sen prexuízo das instruccións específicas ou complementarias que con posterioridade puideran darse polo persoal do concello á dita empresa.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente ordenanza, entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no BOP e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2020, permanecendo en vigor mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

O prazo para solicitar a bonificación para todo o ano de 2017 abarcará dende o 1 ata o 20 de xaneiro de 2017.