Narón - Ordenanza fiscal núm. 10, reguladora da taxa por recollida de refugallos sólidos urbanos

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 21/12/2011 BOP Nº: 241
Aplicable dende: 01/01/2012

ARTÍGO 1.-FUNDAMENTOS E NATUREZA.

No uso das facultades concedidas pola lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a Taxa por recollida de lixo, que se rexerá pola presenta Ordenanza fiscal.

ARTÍGO 2.-FEITO IMPOÑIBLE.

1.- Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de recollida de lixo domiciliaria e refugallos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servicios.

2.- A tal efecto, consideráse lixo domiciliario e refugallos sólidos urbanos os restos e desperdicios de alimentación ou detritos procedentes da limpeza normal de locais ou vivendas e exclúense de tal concepto os refugallos de tipo industrial, cascallos de obras, detritos humanos, materias e materiais contaminados, corrosivos, perigosos ou se a recollida ou vertido esixe a adopción de especias medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.

3.- Non está suxeita á Taxa a prestación, de carácter voluntario e a instancia de parte, dos seguintes servicios:

  1. Recollida de lixo e refugallos non cualificados de domiciliarios e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.

  2. Recollida de escouras e cinzas de calefaccións centrais.

  3. Recollida de cascallos de obras.

ARTÍGO 3.-SUXEITOS PASIVOS.

1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire a Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais emprazados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nas que se preste o servicio, e as que sexan susceptibles de ser utilizadas temporal o permanentemente xa sexa a título de dono ou de usufructuario, habitacionista, arrendatario ou incluso de precario 

2.- Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o dono das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servicio.3.- Entenderase como vivenda susceptible de ser habitada aquela que dispoña do correspondente certificado de habitabilidade ou, no seu defecto, dos servicios que posibilitan a súa ocupación: subministración de energía eléctrica e redes de abastecemento de auga e saneamento, no seu caso.

ARTÍGO 4.- RESPONSABLES.

1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren a Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala a Lei Xeral Tributaria.

ARTÍGO 5.-BENEFICIOS FISCAIS.

Gozarán de bonificación do 75 %:
- As unidades familiares de 1-2 membros que non alcancen o 100 % do salario mínimo interprofesional; unha vez deducidos os custes de alugamento da vivenda, unha vez deducidos os custos de alugamento ou de hipoteca
- As unidades familiares de 3-4 membros que non alcancen o 120 % do salario mínimo interprofesional; unha vez deducidos os cuestes de alugamento da vivenda, unha vez deducidos os custos de alugamento ou de hipoteca
- As unidades familiares superior a 4 membros que non alcancen o 150 % do salario mínimo interprofesional; unha vez deducidos os cuestes de alugamento da vivenda, unha vez deducidos os custos de alugamento ou de hipoteca.

Esta bonificación unicamente poderá ter lugar para a que sexa a vivenda familiar habitual,

Prazos:

O prazo para solicitar a bonificación para todo o ano abarcará dende o 2 ata o 31 de xaneiro.

Abrirase un segundo prazo (prórroga do anterior) dende o 1 ata o 15 de xullo para bonificacións do segundo semestre do ano.

ARTÍGO 6.-COTA TRIBUTARIA.

1.- A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles.
2.- A tal efecto, aplicarase a seguinte tarifa:
A) Nas rúas nas que a recollida de refugallos se faga en días alternos
Mes
a) Para lixo de carácter domestico de vivenda
6,81 €/mes
b) Para lixo e refugallos de comercios, tendas, panaderías, oficinas e bancos
19,10 €/mes
c)para lixo e regullados de talleres mecánicos
30,86 €/mes
d) Para lixo e refugallos procedentes de industrias, bares, cafés, restaurantes, supermercados de menos de 120 m2.
30,66 €/mes
e) Para lixo e refugallos procedentes de ,supermercados de máis de 120 m2 e moblerías e comercios de vendas ó por maior
62,26 €/mes
f) Hoteis, hostais menos 3 estrelas
2,56 €/hab/mes
g) Hoteis, hostais 3 estrelas ou mais.
3,83 €/hab/mes
h) Residencias Xeriátricas.
1,06 €/hab/mes
 
B) Nas rúas na que a recollida de refugallos se faga a diario:
a) Para refugallos de carácter doméstico de vivendas
8,22 €/mes
b) Para lixo e refugallos de comercios, tendas, panaderías, oficinas, e bancos
23,00 €/mes
c)para lixo e regullados de talleres mecánicos
37,40 €/mes
d) Para lixo e refugallos procedentes de industrias, bares, cafés, restaurantes, supermercados, de menos de 120 m2
37,40 €/mes
e) Para lixo e refugallos procedentes de, supermercados de máis de 120 m2 e moblerías e comercios de vendas ó por maior
73,51 €/mes
f) Para lixo e refugallos procedentes de supermercados de máis de 400 m2
489,48 €/mes
g) Centros de comercio mixto,Grandes almacens, hipermercados, economatos e cooperativas de consumo de máis de 2.500 m2
2.745,00 €/mes
h) Hoteis, hostais menos 3 estrelas
2,56 €/hab/mes
i) Hoteis, hostais 3 estrelas ou mais
3,83 €/hab/mes
j) Residencias Xeriátricas.
1,06 €/hab/mes
 
C) Nas zonas do Concello onde non esté establecido servizo de auga e/ou rede de sumidoiros, anualmente o importe será:
a) Para recollida de lixo de carácter doméstico de vivendas:
82,52 €/ano
b) Para recollida de lixo de tendas e comercios de venta ó por menor:
231,52 €/ano
d) Para recollida de lixo de talleres mecánicos
635,17 €/ano
c) Para recollida de lixo de bares, cafés, restaurantes, supermercados de menos de 120 m2
371,80 €/ano
d) Para lixo e refugallos procedentes de, supermercados de máis de 120 M2, matadoiros, moblerías e comercios de venta ó por maior
635,17 €/ano
e) Hoteis, hostais menos 3 estrelas
30,61 €/hab/ano
e) Hoteis, hostais 3 estrelas ou mais.
45,91 €/hab/ano
f) Residencias Xeriátricas. (Tarifa única)
12,75 €/hab/ano
 
D) Grandes Industriasincluiranse todas as empresas a excepción de: talleres, supermercados, centros de comercio mixto, grandes almacéns, hipermercados, economatos e cooperativas de consumo. Aos cales lle corresponderá as tarifas do apartado B).
a) Industrias de 120 a 250 m2
100,00 €/mes
b) Industrias de 250 a 500 m2
117,00 €/mes
c) Industrias de 500 m2 a 1500
134,00 €/mes
d) industrias de 1500 a 5000 m2
150,00 €/mes
e) industrias de mais de 5000 m2
166,65 €/mes
 
E) Polo tratamento de Residucios Sólidos Urbans para grandes áreas de distribución e almacenaxe de máis de 10.000 m2
60,00 €/tonelado tratada
Nos establecementos hoteleros se abonará, ademáis da tarifa que lles corresponda, a cantidade de 2,56 ou 3,83 euros por habitación e mes ou 30,61 ou 45,91 euros por habitación e ano segundo o número de estrelas.

Artigo 7.- DECLARACIÓN E INGRESO

1.- Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuir desde o intre en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do  mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal de recollida de lixo domiciliaria nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos contribuíentes suxeitos á taxa.

2.- Establecido e en funcionamente o referido servicio as cotas devengaranse o primeiro día de cada mes natural, salvo que o devengo da Taxa se producise con posterioridade a dita data, caso no que se devengará a primeira cota o primeiro día de cada mes seguinte.

3.- O cobro das cotas efectuarase trimestralmente mediante recibo derivado do padrón.

4.- Na zona rural:

a.- Na zona rural xirarase o importe da taxa por recollida de lixo, no mesmo recibo de carácter trimestral no que se inclúen as taxas polos servizos de auga e rede de sumidoiros. Nas vivendas ou empresas da zona rural que non dispoñan de servizo de abastecemento e/ou saneamento xirarase o importe por recollida de lixo da mesma forma, incluíndo as taxas polos servizos de auga e saneamento unha vez que dispoñan dos mesmos).

ARTÍGO 8.-DECLARACIÓN E INGRESO.

Derrogado

ARTÍGO 9.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2006, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.