Narón - ORDENANZA FISCAL Nº 10 REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE REFUGALLOS SÓLIDOS URBANOS
ARTÍGO 1.-FUNDAMENTOS E NATUREZA.
No uso das facultades concedidas pola lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a Taxa por recollida de lixo, que se rexerá pola presenta Ordenanza fiscal.
ARTÍGO 2.-FEITO IMPOÑIBLE.
1.- Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo de recepción obrigatoria de recollida de lixo domiciliaria e refugallos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas, deportivas de carácter privado e de servizos.
2.- A tal efecto, consideráse lixo domiciliario e refugallos sólidos urbanos os restos e desperdicios de alimentación ou detritos procedentes da limpeza normal de locais ou vivendas e exclúense de tal concepto os refugallos de tipo industrial, cascallos de obras, detritos humanos, materias e materiais contaminados, corrosivos, perigosos ou se a recollida ou vertido esixe a adopción de especias medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.
3.- Non está suxeita á Taxa a prestación, de carácter voluntario e a instancia de parte, dos seguintes servicios:
- Recollida de lixo e refugallos non cualificados de domiciliarios e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.
- Recollida de escouras e cinzas de calefaccións centrais.
- Recollida de cascallos de obras.
ARTÍGO 3.-SUXEITOS PASIVOS.
2.- Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o dono das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servicio.3.- Entenderase como vivenda susceptible de ser habitada aquela que dispoña do correspondente certificado de habitabilidade ou, no seu defecto, dos servicios que posibilitan a súa ocupación: subministración de energía eléctrica e redes de abastecemento de auga e saneamento, no seu caso.
ARTÍGO 4.- RESPONSABLES.
1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren a Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala a Lei Xeral Tributaria.
ARTÍGO 5.-COTA TRIBUTARIA
No caso de que SOGAMA acorde baixar o canon de tratamento de residuos que repercute ao Concello de 74,64 a 67,18 euros por tonelada, as tarifas contidas no artigo 5: COTA TRIBUTARIA pasaran a ser as seguintes, a partir da data en que se formalice a redución:
1. A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles.
2. Para tal efecto, aplicarase a seguinte tarifa:
A) Inmobles desocupados ou non utilizados. Trimestre | ||
a) Vivendas deshabitadas | 14,81 | €/trimestre |
B) Nas rúas nas que a recollida de refugallos se faga en días alternos. Mes | ||
a) Para lixo de carácter doméstico de vivenda | 7,63 | €/mes |
b)Para lixo e refugallos de comercios, tendas, panaderías, oficinas e bancos | 21,60 | €/mes |
c)Para lixo e regullados de talleres mecánicos | 34,92 | €/mes |
d) Para lixo e refugallos procedentes de industrias, bares, cafés, restaurantes, así como para supermercados e instalacións deportivas privadas de menos de 120 m2. | 34,69 | €/mes |
e) Para lixo e refugallos procedentes de instalacións deportivas privadas e supermercados de máis de 120 m2, moblarías e comercios de vendas por xunto. | 71,08 | €/mes |
f) Hoteis e hostais de menos de 3 estrelas | 2,92 | €/hab/mes |
g) Hoteis e hostais de 3 estrelas ou máis. | 4,37 | €/hab/mes |
h) Residencias xeriátricas. | 1,21 | €/hab/mes |
C) Nas rúas nas que a recollida de refugallos se faga a diario: | ||
a) Para refugallos de carácter doméstico de vivendas | 9,22 | €/mes |
b) Para lixo e refugallos de comercios, tendas, panadarías, oficinas e bancos | 26,01 | €/mes |
c)Para lixo e regullados de talleres mecánicos | 42,32 | €/mes |
d) Para lixo e refugallos procedentes de industrias, bares, cafés, restaurantes, así como para supermercados e instalacións deportivas privadas de menos de 120 m2. | 42,32 | €/mes |
e) Para lixo e refugallos procedentes de instalacións deportivas privadas e supermercados de máis de 120 m2, moblarías e comercios de vendas por xunto. | 83,93 | €/mes |
f) Para lixo e refugallos procedentes de supermercados de máis de 400 m2 | 558,84 | €/mes |
g) Centros de comercio mixto, grandes almacéns, hipermercados, economatos e cooperativas de consumo de máis de 2.500 m2 | 3133,98 | €/mes |
h) Hoteis e hostais de menos de 3 estrelas | 2,92 | €/hab/mes |
i) Hoteis e hostais de 3 estrelas ou máis | 4,37 | €/hab/mes |
j) Residencias xeriátricas. | 1,21 | €/hab/mes |
D) POLIGONOS INDUSTRIAIS E SOLO URBANO INDUSTRIAL | ||
a) Establecementos de 120 a 250 m2 | 114,17 | €/mes |
b) Establecementos de 250 a 500 m2 | 133,58 | €/mes |
c) Establecementos de 500 m2 a 1500 | 152,98 | €/mes |
d) Establecementos de 1500 a 5000 m2 | 171,26 | €/mes |
e) Establecementos de mais de 5000 m2 | 190,26 | €/mes |
E) Polo tratamento de residuos sólidos urbanos para grandes áreas de distribución e almacenaxe de máis de 10.000 m2 | 68,50 | €/tonelada tratada |
Nos establecementos hoteleros aboarase, ademais da tarifa que lles corresponda, a cantidade de 2,92 ou 4,38 euros por habitación e mes ou 35,12 ou 52,50 euros por habitación e ano segundo o número de estrelas.
Cando no mesmo establecemento coexistan varias actividades, aplicarase exclusivamente a taxa de maior importe.
No apartado D) POLIGONOS INDUSTRIAIS E SOLO URBANO INDUSTRIAL, incluiranse todas as empresas a excepción de: talleres, supermercados, centros de comercio mixto, grandes almacéns, hipermercados, economatos e cooperativas de consumo e instalacións deportivas privadas; aos cales lles corresponderá as tarifas do apartado C).
A tarifa E) será de aplicación cando a xestión dos residuos se realice na súa totalidade a través do Concello de Narón, no caso contrario aplicarase a do punto D.e)
ARTÍGO 6.-BENEFICIOS FISCAIS
1. Non se aplicarán exencións, bonificacións nin reducións para a determinación da débeda tributaria que os suxeitos pasivos deban satisfacer por esta taxa.
2. De conformidade co disposto na normativa vixente para a determinación da contía das taxas, salvo que se constate a inexistencia de situación de necesidade, poderán terse en conta criterios xerais de capacidade económica dos suxeitos obrigados a satisfacelas cotas tributarias.
2.1.- Bonificarase nun 75 por 100 sobre a tarifa prevista:
- As unidades familiares de 1-2 membros que non alcancen o 100% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.
- As unidades familiares de 3-4 membros que non alcancen o 125% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.
- As unidades familiares superiores a 4 membros que non alcancen o 150% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.
2.2.- Bonificarase nun 50 por 100 sobre a tarifa prevista:
- As unidades familiares de 1-2 membros con capacidade económica comprendida entre o 100% e o 110% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.
- As unidades familiares de 3-4 membros con capacidade económica superior ao 125% do IPREM e que non supere o 135% do IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.
- As unidades familiares superiores a 4 membros con capacidade económica superior ao 150% do IPREM e que non superen o 160% IPREM (*), unha vez deducidos os custos de alugamento ou hipoteca da vivenda.
(*) En aplicación do Real decreto - Lei 3/2004, a referencia ao IPREM vén determinada pola contía anual con inclusión das pagas extraordinarias.
Para o cómputo da renda teranse en conta os datos correspondentes á última declaración fiscal dispoñible ou pensión coñecida, así como calquera outro ingreso ou recurso económico da unidade de convivencia.
Esta bonificación unicamente poderá ter lugar para a que sexa a vivenda familiar habitual.
Prazos:
O prazo para solicitar a bonificación para todo o ano abarcará dende o 2 ata o 31 de xaneiro.
Abrirase un segundo prazo (prórroga do anterior) dende o 1 ata o 15 de xullo para bonificacións do segundo semestre do ano.
Artigo 7.- DECLARACIÓN E INGRESO
1.- Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuir desde o intre en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal de recollida de lixo domiciliaria nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos contribuíentes suxeitos á taxa.
2.- Establecido e en funcionamente o referido servicio as cotas devengaranse o primeiro día de cada mes natural, salvo que o devengo da Taxa se producise con posterioridade a dita data, caso no que se devengará a primeira cota o primeiro día de cada mes seguinte.
3.- O cobro das cotas efectuarase trimestralmente mediante recibo derivado do padrón.
4.- Na zona rural:
a.- Na zona rural xirarase o importe da taxa por recollida de lixo, no mesmo recibo de carácter trimestral no que se inclúen as taxas polos servizos de auga e rede de sumidoiros. Nas vivendas ou empresas da zona rural que non dispoñan de servizo de abastecemento e/ou saneamento xirarase o importe por recollida de lixo da mesma forma, incluíndo as taxas polos servizos de auga e saneamento unha vez que dispoñan dos mesmos).
ARTÍGO 8.-DECLARACIÓN E INGRESO.
Cando o abonado teña a condición de arrendatario ou titular de calquera outro dereito de uso, o propietario ou usufructuario das vivendas ou locais arrendados ou cedidos poderá formalizar a baixa cando teña coñecemento de que o arrendatario ou usuario non a formalizou.
O propietario ou o usufructuario, segundo os casos, na súa condición de substituto do contribuinte, estará obrigado ao pagamento das cantidades facturadas á vivenda ou local, unha vez abandonados os inmobles polos arrendatarios ou os titulares de dereitos de uso, si non comunica calquera cambio de arrendamento ou actividade.
ARTÍGO 9.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria.
DISPOSICIÓN FINAL.
A modificación da presente ordenanza entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2016.