Narón - ORDENANZA FISCAL Nº 10 REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE REFUGALLOS SÓLIDOS URBANOS

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 18/02/2014 BOP Nº: 33
Aplicable dende: 18/02/2014

ARTÍGO 1.-FUNDAMENTOS E NATUREZA.

No uso das facultades concedidas pola lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a Taxa por recollida de lixo, que se rexerá pola presenta Ordenanza fiscal.

ARTÍGO 2.-FEITO IMPOÑIBLE.

1.- Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de recollida de lixo domiciliaria e refugallos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servicios.

2.- A tal efecto, consideráse lixo domiciliario e refugallos sólidos urbanos os restos e desperdicios de alimentación ou detritos procedentes da limpeza normal de locais ou vivendas e exclúense de tal concepto os refugallos de tipo industrial, cascallos de obras, detritos humanos, materias e materiais contaminados, corrosivos, perigosos ou se a recollida ou vertido esixe a adopción de especias medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.

3.- Non está suxeita á Taxa a prestación, de carácter voluntario e a instancia de parte, dos seguintes servicios:

  1. Recollida de lixo e refugallos non cualificados de domiciliarios e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.

  2. Recollida de escouras e cinzas de calefaccións centrais.

  3. Recollida de cascallos de obras.

ARTÍGO 3.-SUXEITOS PASIVOS.

1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire a Lei Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais emprazados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nas que se preste o servicio, e as que sexan susceptibles de ser utilizadas temporal o permanentemente xa sexa a título de dono ou de usufructuario, habitacionista, arrendatario ou incluso de precario 

2.- Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o dono das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servicio.3.- Entenderase como vivenda susceptible de ser habitada aquela que dispoña do correspondente certificado de habitabilidade ou, no seu defecto, dos servicios que posibilitan a súa ocupación: subministración de energía eléctrica e redes de abastecemento de auga e saneamento, no seu caso.

ARTÍGO 4.- RESPONSABLES.

1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren a Lei Xeral Tributaria.

2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala a Lei Xeral Tributaria.

ARTÍGO 5.-BENEFICIOS FISCAIS.

Gozarán de bonificación do 75 %:
- As unidades familiares de 1-2 membros que non alcancen o 100 % do salario mínimo interprofesional; unha vez deducidos os custes de alugamento da vivenda, unha vez deducidos os custos de alugamento ou de hipoteca
- As unidades familiares de 3-4 membros que non alcancen o 120 % do salario mínimo interprofesional; unha vez deducidos os cuestes de alugamento da vivenda, unha vez deducidos os custos de alugamento ou de hipoteca
- As unidades familiares superior a 4 membros que non alcancen o 150 % do salario mínimo interprofesional; unha vez deducidos os cuestes de alugamento da vivenda, unha vez deducidos os custos de alugamento ou de hipoteca.

Esta bonificación unicamente poderá ter lugar para a que sexa a vivenda familiar habitual,

Prazos:

O prazo para solicitar a bonificación para todo o ano abarcará dende o 2 ata o 31 de xaneiro.

Abrirase un segundo prazo (prórroga do anterior) dende o 1 ata o 15 de xullo para bonificacións do segundo semestre do ano.

ARTÍGO 6.-COTA TRIBUTARIA.

1. A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles.

2. Para tal efecto, aplicarase a seguinte tarifa:

A) Nas rúas nas que a recollida de refugallos se faga en días alternos. Mes

a) Para lixo de carácter doméstico de vivenda

7,17

€/mes

b)Para lixo e refugallos de comercios, tendas, panaderías, oficinas e bancos

20,12

€/mes

c)Para lixo e refugallos de talleres mecánicos

32,52

€/mes

d) Para lixo e refugallos procedentes de industrias, bares, cafés, restaurantes, supermercados de menos de 120 m2.

32,31

€/mes

e) Para lixo e refugallos procedentes de supermercados de máis de 120 m2 e moblerías e comercios de vendas por xunto.

65,60

€/mes

f) Hoteis e hostais de menos de 3 estrelas

2,70

€/hab/mes

g) Hoteis e hostais de 3 estrelas ou máis.

4,04

€/hab/mes

h) Residencias xeriátricas.

1,11

€/hab/mes

 

 

 

B) Nas rúas nas que a recollida de refugallos se faga a diario:

a) Para refugallos de carácter doméstico de vivendas

8,66

€/mes

b) Para lixo e refugallos de comercios, tendas, panadarías, oficinas, e bancos

24,23

€/mes

c)Para lixo e refugallos de talleres mecánicos

39,41

€/mes

d) Para lixo e refugallos procedentes de industrias, bares, cafés, restaurantes, supermercados, de menos de 120 m2

39,41

€/mes

e) Para lixo e refugallos procedentes de supermercados de máis de 120 m2 e moblerías e comercios de vendas por xunto.

77,46

€/mes

f) Para lixo e refugallos procedentes de supermercados de máis de 400 m2

515,75

€/mes

g) Centros de comercio mixto, grandes almacéns, hipermercados, economatos e cooperativas de consumo de máis de 2.500 m2

2.892,36

€/mes

h) Hoteis e hostais de menos de 3 estrelas

2,70

€/hab/mes

i) Hoteis e hostais de 3 estrelas ou máis

4,04

€/hab/mes

j) Residencias xeriátricas.

1,11

€/hab/mes

C) Nas zonas do concello onde non estea establecido o servizo de auga e/ou rede de sumidoiros, anualmente o importe será:

a) Para recollida de lixo de carácter doméstico de vivendas

86,95

€/ano

b) Para recollida de lixo de tendas e comercios de venda polo miúdo

243,95

€/ano

c) Para recollida de lixo de talleres mecánicos

669,27

€/ano

d) Para recollida de lixo de bares, cafés, restaurantes, supermercados de menos de 120 m2

391,76

€/ano

e) Para lixo e refugallos procedentes de supermercados de máis de 120 m2, matadoiros, moblarías e comercios de venda por xunto

669,27

€/ano

f) Hoteis e hostais de menos de 3 estrelas

32,25

€/hab/ano

g) Hoteis e hostais de 3 estrelas ou máis.

48,37

€/hab/ano

h) Residencias xeriátricas (tarifa única)

13,44

€/hab/ano

 

 

 

D) POLIGONOS INDUSTRIAIS E SOLO URBANO INDUSTRIAL 

a)    Establecementos de 120 a 250 m2

105,37

€/mes

b)    Establecementos de 250 a 500 m2

123,28

€/mes

c)    Establecementos de 500 a 1500 m2

141,19

€/mes

d)    Establecementos de 1500 a 5000 m2

158,05

€/mes

e) Establecementos de mais de 5000 m2

175,60

€/mes

 

 

 

E) Polo tratamento de residuos sólidos urbanos para grandes áreas de distribución e almacenaxe de máis de 10.000 m2

63,22

€/tonelada tratada

Nos establecementos hoteleros aboarase, ademais da tarifa que lles corresponda, a cantidade de 2,70 ou 4,04 euros por habitación e mes ou 32,25 ou 48,37 euros por habitación e ano segundo o número de estrelas.

Artigo 7.- DECLARACIÓN E INGRESO

1.- Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuir desde o intre en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do  mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal de recollida de lixo domiciliaria nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos contribuíentes suxeitos á taxa.

2.- Establecido e en funcionamente o referido servicio as cotas devengaranse o primeiro día de cada mes natural, salvo que o devengo da Taxa se producise con posterioridade a dita data, caso no que se devengará a primeira cota o primeiro día de cada mes seguinte.

3.- O cobro das cotas efectuarase trimestralmente mediante recibo derivado do padrón.

4.- Na zona rural:

a.- Na zona rural xirarase o importe da taxa por recollida de lixo, no mesmo recibo de carácter trimestral no que se inclúen as taxas polos servizos de auga e rede de sumidoiros. Nas vivendas ou empresas da zona rural que non dispoñan de servizo de abastecemento e/ou saneamento xirarase o importe por recollida de lixo da mesma forma, incluíndo as taxas polos servizos de auga e saneamento unha vez que dispoñan dos mesmos).

ARTÍGO 8.-DECLARACIÓN E INGRESO.

Derrogado

ARTÍGO 9.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria.

DISPOSICIÓN FINAL.

A modificación da presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2013, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA.

Ata a entrada en vigor do novo canon de tratamento de residuos de SOGAMA, momento no que se aplicarán as tarifas contidas no artigo 5: COTA TRIBUTARIA, as tarifas serán as seguintes:

1. A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles.

2. Para tal efecto, aplicarase a seguinte tarifa:

A) Inmobles desocupados ou non utilizados. Trimestre

a) Vivendas deshabitadas

15,44

€/trimestre

B) Nas rúas nas que a recollida de refugallos se faga en días alternos. Mes

a) Para lixo de carácter doméstico de vivenda

7,30

€/mes

b) Para lixo e refugallos de comercios, tendas, panaderías, oficinas e bancos

20,49

€/mes

c)Para lixo e regullados de talleres mecánicos

33,11

€/mes

d) Para lixo e refugallos procedentes de industrias, bares, cafés, restaurantes, supermercados de menos de 120 m2

32,89

€/mes

e) Para lixo e refugallos procedentes de supermercados de máis de 120 m2 e moblarías e comercios de vendas por xunto

66,78

€/mes

f) Hoteis e hostais de menos de 3 estrelas

2,75

€/hab/mes

g) Hoteis e hostais de 3 estrelas ou máis

4,11

€/hab/mes

h) Residencias xeriátricas

1,13

€/hab/mes

C) Nas rúas nas que a recollida de refugallos se faga a diario:

a) Para refugallos de carácter doméstico de vivendas

8,81

€/mes

b) Para lixo e refugallos de comercios, tendas, panadarías, oficinas, e bancos

24,67

€/mes

c) Para lixo e regullados de talleres mecánicos

40,12

€/mes

d) Para lixo e refugallos procedentes de industrias, bares, cafés, restaurantes, supermercados, de menos de 120 m2

40,12

€/mes

e) Para lixo e refugallos procedentes de supermercados de máis de 120 m2 e moblarías e comercios de vendas por xunto

78,85

€/mes

f) Para lixo e refugallos procedentes de supermercados de máis de 400 m2

525,04

€/mes

g) Centros de comercio mixto, grandes almacéns, hipermercados, economatos e cooperativas de consumo de máis de 2.500 m2

2.944,42

€/mes

h) Hoteis e hostais de menos de 3 estrelas

2,75

€/hab/mes

i) Hoteis e hostais de 3 estrelas ou máis

4,11

€/hab/mes

j) Residencias xeriátricas

1,13

€/hab/mes

D) Polígonos industriais e solo urbano industrial

a) Establecementos de 120 a 250 m2

107,26

€/mes

b) Establecementos de 250 a 500 m2

125,50

€/mes

c) Establecementos de 500 m2 a 1500

143,73

€/mes

d) Establecementos de 1.500 a 5.000 m2

160,90

€/mes

e) Establecementos de máis de 5.000 m2

178,76

€/mes

E) Polo tratamento de residuos sólidos urbanos para grandes áreas de distribución e almacenaxe de máis de 10.000 m2

64,36

€/tonelada tratada

Nos establecementos hoteleros aboarase, ademais da tarifa que lles corresponda, a cantidade de 2,75 ou 4,11 € por habitación e mes ou 33,00 ou 49,32 € por habitación e ano segundo o número de estrelas.

Cando no mesmo establecemento coexistan varias actividades, aplicarase exclusivamente a taxa de maior importe.

No apartado D) POLIGONOS INDUSTRIAIS E SOLO URBANO INDUSTRIAL, incluiranse todas as empresas a excepción de: talleres, supermercados, centros de comercio mixto, grandes almacéns, hipermercados, economatos e cooperativas de consumo. Aos cales lle corresponderá as tarifas do apartado B).