Narón - ORDENANZA FISCAL NÚM. 10.- REGULADORA DA TAXA POR RECOLLIDA DE REFUGALLOS SÓLIDOS URBANOS.
ARTÍGO 1.-FUNDAMENTOS E NATUREZA.
No uso das facultades concedidas pola lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a Taxa por recollida de lixo, que se rexerá pola presenta Ordenanza fiscal.
ARTÍGO 2.-FEITO IMPOÑIBLE.
1.- Constitúe o feito impoñible da Taxa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de recollida de lixo domiciliaria e refugallos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servicios.
2.- A tal efecto, consideráse lixo domiciliario e refugallos sólidos urbanos os restos e desperdicios de alimentación ou detritos procedentes da limpeza normal de locais ou vivendas e exclúense de tal concepto os refugallos de tipo industrial, cascallos de obras, detritos humanos, materias e materiais contaminados, corrosivos, perigosos ou se a recollida ou vertido esixe a adopción de especias medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade.
3.- Non está suxeita á Taxa a prestación, de carácter voluntario e a instancia de parte, dos seguintes servicios:
- Recollida de lixo e refugallos non cualificados de domiciliarios e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.
- Recollida de escouras e cinzas de calefaccións centrais.
- Recollida de cascallos de obras.
ARTÍGO 3.-SUXEITOS PASIVOS.
2.- Terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte o dono das vivendas ou locais, que poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios daquelas, beneficiarios do servicio.3.- Entenderase como vivenda susceptible de ser habitada aquela que dispoña do correspondente certificado de habitabilidade ou, no seu defecto, dos servicios que posibilitan a súa ocupación: subministración de energía eléctrica e redes de abastecemento de auga e saneamento, no seu caso.
ARTÍGO 4.- RESPONSABLES.
1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren a Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala a Lei Xeral Tributaria.
ARTÍGO 5.-BENEFICIOS FISCAIS.
A) Nas rúas nas que a recollida de refugallos se faga en días alternos. | |
a) Para lixo de carácter domestico de vivenda | 6,52 euros/mes |
b) Para lixo e refugallos de comercios, tendas, panaderías, oficinas e bancos | 16,61 euros/mes |
c) Para lixo e refugallos procedentes de bares, cafés, restaurantes, supermercados de menos de 120 M². | 26,66 euros/mes |
d) Para lixo e refugallos procedentes de talleres, industrias, supermercados de máis de 120 M² e moblerías e comercios de vendas ó por maior | 51,88 euros/mes |
e) Hoteis, hostais menos 3 estrelas | 2,13 euros/hab/mes |
e) Hoteis, hostais 3 estrelas ou mais. | 3,19 euros/hab/mes |
f) Residencias Xeriátricas. | 1,06 euro/hab/mes |
B) Nas rúas na que a recollida de refugallos se faga a diario: | |
a) Para refugallos de carácter doméstico de vivendas | 7,87 euros/mes |
b) Para lixo e refugallos de comercios, tendas, panaderías, oficinas, e bancos | 20,00euros/mes |
c) Para lixo e refugallos procedentes de bares, cafés, restaurantes, supermercados, de menos de 120 M² | 32,52 euros/mes |
d) Para lixo e refugallos procedentes de talleres, industrias, supermercados de máis de 120 M² e moblerías e comercios de vendas ó por maior | 61,26 euros/mes |
e) Para lixo e refugallos procedentes de supermercados de máis de 400 M² | 407,90 euros/mes |
d) Centros de comercio mixto,Grandes almacens, hipermercados, economatos e cooperativas de consumo de máis de 2.500 M² | 1.525,12 euros/mes |
e) Hoteis, hostais menos 3 estrelas | 2,13 euros/hab/mes |
e) Hoteis, hostais 3 estrelas ou mais | 3,19 euros/hab/mes |
f) Residencias Xeriátricas. | 1,06 euro/hab/mes |
C) O resto do Concello, anualmente o importe será: | |
a) Para recollida de lixo de carácter doméstico de vivendas: | 78,97 euros/ano |
b) Para recollida de lixo de tendas e comercios de venta ó por menor: | 201,33 euros/ano |
c) Para recollida de lixo de bares, cafés, restaurantes, supermercados de menos de 120 M² | 323,30 euros/ano |
d) Para lixo e refugallos procedentes de talleres, industrias, supermercados de máis de 120 M², matadoiros, moblerías e comercios de venta ó por maior | 529,31 euros/ano |
e) Hoteis, hostais menos 3 estrelas | 25,51 euros/hab/ano |
e) Hoteis, hostais 3 estrelas ou mais. | 38,26 euros/hab/año |
f) Residencias Xeriátricas.(Tarifa única) | 12,75 euros/hab/año |
D) Polo tratamento de Residuos Sólidos Urbans para grandes áreas de distribución e almacenaxe de máis de 10.000 M² | 60,00€/tonelada tratada |
ARTÍGO 6.-COTA TRIBUTARIA.
1.- A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa, por unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles.
2.- A tal efecto, aplicarase a seguinte tarifa:
A) Nas rúas nas que a recollida de refugallos se faga en días alternos. | |
a) Para lixo de carácter domestico de vivenda | 6,38 euros/mes |
b) Para lixo e refugallos de comercios, tendas, panaderías, oficinas e bancos | 16,26 euros/mes |
c) Para lixo e refugallos procedentes de bares, cafés, restaurantes, supermercados de menos de | 26,08 euros/mes |
d) Para lixo e refugallos procedentes de talleres, industrias, supermercados de máis de | 50,76 euros/mes |
e) Hoteis, hostais menos 3 estrelas | 2,08 euros/hab/mes |
e) Hoteis, hostais 3 estrelas ou mais. | 3,12 euros/hab/mes |
f) Residencias Xeriátricas. | 1,04 euro/hab/mes |
| |
B) Nas rúas na que a recollida de refugallos se faga a diario: | |
a) Para refugallos de carácter doméstico de vivendas | 7,70 euros/mes |
b) Para lixo e refugallos de comercios, tendas, panaderías, oficinas, e bancos | 19,57euros/mes |
c) Para lixo e refugallos procedentes de bares, cafés, restaurantes, supermercados, de menos de | 31,82 euros/mes |
d) Para lixo e refugallos procedentes de talleres, industrias, supermercados de máis de | 59,95 euros/mes |
e) Para lixo e refugallos procedentes de supermercados de máis de | 399,12 euros/mes |
d) Centros de comercio mixto,Grandes almacens, hipermercados, economatos e cooperativas de consumo de máis de | 1.492,29 euros/mes |
e) Hoteis, hostais menos 3 estrelas | 2,08 euros/hab/mes |
e) Hoteis, hostais 3 estrelas ou mais | 3,12 euros/hab/mes |
f) Residencias Xeriátricas. | 1,04 euro/hab/mes |
| |
C) O resto do Concello, anualmente o importe será: | |
a) Para recollida de lixo de carácter doméstico de vivendas: | 77,27 euros/ano |
b) Para recollida de lixo de tendas e comercios de venta ó por menor: | 197,00 euros/ano |
c) Para recollida de lixo de bares, cafés, restaurantes, supermercados de menos de | 316,34 euros/ano |
d) Para lixo e refugallos procedentes de talleres, industrias, supermercados de máis de | 517,92 euros/ano |
e) Hoteis, hostais menos 3 estrelas | 24,96 euros/hab/ano |
e) Hoteis, hostais 3 estrelas ou mais. | 37,44 euros/hab/año |
f) Residencias Xeriátricas. (Tarifa única) | 12,48 euros/hab/año |
Nos establecementos hoteleros se abonará, ademáis da tarifa que lles corresponda, a cantidade de 2,08 ou 3,12 euros por habitación e mes ou 24,96 ou 37,44 euros por habitación e ano segundo o número de estrelas.
ARTÍGO 7.-DEVENGO.
1.- Devéngase a Taxa e nace a obriga de contribuir desde o intre en que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do
mesmo, cando estea establecido e en funcionamento o servicio municipal de recollida de lixo domiciliaria nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos contribuíentes suxeitos á taxa.
2.- Establecido e en funcionamente o referido servicio as cotas devengaranse o primeiro día de cada mes natural, salvo que o devengo da Taxa se producise con posterioridade a dita data, caso no que se devengará a primeira cota o primeiro día de cada mes seguinte.
ARTÍGO 8.-DECLARACIÓN E INGRESO.
1.- Dentro dos trinta días hábiles seguintes á data na que se devengue por vez primeira a Taxa, os suxeitos pasivos formalizarán a súa inscripción no padrón, presentado, ó efecto, a correspondente declaración de alta e ingresando simultaneamente a cota do primeiro trimeste.
2.- Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación dos interesados calquera variación dos datos que figuran no padrón, levaranse a cabo neste as modificacións correspondentes, que causarán efectos a partir do período de cobramento seguinte ó da data en que se tivese efectuado a declaración.
3.- O cobro das cotas efectuarase trimestralmente mediante recibo derivado do padrón.
4.- Na zona rural o cobro das cotas efectuarase anualmente, mediante recibo derivado do Padrón. En caso de alta ou baixa no servicio prorrátearase mensualmente a taxa.
ARTÍGO 9.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria.