Culleredo - Ordenanza fiscal nº6 Taxa por expedición de documentos

Publicación provisional: 12/11/1998 BOP Nº: 260
Publicación definitiva: 30/12/2006 BOP Nº: 298
Aplicable dende: 01/01/2007

Artigo 1. Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa, a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de expedientes e documentos.

Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non tivera mediado solicitude expresa do interesado.                                          

Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais frente ao Concello de Culleredo, así como as consultas tributarias, solicitudes de devolución de ingresos indebidos, recursos administrativos contra acordos municipais e todos aqueles que estean gravados por outra taxa municipal.

Artigo 2. Suxeito Pasivo

Son suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que a normativa tributaria impón o cumprimento de obrigas tributarias, que soliciten, provoquen ou no interese das que redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 3. Cota tributaria.

A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar de acordo coas seguintes tarifas:
Certificacions de cualificación urbanística
77,00€
Expedición de Informes Técnicos ou Certificacions dos mesmos
29,20€
Expedición de Informes emitidos pola Policía Local, certificacións dos mesmos ou copias de atestados policiais, relativos a accidentes de circulación
54,65€
Expedición de Informes emitidos pola Policía Local, certificacións dos mesmos ou copias de atestados policiais, excepto os relativos a accidentes de circulación
14,80€
Copias de planos existentes en calquera dependencia municipal, por copia
29,20€
Busca ou cotexo de documentos nos arquivos municipais de ata tres ou máis anos
29,20€
Fotocopia realizada nas dependencias Municipais, por unidade
0,05 €
Tramitación de expedientes de declaración de ruína
77,00€
Bastanteo de poderes e autorizacions
6,00€
Inscripcións no libro do rexistro de unións non matrimoniais
12,00€
Por expediente para celebración de bodas civis no Concello. Cando algún contrainte sexa veciño do Concello
90,00€
Por expediente para celebración de bodas civis no Concello. Cando ningún contrainte sexa veciño do Concello
180,00€

Artigo 4. Devengo

Devéngase a taxa cando se inicie a actuación ou expediente. No caso de solicitude expresa, entenderase iniciada a actuación ou expediente no momento da súa presentación

Artigo 5. Xestión

A taxa esixirase en réxime de autoliquidación. No momento da presentación da solicitude, o suxeito pasivo deberá acreditar o pagamento da autoliquidación.

No caso de non existencia de solicitude expresa, a administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional

Disposición final

A imposición deste tributo foi acordada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998. A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998, sendo modificada posteriormente en sesións plenarias celebradas os días 26/10/1999, 07/11/2000, 27/11/2001, 29/10/2002 e 28/10/2003. A presente modificación foi aprobada en sesión plenaria de 26/10/2004. Entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.