Culleredo - Ordenanza fiscal núm. 6, reguladora da taxa por expedición de documentos

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 03/02/2015 BOP Nº: 22
Aplicable dende: 03/02/2015

Artigo 1. Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa, a actividade administrativa desenvolvida con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de expedientes e documentos.

Para estes efectos, entenderase tramitada a instancia de parte calquera documentación administrativa que fora provocada polo particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non tivera mediado solicitude expresa do interesado.                                          

Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais frente ao Concello de Culleredo, así como as consultas tributarias, solicitudes de devolución de ingresos indebidos, recursos administrativos contra acordos municipais e todos aqueles que estean gravados por outra taxa municipal.

Artigo 2. Suxeito Pasivo

Son suxeitos pasivos as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que a normativa tributaria impón o cumprimento de obrigas tributarias, que soliciten, provoquen ou no interese das que redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.

Artigo 3. Cota tributaria.

Certificacións de cualificación urbanística

85,00 €

Expedición de Informes Técnicos ou urbanísticos , certificacións dos mesmos ou consultas telemáticas sobre temas urbanísiticos

35,00 €

Expedición de Informes emitidos pola Policía Local, certificacións dos mesmos ou copias de atestados policiais, relativos a accidentes de circulación

60,00 €

Expedición de Informes emitidos pola Policía Local, certificacións dos mesmos ou copias de atestados policiais, excepto os relativos a accidentes de circulación

16,50 €

Copias de planos existentes en calquera dependencia municipal, por copia

10,00 €

Tramitación de expedientes de declaración de ruína de vivendas unifamiliar

200,00 €

Tramitación de expedientes de declaración de ruína en vivendas non unifamiliares

500,00 €

Polo mero recoñecemento do estado dunha finca ou das condicións de seguridade de elementos de construción civil en fincas particulares (muros de cerramento, de contención, postes)

100,00 €

Recoñecemento de condicións de seguridade de vivendas unifamiliares (inspección técnica de edificacións)

50,00 €

Recoñecemento de condicións de seguridade de edificacións de vivendas, usos colectivos e outros, por vivenda (inspección técnica de edificacións)

50,00 €

Recoñecemento de condicións de seguridade de locais, galpóns, naves e outros usos similares, por m2 inspección técnica de edificacións)

0,50 €

Por demarcación de aliñacións e rasantes (ata 10 metros)

50,00 €

Por cada metro ou fracción que exceda dos 10 anteriores:

No solo urbano

10,00 €

No solo rústico

5,00 €

Cando para proceder á demarcación anterior houbese de procederse a unha tira de cordas as cantidades anteriores incrementaranse en

50,00 €

Por cada solicitude de expropiación forzosa en favor de particulares:

Ata 10 hectáreas

0,03 €/m2

Exceso de 10 hectáreas en diante

0,02 €/m2

No caso de que os terreos afectados pola expropiación estean edificados ou cultivados

multiplicarase o resultado da aplicación das tarifas anteriores polo factor 1,40

Satisfarase unha cota mínima de 559,54€, no caso de que a que resulte da liquidación practicada de acordo cos apartados anteriores

sexa inferior á citada cifra.

Bastanteo de poderes e autorizacións

6,56 €

Inscricións no libro do rexistro de unións non matrimoniais

13,10 €

Por expediente para celebración de vodas civís no Concello

196,64 €

Por certificacións catastrais descritivas e gráficas referidas a un único inmoble, por documento expedido

12,80 €

Cando as certificacións descritivas ou gráficas incorporen, a petición do interesado, datos doutros inmobles, a contía incrementarase

(por cada inmoble) en

4,50 €

Por certificacións catastrais literais, por cada documento expedido

4,50 €

Incrementarase por cada un dos bens inmobles a que se refira o documento en

4,50 €

Outro tipo de certificacións catastrais distintas ás anteriores

4,50 €

Formalización de contratos administrativos:

Cando o importe de adxudicación do contrato non exceda de 6.010,12 €

50,51 €

Polo exceso comprendido entre 6.010,13 € e 30.050,61 €

0,38 %

Polo exceso comprendido entre 30.050,62 € e 60.101,21 €

0,13 %

Polo exceso comprendido entre 60.101,22 € e 152.530,30 €

0,08 %

Polo exceso comprendido entre 152.530,31 € e 601.012,10 €

0,04 %

Polo que exceda de 601.012,11 €

0,02 %

Fotograma dixital en CD (Escala 1/3000, 1/8000 o 1/15000)

21,15 €

Cartografía dixital:

Folla calquera escala, CD

5,29 €

Folla calquera escala, papel

5,29 €

Colección completa de 1/500, papel ou CD

100,49 €

Colección completa de 1/1000, papel ou CD

322,62 €

Colección completa de 1/2000, papel ou CD

195,69 €

Colección completa de 1/5000, papel ou CD

100,49 €

Ortofotomapa a calquera escala

Folla + orto

Formatos diferentes a dwg, por folla

1,06 €

Cd do Plan Xeral de Ordenación Municipal

100,00 €

Artigo 4. Devengo

Devéngase a taxa cando se inicie a actuación ou expediente. No caso de solicitude expresa, entenderase iniciada a actuación ou expediente no momento da súa presentación

Artigo 5. Xestión

A taxa esixirase en réxime de autoliquidación. No momento da presentación da solicitude, o suxeito pasivo deberá acreditar o pagamento da autoliquidación.

No caso de non existencia de solicitude expresa, a administración municipal poderá practicar e notificar unha liquidación provisional

Artigo 6.- Modulación da cuantía en función da capacidade económica.

Os cidadáns que se atopen en risco de exclusión, nos documentos necesarios para a tramitación de solicitude do subsidio de desemprego, solicitude da axuda familiar, pensión non contributiva, axuda familiar, residencias públicas, centros de día, solicitude de axuda aos servizos municipais de servizos sociais, ou para os casos de dación en pago ou embargo das súas propiedades, non terán que aboar a taxa por expedición de documentos.

A acreditación de risco de exclusión realizarase mediante informe dos servizos sociais municipais.

Disposición final

A imposición deste tributo foi acordada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998. A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada en sesión plenaria celebrada o día 27/10/1998, sendo modificada posteriormente en sesións plenarias celebradas os días 26/10/1999, 07/11/2000, 27/11/2001, 29/10/2002 e 28/10/2003. A presente modificación foi aprobada en sesión plenaria de 26/10/2004. Entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2005, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Modificación BOP nº 236, 12/12/2012:

A modificación entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2013, logo da publicación do texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia.